Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

As previsións apuntan a que Ourense volva rexistrar a temperatura máxima de toda España | O rostro do xogador do Celta Iago Aspas, na nova campaña da Denominación de Orixe Mexillón de Galicia | A lei de Educación Dixital continúa o seu trámite parlamentario tras ser rexeitadas as enmendas a totalidade da oposición| A Unión de Produtores de Leite propón un sistema de compra colectiva de forraxes, coa axuda da intelixencia artificial | Pacientes, voluntarios e investigadores saen á rúa para visibilizar cómo os avances científicos están a mellorar a supervivencia e a calidade de vida . 22-09-2026

Iago Aspas, novo embaixador do mexillón galego. O rostro do xogador do Celta, alcumado como príncipe das bateas, é o elexido para participar na nova campaña do Consello regulador da Denominación de Orixe Mexillón de Galicia. Un sector que pechou o ano pasado cunha facturación de 124 millóns de euros | O Parlamento rexeita, coa maioría do Partido Popular, as enmendas á Lei de Educación Dixital impulsada pola Xunta, que busca regular os uso das pantallas e a intelixencia artificial nas aulas. Os grupos da oposición reprochan á Consellería falta de diálogo coa comunidade educativa | A Unión de Produtores de Leite propón un sistema de compra colectiva de forraxes, coa axuda da intelixencia artificial ante o encarecemento dos custos, agravado pola seca. Contempla elaborar unha previsión das necesidades para mercar no momento oportuno e conseguir mellores presos | Os avances científicos están a permitir constantes melloras na supervivencia e na calidade de vida dos pacientes de cancro. Así o queren facer visible voluntarios, investigadores e afectados pola enfermidade, da que cada ano se diagnostican máis de 17.000 casos en Galicia. 22-09-2026

Ás portas de entrar no outono os termómetros seguen disparados. Hoxe de novo será un día de moitísima calor. A Xunta mantén activada a alerta vermella por temperaturas de ata 36 graos en 17 concellos do interior da provincia de Pontevedra, que establece a restrición de actividades escolares no exterior. O aviso é de nivel amarelo no interior da Coruña, a montaña de Ourense e nas Rías Baixas.

Descarga no porto de Vigo das dúas toneladas de cocaína, intervidas a bordo dun veleiro que navegada a 400 millas da costa galega. Foi localizado polo buque ‘Petrel I’ do Servizo de Vixilancia Aduaneira, dentro dunha operación conxunta entre a Axencia Tributaria e a aduana francesa. Os catro tripulantes do veleiro foron detidos e trasladados a terra xunto coa droga para ser postos a disposición xudicial. A droga podería ter un valor no mercado superior aos vinte millóns de euros.

Descarga no porto de Vigo de máis de 2.000 quilos de cocaína, intervidos a bordo dun veleiro que navegada a 400 millas da costa. É a maior cantidade intervida ata agora neste tipo de embarcación | Activada a alerta vermella por altas temperaturas no interior da provincia de Pontevedra. O aviso é de nivel amarelo no interior da Coruña, a montaña de Ourense e nas Rías Baixas | A Xunta aproba o Marco galego de impulso educativo pra reverter os malos resultados do informe PISA. Un plan no que se priorizará a compresión lectora e o razonamento matemático | Tralo desastre nos resultados do Informe Pisa, sobre todo en comprensión lectora, os pediatras advirten sobre o efecto negativo do uso abusivo de pantallas por nenos e adolescentes e piden limitar o tempo que pasan ante dispositivos electrónicos | Hoxe, Día Mundial do Alzhéimer, as asociacións saen á rúa para visibilizar unha enfermidade que, xunto con outras demencias, afecta xa a preto de 70.500 persoas en Galicia. 21-09-2026

Hoxe de novo, día de moitísima calor, con alerta vermella no interior da provincia de Pontevedra e amarela no interior da Coruña, as rías baixas e no Miño de Ourense con temperaturas máximas entre 34 a 37 graos. 21-09-2026

