O sector hostaleiro e o de lecer nocturno é o que está máis pendente da reunión que vai manter hoxe o comtié clínico. A finais de mes decaen as restriccións actuais e os empresarios agardan se relaxen. Veremos se os datos que cada día publica o o SERGAs confirman hoxe descenso de casos activos e novos contaxios.
Antes da reunión do comité clínico, prevista pra tarde, escoitaremos ó conselleiro de sanidade. Julio García comesaña comparece no Parlamento para informar da evolución desta sexa onda e o impacto na atención primaria.
O pleno, que abre o periodo de sesión, comeza ás dez.
Pero, ademais da pandemia, o outro asunto motivo de conversa estes días é o tempo. Con valores, que aínda que non son raros nestas datas, non deixa de chamar a atención.
Boa parte de Galicia está agora branca pola xeada.
O sector pesqueiro e ecoloxistas están preocupados pola instalacións na costa Ártabra, de 80 aeroxeradores. Alertan do perigo para a actividade de ducias de barcos do arrastre...
Que tal MOI BOAS TARDES, esta són as novas nunha tarde na que caen por segundo día consecutivo o número de enfermos en Galicia. A comunidade semella pasalo cumio da sexta vaga. Segundo os últimos datos recollidos esta mañá con pouco máis de 71 mil casos activos, un milleiro menos que hai unha semana.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Os detalles que se van coñecendo sobre un proxecto pra instalar 80 muiños eólicos na costa ártabra xeran preocupación na zona. Dende o sector pesqueiro alertan de que afectaría a importantes caladoiros de xurelo, pescada ou xarda, e pon en perigo a actividade de ducias de barcos do arrastre. Tamén preocupa ós colectivos conservacionistas... esa zona é un importante corredor migratorio pra aves en perigo, coma as pardelas, e tamén zona habitual de paso de mamíferos en risco coma as marsopas... Ata a liña de evacuación afectaría, segundo o rexedor de Arteixo, a unha zona catalogada por Rede Natura
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Galicia comeza a semana cos casos covid á baixa e, segundo os expertos, nos vindeiros días continuará a tendencia e confirmarase que estamos a atravesar o pico desta sexta vaga.
Todo nunha xornada marcada no calendario pra ría do Burgo, comezan os traballos de dragaxe pra paliar os efectos da contaminación e dos sedimentos depositados no fondos das augas... Os mariscadores xa reclaman axudas ó ver perxudicada a súa labor...
No tempo comezamos o día con xeadas ainda que pra hoxe agárdase aumento das temperaturas.
Os colectivos ecoloxistas estudan o impacto que pode ter a última sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula a repotenciación dun parque eólico na Costa da Morte. Cren que pode significar a suspensión de todos aqueles que sigan o mesmo modelo de tramitación.
O campo galego maniféstase hoxe en Madrid para reclamar prezos xustos polos seus produtos.
Medra a presión hospitalaria. Hai 41 persoas máis con coronavirus ingresadas en Galicia. Pola contra, caen os novos contaxios detectados e o número total de casos activos, que rolda os 75.600. Datos desta fin de semana que parecen confirmar que transitamos polo pico da sexta onda. Así o cren expertos coma o epidemiólogo Francisco Caamaño, con quen falamos hoxe no tempo da entrevista
Entrevista co epidemiólogo Francisco Caamaño.
Realizada por Xosé Manuel García.
Por primeira vez en nove días baixa o número de persoas con COVID. Hai pouco máis de 78.000 diagnosticadas. Baixan tamén as hospitalizacións e aínda que o número de novos contaxios é algo maior ó do último reconto, segue estando por baixo dos rexistrados hai unha semana.
Albíscase o pico de contaxios desta sexta onda ao tempo que avanzan tamén as investigacións sobre a COVID. O Hospital da Coruña participa nun estudo internacional para valorar se un fármaco podería evitar os contaxios nas persoas non vacinadas.
No tempo da entrevista falamos hoxe co líder de Siniestro Total. Cúmprense 40 anos da publicación do primeiro disco da banda. Hemos repasar a traxectoria do grupo cun dos seus fundadores, Julián Hernández
Entrevista co membro fundador de Siniestro Total, Julián Hernández, co gallo do 40 aniversario do grupo.
Realizada por Andrea Oca.
A alta velocidade será unha realidade en toda Galicia no verán.. é o compromiso do goberno trala visita da ministra de transportes á nosa comunidade...
Visita na que Nuñez Feijoo expresou o seu desacordo con establecer un sistema de cobro por kilómetro percorrido nas autovías.... Todo nun día de fola no sector das conservas, os sindicatos falan de seguimento masivo.
Escoitamos tamén ás afectadas polas gravacións da Maruxaina mentres ouriñaban na rúa, esta mañá declararon en sede xudicial trala reapertura do caso
A fragata Blas de Lezo parte con 190 militares para unirse á operación da OTAN na crise entre Rusia e Ucraína
- O buque permanecerá alomenos dous meses no Mar Negro, ante a escalada do conflito na zona
- Fará escala na base naval de Rota, para incorporar a máis tripultantes e unidades aéreas
Prepárase no Arsenal de Ferrol para sair con 200 militares a bordo e participar xunto a outras unidades da OTAN na zona onde aumenta a tensión entre Rusia e Ucraína.