Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Continúan os traballos para conter a vertedura de xurro en Tordoia trala rotura dunha foxa nunha granxa. O Concello de Santiago non descarta que poida chegar ao Tambre e afectar ao punto de captación que abastece a cidade. Mentres, a Conselleira de Medio Ambiente lanza unha mensaxe de tranquilidade.

O residuo da vendima pode volver á propia viña convertido nun bioestimulante. Terras Gauda leva tres campañas probando este sistema en colaboración coa Universidade de Vigo e os primeiros resultados apuntan a melloras no solo, nas plantas e tamén na uva.

Cerca de 400 hectareas queimadas nun incendio no concello de Quiroga, segundo os cálculos do goberno local. Os equipos de extinción ven complicados os seus traballos pola difícultade de acceso da zona e a intensidade do vento | Os encoros galegos seguen perdendo reservas. Así atopamos hoxe o de Cachamuíña, en Ourense. A cunca do Miño-Sil, a máis caudalosa, está ao 62%, catro décimas menos que hai unha semana | A rotura dunha foxa de xurro en Tordoia, na Coruña, provocou un verquido masivo que afecta a tres ríos da comarca que son afluentes do Tambre | Un residuo de vendima pode volver á propia viña convertido nun bioestimulante. A adega Terras Gauda, no Rosal leva tres campañas probando este sistema | Hai 175 anos nacía na Coruña Emilia Pardo Bazán, o seu legado literario e xornalístico mantén toda a súa vixencia. E o pazo de Meirás, a súa residencia segue tamén no foco mediático. 16-09-2026

Seguen baixando as temperaturas con máximas de 20 graos polo norte e en torno aos 25 no sur. Situación intermedia entre altas e baixas presións con ceos máis nubrados no norte onde se agardan chuvascos. Na metade sur o tempo seguirá seco e solleiro. 16-09-2026

Cerca de 400 hectareas queimadas nun incendio no concello de Quiroga, na Ribeira Sacra | As empresas galegas manteñen o liderado da industria pesqueira española | A rotura dunha foxa de xurro en Tordoia, na Coruña, provocou un verquido masivo que afecta a tres ríos da comarca que son afluentes do Tambre | Converter o bagazo que queda despois de prensar as uvas da vendima nun bioestimulante para aplicar ás cepas. É un sistema co que experimenta a adega Terras Gauda, no Rosal | Hai 175 anos nacía na Coruña Emilia Pardo Bazán. 16-09-2026

O lume avanza no concello de Quiroga, na Ribeira Sacra, con máis de 380 hetáreas queimadas, segundo os datos do goberno local. Os equipos de extinción ven complicados os seus traballos pola difícultade de acceso da zona | As empresas galegas manteñen o liderado da industria pesqueira española, e acadan case a metade da súa facturación total. Así o indica o informe dado a coñecer hoxe pola asociación Conxemar, cun volume de negocio de máis 12.000 millóns de euros con 22.000 empregos directos | Converter o bagazo que queda despois de prensar as uvas da vendima nun bioestimulante para aplicar ás cepas. É un sistema co que experimenta a adega Terras Gauda, no Rosal, en colaboración coa Universidade de Vigo. Os ensaios apuntan a melloras na calidade do solo e tamén da uva | Restos humanos da época medieval saen a luz nas escavacións do convento de Santa Clara en Pontevedra. Os arqueólogos recuperan un cerebro humano e o cadáver dun capelán, que serán estudados na Universidade de Santiago. 16-09-2026

A de mecánico naval está catalogada polo SEPE como unha das ocupacións máis difíciles de cubrir en Galicia. A pesar de ter unha alta taxa de empregabilidade, cada vez son menos os mozos que elixen esta profesión e hai moitas máis ofertas que candidatos.

A inflación escala en Galicia ata o 4,8 % en agosto. son sete ou nove? décimas máis que no mes anterior e sitúase no nivel máis alto dende o comenzo da guerra de Ucraína | O sindicato Labrego alerta da situación alarmante para o sector lácteo. Aseguran que a seca veu agravar aínda máis a suba dos custos de produción, que non deixan de aumentar | Cae unha rede de ciberdelicuentes que conseguiu estafar máis dun millón de euros facéndose pasar polo banco. Hai 29 detidos en toda España, tres deles en Ourense e a Coruña | Tralos riscos anunciados polos xigantes estadounidenses da Intelixencia Artificial, algunhas voces apuntan á urxencia dunha regulación internacional efectiva | O Celta parte rumbo a Chipre para a súa estrea de mañá na Europa League fronte ao Omonia Nicosia | Dende esta semana, celebrarase na Coruña a temporada lírica. O eixo central é a estrea de Jenufa, unha obra atípica e poucas veces representada. 15-09-2026

