Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O vello debate sobre a mellora da calidade do ensino volve poñer sobre a mesa a posibilidade de facer probas específicas ós aspirantes a mestres e profesores. Un proxecto presentado polo Ministerio que ten boa acollida dende os responsables de formar ós futuros mestres. Cren que non debería bastar co expediente académico, e apoian a creación dunha proba de acceso ás facultades... xunto coa incorporación dun sistema de iniciación profesional e o cambio de sistema de oposición.

a próxima mediaoite decaen a maioría das medidas adoptadas antes de fin de ano ante a progresión da sexta vaga da pandemia, pero os números aínda son altos: 66 mil persoas con enfermidade, 6 mil novos positivos, 645 hospitalizados e o SERGAS vén de comunicar outras 8 mortes....

Á marxe da pandemia... este xoves fixéronse públicos os datos da enquisa de poboación activa...con rexistrarse un avance, a evolución do paro non foi tan boa en Galicia coma a media española.

E moitos cidadáns víronse sorprendidos por un movemento sísmico rexistrado no atlántico. Non se rexistraron danos...

O tempo... non hai cambios... ou con temperaturas lixeiramente máis altas. A Xunta xa prohibiu as queimas de restos agrícolas para evitar incendios. En Viana do Bolo, na parroquia de pradoramisquedo, foi extiguido un lume que queimou 13 hectáreas de monte raso

Un terremoto de 4,6 graos na escala Richter sacudiu esta tarde a Costa Galega. O tremor puido senirse en varias zona de Porto do Son Ribeira ou Pontevedra, pero tamén noutras do interior como Santiago.

O da terra non foi o único movemento significativo vivido hoxe en Galicia, arestora veciños e sanitarios concentranse fronte ao centro de saúde de Ponteareas en defensa da Atención Primaria. Nun día no que tamén se moveron os datos da covid... cunha subida de novo nos casos activos e as hospitalizacións.

A Enquisa de poboación activa deixa un balanzo agridoce do pasado ano. Galicia xerou pouco máis de 10 mil postos de traballo, o paro reduciuse un 5 por cento... Pero é un terzo da baixa do conxunto do Estadom, e perdéronse case 12 mil empregos na industria e máis de 5 mil entre o sector primario e a construción. E iso comparando co ano 2020, no que a pandemia marcou a mala evolución do mercado laboral. Os sindicatos alertan de que non se recuperou o emprego previo á pandemia, e os empresarios cren que os datos, malia ás sombras, marcan unha tendenza que se consolidará este ano.

Mañá a noite decaaen boa parte das medidas restrictivas aprodas pola Xunta antes de fin de ano para controlar esta sexta vaga da pandemia. Pero, aínda que xa non hai veto ás reunións nocturnas, e se amplían os horarios na hostalaría e lecer nocturno, o sector non entende qe ainda se manteñan limitacións.

A petición da Xunta de reducir as corentenas a cinco días non foi debatida no consello interterritorial de saúde.

E, xa saaberán, as Tanxugueiras estarán na final do festival do que sairá a representación española en eurovisión.

Deportes. triunfo do Deportivo en Zamora, con varios siareiros feridos un deles de gravidade cando no último minuto celebraban o gol do triunfo coruñes e o valado de protección non aguantou o peso dos que se amoreron na parte baixa da grada. Celt "B" e Racing, perderon.

O tempo... vai continuar se cambio, hoxe pode haber algún grao máis ó medodía, pero seguen as xeadas nocturnas

Dende as sete desta tarde, os veciños e profesionáis da Mancomunidade do Baixo Miño mabilízanse en Tomiño en defensa pola atención primaria. Ao igual que noutros moitos concellos denuncian a falta de facultativos e de recursos que está a precarizar o servizo...

Todo isto nunha xornada na que o Comité Clínico anunciou as novas restriccións que estrarán en vigor a partir da madrugada do sábado. Entre as novidades está a fin do chamado toque de non queda e a volta do consumo en barra. Os bares e restaurantes poderán abrir ata a unha pola semana e a unha e media nas fins de semana. O mesmo no lecer nocturno, que poderá abrir ata as 5 nas fins de semana.