As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Hoxe estamos moi pendentes dos datos que facilite o SERGAS sobre os casos de COVID para ver se se confrma un descenso. O conselleiro de Sanidade dicía que os datos apuntan a esta tese pero tamén aclaraba que os daatos da fin de semana ás veces resultan enganos. Unha sexta onda que ten, sobre todo, impacato na atención primaria.
Hoxe é noticia Barreras, porque o xulgado acepta a declaración en concurso de acreedores do estaleiro. Agora o seguinte paso debe ser a venda da unidade productiva.
O tempo. Para hoxe case non se agardan cambios ou coas temperaturas algo máis baixas.
A atencion primaria está saturada, a xunta recoñéceo, pero o presidente Feijoo di que o goberno galego non ten a solución, que esta pasa por Madrid, mentres moitos concellos sofren as consecuencias da falta de persoal pra atender as urxencias.
É unha das principais novas dunha xornada de momvementos políticos no PSDG con cambio de voceiro parlamentario e de denuncias do BNG que demanda un tren de calidade pras conexions internas galegas.
Recollemos tamén as novas sobre Barreras. O estaleiro está xa está legalmente en concurso de acredores.
- Os nenos farán a proba de xeito voluntario nos seus domicilios e, en caso de resultar positivos, a familia notificarallo ao Sergas
- A Xunta reparte 37.500 en todos os colexios e hai outros 17.500 dispoñibles no Sergas para subministrar baixo demanda
Os colexios galegos comezaron a recibir hoxe os test de antíxenos en saliva para nenos de 5 a 11 anos.
Os nenos farán a proba de xeito voluntario nos seus domicilios e, en caso de resultar positivos, a familia deberá notificalo ao Sergas.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
A presió hospitalaria multiplicouse por dous en tres semanas, pero sen reflexo nas ucis, e cun dato esperanzador na xornada: o estancamento dos doentes de coronavirus na comunidade. Sanidade prefire agardar a que pase o efecto fin de semana nas altas hospitalarias e nas probas antes de dar por freada a sexta vaga... mentres preparan un protocolo que permita organizar eventos no entroido...
Os sanitarios e usuarios seguen reclamando medios. No Morrazo, onde faleceu un home agardando media hora polo médico, e na Coruña o persoal do hospital reclama persoal nas urxencias e quiurófanos.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Pequeno respiro nos datos da pandemia. Este domingo os novos positivos quedaron por debaixo dos 8 mil: haberá que agardar para saber se foi porque se fixeron menos probas ou hai un descenso...
Sanidade insiste na nas probas e nas vacinas: hoxe reparte test nos colexios van dirixidos ós alumnos de primaria e xa empezou a chamar a menores de 40 anos para a vacina de reforzo.
Dous nomes propios este luns: Mnauel Cabezas, exalcalde de Ourense que vai ser xulgados acusado de prevaricación; e Luis Alvarez que asumee a portavocía do SPdeG no Parlamento.
Deportes... se fútbol... en baloncesto, derrots de Breogan e Obradoiro.
O tempo. Volve a impoñerse o anticiclón e o mediodía as temperaturas máximas van alcanzar valores altos para esta época... en ourense vanse achegr ós 20 graos.
Vexamos cal é a situación arestora nas polas distintas cidades...
Entrevista a D. Juán Manuel Vieites (Presidente da Patronal Galega, CEG)
A progresión da pandemia semella ralentizarse un pouco. Por fin hoxe baixamos dos 8.000 contaxios diarios malia que o número de casos con Covid chega aos 72.441.
Este domingo repetiuse en Porto do Son, na praia das Furnas, a homenaxe a Ramón Sampedro, cadrando co 24 aniversario da morte do tetrapléxico galego. Desta volta con máis simbolismo se cadra porque xa entrou en vigor a lei de eutanasia que tanto reclamaba.
E en Vigo esta tarde apáganse as luces de Nadal. Unha iluminación que segundo o alcalde Abel Caballero veron uns 5 millóns de persoas.
No tempo da entrevista, o convidado é o presidente da Confederación de empresarios de Galicia. Juan Manuel Vieites valora positivamente ó recente acordo sobre a reforma laboral pero pide non instrumentalizala ideolóxicamente.
Entrevista a Dña. Bibiana Candia, autora da novela "Azucre"
Non dan respiro os datos da pandemia. Seguen medrando os contaxios a un ritmo superior aos 8.000 casos, 8.614, para ser exactos. Mentras, aumenta un pouco a presión sobre as UCIs pero diminúe nas outras unidades.
O vicepresindete da Xunta, Alfonso Rueda, comprometeuse a aliviar as restriccións da Covid, das que hoxe entrou en vigor a prórroga, en canto se poida.
Este sábado deixanos tamén a homenaxe en Vilalba a Manuel Fraga, cadrando co décimo aniversario do seu pasamento e o relevo na portavocía parlamentaria do grupo socialista.
O deputado socialista por Lugo, Luis Alvarez sustitúa ao ex secretario xeral de Gonzalo Caballero.
Antes de desenvolver éstas e máis noticias coñecemos a previsión do tempo.