Descarga no porto de Vigo de máis de 2.000 quilos de cocaína, intervidos a bordo dun veleiro que navegada a 400 millas da costa | A Xunta aproba un programa de impulso educativo, para favorecer a mellora na compresión lectora e o razonamento matemático dos escolares | Os pediatras vinculan o abuso de dispositivos electrónicos co retroceso na comprensión lectora, detectado no último Infome Pisa | O Celta consegue a súa primeira vitoria da tempada, por 5 a 0 ante o Racing, e o Deportivo acada un meritorio empate ante o Betis. 21-09-2026

Descarga no porto de Vigo de máis de 2.000 quilos de cocaína, intervidos a bordo dun veleiro que navegada a 400 millas da costa. O barco 'Seute Deern', con bandeira polaca, Foi localizado polo buque Petrel do Servizo de Vixilancia Aduaneira. Catro persoas de diferentes nacionalidades foron detidas e trasladadas a terra, xunto coa droga | A Xunta aproba un programa de impulso educativo, para favorecer a mellora na compresión lectora e o razonamento matemático dos escolares. Inclúe clases de reforzo fóra do horario lectivo para alumnos de sexto de primaria | No día Mundial do Alzheimer, as asociacións de afectados dan visibilidade a unha enfermidade que, xunto a outras demencias, afecta a máis de 70.000 persoas en Galicia. Reclaman máis recursos de apoio, sobre todo no rural | Os pediatras vinculan o abuso de dispositivos electrónicos co retroceso na comprensión lectora dos escolares, detectada nos resultados do último Infome Pisa. Advirten de que o exceso de tempo diante da pantalla diminúe a capacidade intelectual dos cerebros en formación. 21-09-2026

O Encontro Internacional de Torneiros da madeira, que se celebra no concello lugués de Xermade, reúne aos mellores especialistas do mundo dun oficio tradicional que ten moito arraigamento en Galicia. O obxectivo é promocionar unha actividade desenvolvida por auténticos artistas da madeira.

A vacina antigripal reforzada será administrada a toda a poboación maior de 65 anos. É unha das novidades anunciadas pola consellería de Sanidade para a campaña de vacinación contra a gripe e a Covid | A seca mantén moi alto o risco de incendios. En Silleda, os equipos de extinción loitan contra un lume forestal que se declaraba na parroquia de Oleiros. Preocupa a cercanía do lume aos petróglifos de Chao de Petos, en Castro Montaz | Fronte común da Coruña e Santiago ante a Xunta. As alcaldesas Inés Rey e Goretti Sanmartín escenifican a súa alianza para esixir a transferencia directa de 5,11 millóns de euros de fondos estatais de vivenda | Cita esta fin de semana na Coruña, pra os amantes dos deportes urbanos. Celébrase por primeira vez, Graviteo, un evento que reúne a participación cidadá ca competición internacional en disciplinas como a escalada de velocidade ou o parkour . 18-09-2026

Soben as temperaturas no inicio dunha fin de semana de tempo e solleiro e con máximas que roldarán os 30 graos. Hoxe, recuperamos a influencia anticiclónica, e abrense grandes claros con algunhas nubes altas pola tardes, e máximas entre os 22 graos de Lugo e os 29 das Rías Baixas. 18-09-2026

A vacina antigripal reforzada será administrada a tóda a poboación maior de 65 anos na campaña contra a gripe e a Covid que comenza o luns 28 de setembro | Os equipos de extinción loitan contra o incendio declarado no concello de Silleda | Galicia mantense como segunda comunidade con menor criminalidade, so por detrás de Extremadura, Cunha taxa 15 puntos por debaixo da media española | As alcaldesas da Coruña e Santiago escenifican unha alianza para esixir á Xunta a transferencia de 5 millóns de euros de fondos estatais de vivenda. 18-09-2026

A vacina antigripal reforzada será administrada a tóda a poboación maior de 65 anos. É unha das novidades anunciadas pola consellería de Sanidade para a campaña de vacinación contra a gripe e a Covid que comenza o luns 28 de setembro nas residencias de maiores e centros de discapacidade | Os equipos de extinción loitan contra o incendio declarado no concello de Silleda, nunha zona forestal, sen risco para as vivendas, ainda que preocupa a cercanía aos petróglifos de Chao de Petos, de importante valor arqueolóxico | Galicia mantense como segunda comunidade con menor criminalidade, so por detrás de Extremadura, Cunha taxa 15 puntos por debaixo da media española. Descenden as estafas informáticas e a ciberdelicuencia, e aumentan en cambio os roubos en domicilios e o tráfico de drogas | Encontro Internacional de Torneiros da madeira, esta fin de semana, no concello lugués de Xermade, que reúne aos mellores especialistas do mundo dun oficio tradicional en constante evolución. 18-09-2026

