Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Xunta calcula en 800 millóns o sobrecuste ó que ten que facer fronte para financiar a prestación de servizos pola dispersión e o avellentamento da poboación. Facenda pide que na reforma do sistema de financiamento autonómico se teñan en conta estas variables.
Os bancos teñen claro ese sobre custe e desde hai tempo veñen pechando oficinas o que ten maior impacto no rural e nas persoas maiores que onte protestaron en Lugo.
Da pandemia, xaneiro péchase como o mes con maior número de mortes nun ano e cun máximo de hospitalizacións desta sexta vaga.
Deportes. Os últimos movementos no mercado fichaxes no Lugo... destaca a saída de Hugo Rama que se vai a Oviedo.
O tempo. Hoxe teremos menos vento e algún grao máis.

Oficinas bancarias que pechan, redución dos horarios de atención presencial, trámites que só se poden facer nos caixeiros... En Lugo os veciños sairon a rúa pra esixir un servizo de calidade...

QUE TAL MOI BOAS TARDES, é unha das novas dun día no que a xunta anunciou alegacións a parte do proxecto de financiamento autonómico que prepara o goberno central...

Día no que a oposición está preocupada polo acceso dos máis novos á vivenda... de seguido escoitamos ós protagonistas...

Da pandemia, continúa a boa evolución, continúan tamén as protestas polas carencias na atención sanitaria.

Comisións Obreiras sinala que non hai alternativa ó pacto sobre a reforma laboral. O secretario xeral de Comisións Obreiras, Unai Sordo, dixo hoxe en Santiago que o acordo derroga "de facto" a reforma impulsada polo PP en 2012.

Feijóo sinala que o primeiro ministro de Portugal debería ser un exemplo para España. Segundo o presidede da Xunta, Antonio Costa demostrou que non vale gobernar con calquera socio e que é mellor convocar eleccións que aprobar uns malos orzamentos.

Da pandemia... baixan os contaxios e os casos activos pero soben as hospitalizacións. Agora hai xa menos de 63 mil persoas coa enfermidade, pero 686 persoas están ingresadas, 28 máis que no anterior reconto.

VArios incendios que entraron desde portugal queimaron 250 hectáreas de monte esta fin de semana en Ourense. O lume xa está apagado. Desde o sábado están prohibidas as queimas ante o perigo que supoñen as tres emanas de tempo seco.


O tempo, hoxe con temperaturas máis baixas e aumenta a intensidade do vento.

Manifestaciones en varias ciudades españolas para protestar contra la reforma laboral que se vota el jueves en el Congreso En todas las capitales vascas, en Pamplona, Santiago de Compostela, Barcelona... Convocadas por sindicatos nacionalistas califican el texto de fraude porque no elimina, dicen, algunos de sus aspectos más lesivos para los trabajadores.

FOTO: Manifestación convocada por los sindicatos ELA, LAB, Steilas, ESK, Etxalde e Hiru este domingo en Bilbao en contra de la reforma laboral. EFE/Luis Tejido

Mobilizacións este mediodía en once localidades galegas contra a reforma laboral do goberno central. Esixen unha derrogación real.

Repunte de hospitalizacións na comunidade, nunha xornada na que continúa o descenso nos casos activos e nos novos contaxios

Os socialista coruñeses elixen hoxe ao seu lider provincial, con Bernardo Fernández e Noa Díaz como aspirantes.

Falaremos co novo portavoz parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez. Márcase como obxectivo fiscalizar con rigor a xestión do presidente da Xunta..

Entrevista co dramaturgo Cándido Pazó, co gallo do estreo da obra do Centro Dramático Galego "A Peste", adaptación ó teatro da obra literaria de Albert Camí.

Realizada por Manuel Gutierrez da Silva.

Exito rotundo da manifestación das plataformas antieólicos en Pontevedra, os convocantes apuntan a preto dun milleiros de asistentes.

Continúa a estas horas a xuntanza da Plataforma en Defensa do Sector, en Lugo, da que saírán, previsiblemente, o anuncio de paros indefinidos

Primeira noite coa relaxación das restriccións para a hostalaría, tralo endurecemento do Nadal. Para os hostaleiros non é suficiente

470 médicos examínanse hoxe do MIR en Galicia... Xusto cando o goberno galego acaba de abri-la porta a que facultativos sen esta acreditación traballen na atención primaria xestionando baixas.

As persoas que queiran cursar os estudos superiores de Maxisterio deberán realizar probas específicas, a maiores das existentes, para avaliar as súas competencias e se poden ou non dedicarse a docencia. Isto é o que propón o documento mar-co para a reforma da profesión docente do Ministerio de Educación. A medida xa conta co visto e prace da presidenta da Confederación Estatal de decanos e decana de Educacion en Santiago...

A noticia chega no último día de vixencia das restriccións covid adoptadas pola Xunta no período de Nadal. Co final de Xaneiro relaxanse os protocolos.