Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Pobra do Caramiñal segue a ser o único municipio da provincia co nivel máximo de restricióins anticovid.

Ribeira empeora e desde hoxe está en nivel ato de limitacións.

desde este venres, os restaurantes que sirvan ceas teñen que contar, obrigatoriamente, cun medidor de CO2.

O concello de Santiago no autoriza o regreso das atraccións de feira.

O BNG presenta no Congreso unha iniciativa na que lle solicita ó ministerio de traballo que paralice o ERTE na Planta de Repsol na Coruña.

Augas de Galicia financiará a ampliación da depuradora de augas residuais de Sada

Dimite o director da área da cultura do concello da Coruña.

Este venres estreamos novas medidas contra o coronavirus. O fundamental, o novo mapa de restricións por concellos que coloca a Vigo entre os municipios en nivel medio, con cabidas máis limitadas na hostalaría. Esta é agora mesmo a cidade de Galicia que máis preocupa, e non axuda tampouco a baixa asistencia aos cribados nesta área sanitaria. Entre os máis novos apenas supera o 10 por cento.

Novidades tamén pras atraccións de feira e os mercadiños, con menos limitacións.

Hoxe volve reunirse o subcomité clínico e volve a vacinación masiva.

Galicia é, tras Asturias e Castela e León, a terceira comunidade con máis persoas con polo menos unha dose da vacina. Hoxe comezou a vacinación con Janssen, ós grandes dependentes.

Malestar dos mariñeiros ante o anuncio da ministra de sanidade, que rexeita adianta-la súa inmunización con esta marca.

Unha parte do sector hostaleiro, descontenta coa actual interlocución coa Xunta, acaba de fundar unha nova federación. Agrupa a catro mil empresarios de 13 asociacións.

En Pontevedra, Comisions Obreiras é o único que non quere falar da reubicación de Ence. O resto de sindicatos, incluso o presidente da compañía valoran estudar outras alternativas

Folga no sector da limpeza da provincia da Coruña. Denuncian as súas condicións precarias, a pesar de ser un colectivo esencial durante a pandemia, e a patronal lles ofrece unha suba miserenta.

O secretario xeral de industria rexeita a cláusula que Alcoa quere incorporar ó seu contrato de venda á Sepi da factoría de San Cibrao, que lle evitaría posibles reclamacións unha vez se peche a operación.

Xa está en prisión o home que o pasado luns agrediu a tres persoas e tentou guidarse desde un oitavo piso. Está acusado de tres delitos de lesións e outro de violación de morada.

Este xoves case dez mil traballadores do sector da limpeza da provincia da Coruña, maioritariamente mulleres, están chamados á folga hoxe... pero só poderán exercer o seu dereito un milleiro debido aos servizos mínimos impostos.

Rexistrado un único falecemento por coronavirus nas últimas horas. Foi unha muller de 84 anos no Complexo Hospitalario da Coruña.

O desmantelamento da central térmica de Endesa na Pontes retrasase entre catro meses e un ano.

Este mércores quedou convocada a comisión interadministrativa do porto da Coruña para o 5 de maio.

Galicia comeza hoxe a administrar as vacinas de Janssen entre os grandes dependentes nos domicilios. A Xunta estaría disposta a usalas tamén para inmunizar os mariñeiros, pero o Goberno insiste en que este colectivo, de momento, terá que agardar.

Polo demais, este mércores seguirán inoculándose as doses de Pfizer en hospitais e centros de saúde, pero non en grandes recintos.

Así amence un día no que de momento temos menos nubes no ceo, pero no que aínda non podemos descartar as chuvias.

A aprobación da vacina de Janssen permitirá acelerar a vacinación de grandes dependentes e mariñeiros. acelérase o proceso pra chegar a xuño coa poboación maior de 60 anos vacinada. Con miras a retomar a normalidade en sectores coma o ocio nocturno.

SOS Sanidade Pública convoca concentracións ás 8 da tarde para reclamar ó SERGAS atención presencial en Primaria. Xeralizar a atención telemática só beneficia ó sector privado.

O desmantelamento da central térmica das Pontes pódese adiar ata un ano. O ministerio de transición ecolóxica obriga á central a realizar avaliación ambiental ordinaria, e non abreviada, pra este proceso.

Non haberá mocion de censura en Ourense para sacar da alcaldía a Gonzalo Pérez Jácome. O Partido Popular esixe que o socialista Rafa Villarino renuncie a súa acta de concelleiro. O portavoz socialista xa aclarou que non o vai facer.

Alertan sobre os riscos de investir en criptomoedas sen informarse axeitadamente. As compras deben facerse sen intermediarios. A unha veciña de Sarria estafáronlle 47 mil euros con ese pretexto.

Tempo. Quedamos na influencia dunha borrasca situada ó oeste de Fisterra...

A Pobra do Caraniñal continúa a ser un dos catro concellos galegos con nivel máximo de restriccións.

Unha das decisións adoptadas onte no Comité Clínico, do que está previsto que de conta o conselleiro ao longo desta mañá.

--- Case dez mil traballadores do sector da limpeza da provincia da Coruña, maioritariamente mulleres, están chamados á folga mañá xoves

--- Manifestación en Santiago dos veciños das Fontiñas pra amosar o seu rexeitamento a que a futura sede do Instituto de Medicina Legal se instale nunha parcela do barrio.

--- Ferrol acollerá a primeira Feira do Libro deste 2021

Vigo aumenta o nivel de restricións polo coronavirus. A partir do venres, verá reducidas as cabidas no interior e no exterior da hostalaría. É unha das principais novidades da última reunión do comité clínico, que mantén o peche perimetral nos catro concellos que xa o tiñan.

Polo demais, hoxe continuará a vacinación masiva, con 38 mil doses de Pfizer, xa sabendo que a separación entre as doses continuará sendo de 21 días, e que a partir de hoxe comezaremos a recibir os fármacos de Janssen.

Atentos tamén a Vigo por outro motivo. Alí investígase un caso de trombose tras a administración da vacina de AstraZéneca.

E a nova sentenza sobre o Pazo de Meirás, que manda devolverlle aos Franco os bens do inmoble.