Vaise retirando o aire cálido cara o sur o que nos deixará un descenso notable nas temperaturas máximas que nalgúns puntos caeran ata 10 graos con respecto a onte. Oscilarán entre os 22 graos da Coruña e os 32 de Ourense. Posibilidade de chuvias febles pola tarde no terzo norte onde os ceos estarán máis anubrados. 15-09-2026

A inflación escala en Galicia ata o 4,8 % en agosto, o nivel máis alto dende o comenzo da guerra de Ucraína | A Garda Civil desmantela unha rede de que conseguiu estafar máis dun millón de euros enviando mensaxes telefónicas | O Sindicato Labrego advirte dunha situación alarmante do sector lácteo, pola seca e os incrementos nos custos de produción | O Celta parte rumbo a Chipre para a súa estrea de mañá na Europa League fronte ao Omonia Nicosia | Volve a ópera á Coruña, co arranque da temporada lírica, este xoves, ca estrea de Jenufa, considerada a obra mestra de Leos Janacek. 15-09-2026

A inflación escala en Galicia ata o 4,8 % en agosto. son sete décimas máis que no mes anterior e sitúa á nosa comunidade como a segunda de España coa maior suba de prezos. Un incremento protagonizado polo tirón dos combustibles seguidos da vivenda e a electricidade | A Garda Civil desmantela unha rede de ciberestafadores que operaba en Galicia e que conseguiu defraudar máis dun millón de euros enviando mensaxes telefónicas, facéndose pasar por un banco. Hai 29 persoas detidas en varias provincias, entre elas Ourense e A Coruña | O Sindicato Labrego advirte dunha situación alarmante do sector lácteo, afectado pola seca e polos fortes incrementos nos custos de produción. Cualifica de abusivas as ofertas prantexadas ata agora polas industrias lácteas | Volve a ópera á Coruña, co arranque da temporada lírica, este xoves, ca estrea de Jenufa. Considerada a obra mestra de Leos Janacek, nunha versión de Emiliano Suárez e coa intervención do Coro Gaos e a orquestra Sinfónica de Galicia. 15-09-2026

Comenza a comercialización das viaxes do imserso, coa apertura, hoxe, das reservas en Galicia e noutras sete comunidades. Hai 265 mil pensionistas galegos acreditados, que optan a case 65 mil prazas, das 880 mil ofertadas para toda España, repartidas na costa peninsular, as illas e escapadas no interior.

Loito e consternación en Ponteareas, pola morte de María Lidia, unha veciña de 81 anos asasinada, presuntamente, polo seu fillo, de 60 anos, con antecedentes siquiátricos | A Xunta aprobou hoxe o novo plan de residencias, que creará 1.800 prazas en 25 centros das cales o 60% serán públicas |O sector téxtil galego despregou a súa folla de ruta pra os próximos catro anos. O clúster que aglutina a máis de 70 empresas pretende abrir unha nova etapa aproveitando a intelixencia artificial e apostando o talento pra relocalizar parte da producción| Comenza a comercialización das viaxes do imserso, coa apertura, hoxe das reservas en Galicia e noutras sete comunidades. Hai 265 mil pensionistas galegos acreditados, que optan a case 65 mil prazas. 14-09-2026

Calor abafante neste inicio de semana no que hai activas varias alertas por altas temperaturas. No interior da Coruña poden chegar os 34 graos e máis de 36 no val do Miño en Ourense e Pontevedra, sur de Lugo e en Valdeorras. Mañá unha fronte rozará o norte da comunidade co que se retira o aire cálido dos últimos días. 14-09-2026

Minuto de silencio en Ponteareas, en sinal de do pola morte de María Lidia, unha veciña de 81 anos asasinada, presuntamente, polo seu fillo | A Xunta aprobou hoxe o novo plan de residencias, que creará 1.800 prazas en 25 centros das cales o 60% serán públicas | O sector téxtil anuncia un plan para recuperar a producción en Galicia e frear a tendencia a deslocalización | Comenza a comercialización das viaxes do imserso, coa apertura, hoxe das reservas para os acreditados preferentes. 14-09-2026