Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba
Morre, a causa do coronavirus, un home de 81 anos. Estaba ingresado no complexo hospìtalario de Santiago.
Baixan os contaxios, baixa tamén a presión hospitalaria, pero repuntan os casos activos, as persoas que padecen a covid 19.
O centro de saúde de Conxo, en Santiago, non ten pediatra desde finais de marzo. Hai 4.000 familias afectadas.
MAÑá, nova protesta na comarca de Ferrol contra o desmantelamento industrial. Os sindicados acusan á Xunta e ó goberno central de non aportar solucións.
Deportes. Ferrol homenaxea ó Baxi polo seu regreso
a elite do baloncesto feminino español.

A Xunta arrefría as expectativas e a reunión do comité clínico de hoxe podería non traer a apertura agardada. Barállase un posible atraso do toque de queda, pero nas últimas horas o goberno galego fai un chamamento á prudencia e apunta que a ampliación dos horarios da hostalaría quizais teñan que agardar un pouco máis.

De momento os datos deixan lixeiras repuntas dos casos activos de coronavirus e aumento da presión hospitalaria. Baixan os contaxios diarios.

E mentres, volve a vacinación masiva. O conselleiro de Sanidade comparece hoxe no Parlamento.

Ata as oito desenvolvemos estes e outros argumentos informativos.

Este luns continuaron os traballos no poligono lugués de O Ceao para cuantificar os danos e conseguir esclarecer que foi o que pasou para que se dese o espectacular incendio que afectou a varias empresas colindantes a nave na que se orixinou o lume.

E todo isto no mesmo día no que se produciu unha leve repunta dos casos positivos por coronavirus e da presión hospitalaria en Galicia...

Responsables e propietarios das naves máis afectadas polo gran incendio no polígono do Ceao avalían os danos. Calculan que se aproximarán ós quince millóns de euros. Agora o obxectivo é que a destrucción das naves non teña repercusións no emprego e recuperar a actividade canto antes.

Volven a medrar os casos activos e os hospitalizados por COVID en Galicia. Nos centros hospitalarios hai 13 persoas ingresadas máis, ate 185. Delas, 30 están nas unidades de críticos.

Carballeda de Valdeorras ten desde hoxe as máximas restriccións, incluído limite perimetral. Os contaxios propagáronse no transporte de traballadores ás canteiras.

En Santiago, os estudantes de Odontoloxía que fan prácticas con pacientes manifestáronse para pedir a vacina contra a covid. Os mariñeiros seguen sen noticias da súa inoculación, pese á chegada esta semana das doses de Jansen

Unións Agrarias pide que no plan eólico se respeten as zonas alto valor agrario. A Corporación de Lalín acordou por unanimidade rexeitar dous proxectos a medio quilómetro das casas.

O tempo. Recuperamos a estabilide. O pasado mes, a precipitación media estivo un 80 por cento por debaixo do valor climático normal

 Arranca a semana cun novo mapa de restricións anticovid.
 A Pobra do Caramiñal é o único concello da provincia con nivel máximo de limitacións.
 A semana comeza tamén coa repunta dos casos activos, das persoas enfermas, e da presión hospitalaria.

 O Sergas organiza hoxe un  cribado entre os alumnos do instituto Alfonso X de Cambre. Hai seis estudantes contaxiados.

 En Santiago, Veciñps da rúa Londres do barrio de Fontiñas opóñense a nova ubicación do Imelga-

 Deportes. O Baxi Ferrol regresa á máxima categoría do baloncesto feminino. Gañou tódolos partidos da Liga.

Empezamos semana con frío, pero con sol.

Estreamos ademais novo mapa de restricións polo coronavirus, agora con tres concellos perimetrados. Carballeda de Valdeorras súmase Ó Grove e Á Pobra do Caramiñal.

Os días que veñen son ademais decisivos para coñecer os efectos da Semana Santa na pandemia. De momento pechamos a anterior con máis dun milleiro de novos contaxios e cunha repunta dos casos activos.

Achegámonos tamén ó Polígono do Ceao, en Lugo, despois do incendio que este domingo causou perdas millonarias en varias naves industriais. Os bombeiros traballaron toda a noite para arrefriar a zona

Despois de seis horas, quedou controlado o incendio declarado a primeira hora desta mañá no polígono do Ceao, en Lugo. Orixinouse nunha nave de pinturas e axiña se propagou a outras 4 empresas próximas. Ante o perigo da situación, houbo que baleriar unha gasolineira e activouse o nivel 1 do Plan Territorial de Emerxencias.

Polo demais, no tocante á pandemia, hoxe descenderon os contaxios, pero aumentaron os casos activos e os ingresos hospitalarios.

Celebramos o Día do Párkinson, que en Galicia afecta a 13 mil persoas. E damos os parabéns aos gañadores dos premios Mestre Mateo: "Ons" e "A Illa das Mentiras", entre os grandes triunfadores.

No espazo da entrevista, hoxe falamos con Rubén Pérez, novo responsable de Política Municipal de Izquierda Unida

Os casos activos de coronavirus repuntan por segundo día consecutivo. Aumentaron tamén os contaxios diarios. Con todo, son lixeiras subas que permiten seguir falando aínda de estabilidade nos datos da pandemia. Nos hospitais a situación permanece case invariable.

Mentres continúa o proceso de vacinación masiva. Hoxe, con 27 mil persoas citadas. A maioría recibirán o fármaco de Pfizer, pero segundo vén de confirmar o conselleiro de Sanidade, un 77 por cento dos pacientes aceptou poñer a vacina de AstraZéneca.

Recollemos tamén as declaracións dos líderes políticos a este respecto.

E no espazo da entrevista, contra ás dúas menos vinte, hoxe falamos con Xosé Barato, presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia

As sesións de vacinación masiva dos últimos días elevan a preto de medio millón o total de persoas que recibiron en Galicia algunha dose. Son algo máis do 16 por cento da poboación, mentres que o 6´8 por cento recibiu xa a pauta completa.. //a incidencia acumulada continúa estable, mentres medran lixeiramente os casos activos, con 146 novos contaxios nas últimas horas. A presión hospitalaria baixa e hai 26 doentes nas UCI. //.Eliminar o movemento incontrolado dos pacientes asociado a enfermidade de Parkinson. É posible gracias a unha técnica que o Hospital Clínico de Santiago leva a cabo por primeira vez na sanidade pública. // Teresa Portela clasificase para os xogos olímpicos de Tokio. Esta mañá impúxose no selectivo nacional de K1 200 metros disputado en Verducido, Pontevedra. A piragüista de Cangas convertirase así na deportista española con máis participacións olímpicas da historia. 09-04-2021