A Consellería de Sanidade reforza a protección das persoas maiores e dos nenos na nova campaña da gripe, que comezará o luns 28 de setembro nas residencias de maiores e concluirá o 31 de decembro. As persoas a partir de 65 anos recibirán a vacina de alta carga, que xa se administrou o ano pasado aos maiores de setenta. E o programa piloto de vacinación nos colexios amplíase a 75 centros escolares, vinte máis que o curso anterior.

O lume considérase xa prácticamente estabilizado en Quiroga, despois de arrasar máis de 400 hectáreas, e de que se chegase a activar, durante horas, o nivel dous de risco pola proximidade a núcleos habitados. Os equipos de extinción céntranse agora en labores de limpeza e humedecer o terreo | Na Coruña, a Xunta anuncia a rehabilitación integral do colexio de Prácticas, despois de que hai uns días caesen cascallos de parte dunha cornixa | Os grupos da oposición referíronse hoxe á contratacion de traballabadores sen papeis para a vendima do ano pasado, na adega da familia do conselleiro de emprego, que foi sancionada pola Inspección de Traballo | | Continúan os traballos para conter a vertedura de xurro en Tordoia trala rotura dunha foxa nunha granxa. O concello de Santiago non descarta que poida chegar ao Tambre e afectar ao punto de captación que abastece a cidade . 17-09-2026

Poucos cambios no tempo con ceos máis cubertos no norte e nubes altas polo sur. As temperaturas máximas oscilarán entre os 22 graos en Lugo e Santiago e roldando os 26 nas Rías Baixas e Ourense. Pola noite achégase unha fronte que pode deixar chuvascos no terzo norte da comunidade. 17-09-2026

En Quiroga mellora a situación do lume despois de arrasar 420 hectáreas, segundo a última actualización de Medio Rural | Protesta de pais de alumnos por deficiencias nun colexio da Coruña e por falta de profesores de apoio en Melide | Os grupos da oposición referíronse hoxe á contratacion de traballabadores sen papeis para a vendima do ano pasado, na adega da familia do conselleiro de emprego | Traballos para frear o avance da vertedura de xurro trala rotura dunha balsa nunha granxa en Tordoia | Derrota do Celta no seu debut na Liga europea, fronte ao Omonia de Nicosia. E en Riazor, derrota tamén, primeira desta temporada, para o Deportivo. 17-09-2026

Protesta de pais de alumnos dos colexio de Prácticas da Coruña, ante a visita do conselleiro de Educación, polas deficiencias que presenta o edificio. Cando se cumpre unha semana do comenzo do novo curso, en Melide seguen sen levar os escolares a clase, para reclamar máis profesores de apoio | O lume considérase xa prácticamente estabilizado en Quiroga, despois de arrasar máis de 400 hectáreas, e de que se chegase a activar, durante horas, o nivel dous de risco pola proximidade a núcleos habitados. Os equipos de extinción céntranse agora en labores de limpeza e humedecer o terreo | Os técnicos traballan para frear o avance da vertedura de xurro trala rotura dunha balsa nunha granxa en Tordoia. Medio Ambiente confía en poder evitar que chegue ao río Tambre, que abastece á cidade de Santiago | Derrota do Celta no seu debut na Liga europea, fronte ao Omonia de Nicosia. E en Riazor, derrota tamén, primeira desta temporada, para o Deportivo cun equipo renovado que non funcionou ante o Sevilla. 17-09-2026

Nas nosas rías hai máis de 3.300 bateas de mexillón, sendo a de Arousa a raíña dos polígonos bateeiros. Coñecemos a Jorge, un dos poucos carpinteiros de ribeira que quedan en Galicia. Segue construíndo bateas tal e como lle ensinou seu pai.