O Tribunal Superior de Xustiza deu o visto bo para ampliar as restriccións aprobadas pola Xunta ata o 29 de xaneiro. Contaban co apoio da fiscalía e o alto tribunal di que están mellor fundadas que as que remataban o día 18.
Todo nun día no que seguiron baténdose records de casos Covid, ainda que o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, di ver sinais de ralentización da sexta vaga de pandemia.
Tamén hoxe coñecimos que a Xunta convocará 2.628 prazas de profesorado en 61 especialidades nas oposicións de 2022.
O delegado do Goberno tilda de "ruído" a queixa da Xunta polo reparto dunhas partidas europeas por parte do executivo estatal. Miñones di que Feijoo debería centrarse en xestiona-la enorme cantidade de recursos que lle está transferindo o goberno de Pedro Sánchez.
As Comunidades de Montes promove unha Iniciativa Lexislativa popular para a aprobación dunha lei de montes veciñais. Con esta proposta pretende contrarrestar os cambios normativos impulsados polo Partido popular que, aseguran, promove a súa privtización.
Stop accidentes alerta do perigo que suón mal estado da A-6 entre ACoruña-Lugo. Din que o estado do asfalto é pésimo, especialmente no carril dereito polo que transitan máis camiones.
Ningún sindicato apoiará a convocatoria da oferta de emprego público da Xunta en Educación. Denuncia que esta mañá, na mesa sectorial, a consellaría se limitou a presentarlles a proposta sen dar lugar á negociación.
O tempo solleiro, pero con temperaturas baixas polas noites.
Sanidade insiste no proceso de vacinación e a semana próxima xa empezará poñer a dose de reforzo ó grupo de trinta anos. Os casos activos baixan a 60 mil o empezar a contarse só sete días para recuperar a actividade tra-la baixa médica. Por certo, a Xunta súmase ás comunidades que darán a un tempo a baixa e a alta para reducir a carga en atención primaria.
A ministra de Transición ecolóxica pide colaboración para buscar acomodo a ENCE fora de Pontevedra e sobre Barreras, estamos pendentes de cal é a oferta de compra elexida.
O tempo. Agárdanos outra xornada solleira, as temperaturas minimas seguen baixas, con xeadas no interior.
En Galicia xa se vai aplicar a medida de que cando se pida a baixa laboral por Covid se dea simultáneamente a alta para sete días despois.
Esta medida reduce tamén o número de casos de Covid das estatíticas. Así hoxe contabilizaronse 16 mil positivos menos na comunidade.
Noutra orde de cousas, o presidente da Xunta anunciou que a Xunta recorrirá á xustiza, como xa fixo a comunidade de Madrid, se o goberno non resposta ao requerimento que lle fixo sobre o reparto de fondos europeos vencellados a políticas activas de emprego.
O estaleiro Barreras rexistrou esta mañá no xulgado do mercantil de Vigo a solicitude de concurso voluntario. Na documentación presentada pídese que se venda a unidade produtiva, instalacións, maquinaria e concesión portuaria, antes de proceder á súa liquidación.
Reunión en Santiago entre os traballadores de Alu Ibérica, a Xunta e o administrador concursal. O Comité de Empresa cren que a prioridade é reactivar a actividade na factoría.
O próximo martes haberá unha reunión co Ministerio.
Inauguración oficial da dragaxe da ría do Burgo sen acordo para indemnizar ós mariscadores. Os traballos empezarán en dez días. A ministra de Transicion ecoloxica anunciou a máxima disposición do goberno a alcanzar un acordo coa Xunta e o colectivo afectado.
Morre en Asturias un veciño de Meis nun accidente de montaña. Trátase, Izan Garrido Núñeñz, un mozo de 20 anos que estaba realizando unha ruta de montañismo con outros amigos en Somiedo.
O tempo. Despois dunha noite moi fría temos un día solleiro.. Vexamos cal é a previsión para as vindeiras horas
A ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, visita hoxe a ría do Burgo para asistir á inauguración oficial das obras de dragaxe. Ao acto acudirá tamén a conselleira do Mar, Rosa Quintana.
A inestabilidade do mercado eléctrico obriga a ampliar o periodo de actividade da central térmica das Pontes ata que remate o mes.
Os xulgados de Santiago aplican un novo protocolo, iniciativa dunha xuíza, que coordena a actuación das forzas de seguridade, avogados e xulgados para atender as vítimas de delitos sexuais.
Os contaxios non deixan de aumentar e Sanidade vai pedir autorización á xustiza para prorrogar as restriccións, que afectan sobre todo a hostalaría e ocio nocturno, ata finais de mes. Só hai un cambio, as reunións de madrugada entre non conviventes só se limitarán a tres noites, de xoves a sábado.
Á marxe da pandemia... Endesa mantense activa, segue queimando carbón, e sen data de desmantelamento. Precisamente hoxe está en Galicia a ministra de transición ecolóxica, Teresa Ribera, neste caso para presidir o acto oficial de inauguración dos traballos de dragase da ría do Burgo. Pola tarde verase co presidente da Xunta. seguro que os fondos europeos estarán sobre a mesa da reunión.
O xornal El mundo sinala hoxe que o presidente da Xunta lle enviou un requerimento ó Consello de ministros para que anule un decreto que o seu entender faavorece a catro comunidades autonomas.
O tempo. Agárdanos unha xornada solleira, pero agora o que chama a atención son as baixas temperaturas.
As restricións actuais continuarán vixentes dúas semanas máis pese a que nun principio expiraban o 18 de xaneiro.. así o decididu o subcomité clínico esta tarde, iso, con algún cambio que analizaremos de seguido.
Que tal moi boas tardes, todo nunha xornada de denuncias polo colapso de atención primaira. Continúa neste momento a concentración de veciños e representantes dos concellos do baixo miño, fano no Rosal.
Recollemos tamén a situación da térmica de Endesa nas Pontes, de momento, segue operativa... os traballores din que é evidente que a central é necesaria e que non debe pechar.