Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A incidencia da pandemia en Galicia mantense en niveles semellantes ó final do verán. A Xunta anuncia que esta semana empezará a emitir os certificados de vacinación.

Núñez Feijóo rexeita calquera cambio sobre as competencias autonómicas nos impostos de sucesións e patrimonio.

O presidente da Federación de Municipios e Provincias, Abel Caballero, pensa que as comunidades autónomas son pouco recaudadoras e que haberá que alcanzar no futuro unha coherencia na fiscalidade.

O Concello de Pontevedra pide información á Xunta sobre un informe que acredita a presenza de mercurio no subsolo do complexo ENCE-ELNOSA

Colapso da sede electrónica da Xunta ante os milleiros de persoas que pretenden pedir o bono turístico. Foi imposible acceder ó sistema para inscribirse

O periodista Manuel Rico gaña o Premio José Couso de Libertad de Prensa. O director de investigación do diario Infolibre vén de publicar un libro no que denuncia a dramática situación que se viviu na residencias de maiores durante a pandemia do coronavirus.

O tempo. De novo, con temperaturas por riba dos 20 graos.

O comité clínico analiza esta tarde un posible retraso do toque de queda, ate as 11 da noite. Non se agardan novidades pra hostalaría.

O conselleiro pide máis tempo pra avalia-las consecuencias da semana santa, e avanzar coas vacinas. Agardan pecha-la semana co 29% da poboación diana xa inoculada.

Díxoo no parlamento, que hoxe acordou por unanimidade facer unha reforma da lei para que se considere violencia machista a vicaria, é dicir, a exercida a través dos fillos.

Non houbo acordo na petición do BNG para que o Parlamento investigue a caixa "B" do PP en Galicia. Foi rexeitada pola maioría do Grupo Popular

A Federación "Vellez e Dignidade" recorre o sobresemento provisional das querelas presentadas contra a residencia Domus VI de Cangas.

Os traballadores das verbenas e as orquestras, unhas 3 mil persoas, esixen á Xunta a convocatoria das axudas comprometidas no mes de xaneiro.

As mariscadoras galegas opóñense ó cambio no regulamento que as obrigaría a comunicar as capturas diarias a través dun teléfono móbil.

No tempo hoxe volveron as chuvas, especialmetne no sur de Galicia

Morre, a causa do coronavirus, un home de 81 anos. Estaba ingresado no complexo hospìtalario de Santiago.

Baixan os contaxios, baixa tamén a presión hospitalaria, pero repuntan os casos activos, as persoas que padecen a covid 19.

O centro de saúde de Conxo, en Santiago, non ten pediatra desde finais de marzo. Hai 4.000 familias afectadas.

MAÑá, nova protesta na comarca de Ferrol contra o desmantelamento industrial. Os sindicados acusan á Xunta e ó goberno central de non aportar solucións.

Deportes. Ferrol homenaxea ó Baxi polo seu regreso

a elite do baloncesto feminino español.