Enlaces accesibilidad
Fotografía

Once anos retratando partos, nun oficio pioneiro en Galicia

  • A coruñesa Diana Fajardo é das poucas que en España se dedican a esa faceta
  • Nos EE.UU e norte de Europa é máis habitual e mesmo existe unha asociación internacional destes profesionais

Por
Fotógrafa de partos

Parín a segunda filla na casa e aí só vía posibilidades de fotografía

En Galicia é a única que se dedica a fotografar partos, porque tampouco hai demandaDiana Fajardo anceiaba traballar para National Geographic, ata que pariu por segunda vez.

"Parín a miña segunda filla na casa e aí só vía posibilidades de fotografía". A partir de difundir a experiencia con ela mesma, retratada na intimidade, Diana comezou a ter encargos. 

Me costó verme grabada, pero cada día lo disfruto más y me siento más orgullosa de lo que supuso para la familia

Silvia é unha das súas clientas, e case amiga, porque compartir aqueles momentos crea vínculo. Expresa os temores iniciais de contratar un fotógrafo para o parto, pola rareza que supón contratar a alguén para eso. 

"Me costó verme grabada, pero cada día lo disfruto más y me siento más orgullosa de mi, de mis hijos y de lo que supuso esto para la familia".

Parto na casa

Conseguir permiso para fotografar nos hospitais é difícil, imposible agora en tempos de pandemia. Por eso, o perfil de clienta é muller que pare na casa. Cando hai un servizo contratado, a fotógrafa conxela a súa axenda durante cinco semanas para estar dispoñible día e noite porque o bebé non avisa cando vai vir ao mundo.

Escoitas berros de ´non podo máis´, ´vou morrer´ e, de repente, todo cambia, a nai que vai morrer e o bebé que nace

"Sen vivir antes un parto nin coñecer o proceso, pode asustar moito. Porque escoitas berros de “non podo máis”, “vou morrer” e, de repente, todo cambia, a nai que vai morrer e o bebé que nace”.

En España poucos máis profesionais se dedican a fotografar partos, un hábito máis extendido nos EEUU e no do norte de Europa. Mesmo existe unha Asociación Internacional de Profesionais que fan este tipo de traballo.

Noticias

anterior siguiente
-->