Enlaces accesibilidad

Belas Artes, 30 anos renovando a paisaxe artística galega

  • Facultade de Belas Artes, en Pontevedra, cumpre 30 anos
  • Unhas xornadas repasan as súas achegas ó panorama artístico galego

Por
Belas Artes, 30 anos renovando a paisaxe artística galega

antigo cuartel da Maestranza e San Fernando, un edificio de finais do século XIX na capital Pontevedra, acolle dende hai 30 anos a única Facultade de Belas Artes do noroeste español.  Un centro que, pese ó seu pequeno tamaño, se converteu nun referente do espazo universitario nacional. "Sendo da periferia e pequena, di moito do nivel acadado pola arte e a investigación que se fai desde Belas Artes"

Un elemento revitalizador da arte plástica en Galicia

A súa creación foi “un dos fitos máis salientables da arte galega dos últimos anos, un elemento revitalizador da arte plástica en Galicia” segundo Ramón Rozas coordenador dunhas Xornadas celebradas co gallo deste aniversario.

Unha renovación das artes plásticas galegas

Facultade de Belas Artes en Pontevedra

Facultade de Belas Artes en Pontevedra

O decano da facultade, Xosé Manuel Buxán, cre que “mudou por completo o escenario artístico, enriqueceuno, ampliouno e diversificouno” achegándoo á contemporaneidade. Reflíctese no traballo dos seus alumnos, museólogos, creadores, críticos ou mestres doutros artistas, pero tamén no dos seus profesores, instalados xa no panorama artístico galego.

amplo abano de ensinanzas das distintas disciplinas artísticas, mesmo aquelas que a relacionan coa vangarda, garanten o seu futuro.