Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Minuto de silencio en Ponteareas, en sinal de do pola morte de María Lidia, unha veciña de 81 anos asasinada, presuntamente, polo seu fillo, un home de 60 anos, con antecedentes siquiátricos. Foi detido tras confesar o crime a Garda Civil e está pendente de pasar a disposición xudicial | O sector téxtil anuncia un plan para recuperar a producción en Galicia e frear a tendencia a deslocalización, iniciada hai máis dunha década. O cluster que aglutina a máis de 70 empresas anima a buscar novos nichos de mercado e aposta polas novas tecnoloxías | Comenza a comercialización das viaxes do imserso, coa apertura, hoxe das reservas para os acreditados preferentes. A oferta en Galicia ascende a algo máis de 64.000 prazas en destinos repartidos na costa peninsular, as illas e escapadas no interior | O Deportivo manténse invicto na Liga grazas a un cabezazo de Aubameyang, para igualar na segunda parte contra o Xetafe. O Celta non consegue facer valer a súa superioridade en Balaídos e remata cun novo empate fronte ao Málaga. 14-09-2026

Polémica en Ourense pola corta das árbores que formaban un corredor verde ao pé da vía do tren. Os veciños din que axudaba a paliar as temperaturas extremas do verán. O Adif xustifica a talla para garantir a seguridade ferroviaria | Cúmprense 25 anos dun dos acontecementos internacionais que quedaron máis marcados na memoria. Os atentados en Nova York, con cerca de 3.000 vítimas mortais | Ence anuncia a entrada en servizo na súa fábrica de Pontevedra dun sistema para a reutilización de auga cun investimento de 30 millóns de euros . 11-09-2026

Fin de semana de auténtico verán a que nos agarda con temperaturas en constante ascenso ata o domingo. Hoxe xa foron máis altas as mínimas pero sobre todo a partir de mañá agardamos un aumento notable das máximas con valores que superarán os 30 graos en boa parte de Galicia. Hoxe oscilarán entre os 23 graos previstos na Coruña e os 32 de Ourense. 11-09-2026

Polémica en Ourense pola corta das árbores ao pé da vía do tren. Os veciños din que axudaba a paliar as temperaturas extremas do verán. O Adif xustifica a talla por seguridade ferroviaria | Cúmprense 25 anos dos atentados contra as torres xemelgas en Nova York, con cerca de 3.000 vítimas mortais | Ence anuncia a entrada en servizo na súa fábrica de Pontevedra dun sistema para a reutilización de auga | Novas evidencias de como a música modifica a expresión dos xenes no proxecto Sensoxenoma. 11-09-2026

Polémica en Ourense pola corta das árbores que formaban un corredor verde ao pé da vía do tren. Os veciños din que axudaba a paliar as temperaturas extremas do verán. O Adif xustifica a talla para garantir a seguridade ferroviaria | Cúmprense 25 anos dun dos acontecementos internacionais que quedaron máis marcados na memoria. Os atentados en Nova York, con cerca de 3.000 vítimas mortais | Ence anuncia a entrada en servizo na súa fábrica de Pontevedra dun sistema para a reutilización de auga cun investimento de 30 millóns de euros | Novas evidencias de como a música modifica a expresión dos xenes, no proxecto Sensoxenoma, desenvolvido polo Instituto de Investigación de Santiago. 11-09-2026

O proxecto Sensoxenoma cumpre cinco anos convertendo a música en ciencia e anuncia un novo concerto experimental en Santiago dentro de dúas semanas. Os últimos resultados desta investigación, liderada polo IDIS de Santiago, revelan que a estimulación sonora modificaos xenes das persoas con autismo e tamén que a música deixa pegadas medibles nas nosas proteínas.

A etapa universitaria pode pasar factura á saúde mental dos estudantes. Ansiedade, problemas de sono ou sensación de bloqueo son algúns dos síntomas que os levan a pedir axuda profesional. Os campus galegos contan cun servizo de atención psicolóxica e acaban de desenvolver un protocolo común.

O pleno do Concello da Coruña anula, por unanimidade, os acordos de 1962 que permitiron entregar a casa de Cornide á Familia Franco. BNG e PP criticaron ao goberno de Inés Rey pola lentitude na tramitación, logo da moción aprobada hai sete anos | A Xunta reclama que Pedro Sánchez dimita e convoque eleccións. Os socialistas galegos, en cambio, defenden que os avisos do CNI non foron cocluintes | Axentes da Policía nacional desarticulan unha organización adicada ao narcotráfico en Vigo. A operación saldouse coa detención de cinco persoas | O día mundial para a prevención do suicidio, que se celebra hoxe, ten como obxectivo reducir o estigma sobre este problema ampliando a escoita activa | "Arte para levar". E o proxecto que viaxa estes días pola provincia de Lugo. Nun camión antigo transportan as obras dunha fotógrafa para que poidan ser admiradas polo público. 10-09-2026

Máis nubes no norte por unha fronte cálida que roza o noroeste, nunha xornada na que soben as temperaturas máximas, con valores que oscilan entre os 22 graos na Coruña e os 29 en Ourense. En 25 quedarán en Lugo, Santiago e nas Rías Baixas. 10-09-2026

O pleno do Concello da Coruña anula, por unanimidade, os acordos de 1962 que permitiron entregar a casa de Cornide á Familia Franco | A Xunta reclama que Pedro Sánchez dimita e convoque eleccións trala publicación de informes sobre a entrada masiva en Ceuta | Axentes da Policía nacional desarticulan unha organización adicada ao narcotráfico en Vigo | Reducir o estigma social arredor do suicidio e que deixe de ser un tema tabú. É o que reclaman os especialistas no día mundial para a prevención | Un antigo camión transporta estes días pola provincia de Lugo obras da fotógrafa Esther López, dentro do proxecto Arte para Levar. 10-09-2026

O pleno do Concello da Coruña anula, por unanimidade, os acordos de 1962 que permitiron entregar a casa de Cornide á Familia Franco. Os colectivos en defensa da memoria histórica advirten de que a dilación dos procedementos administrativos pode acabar beneficiando aos herdeiros do ditador | A Xunta reclama que Pedro Sánchez dimita e convoque eleccións trala publicación de informes sobre a entrada masiva en Ceuta. Os socialistas galegos, en cambio, defenden que os avisos do CNI non foron cocluintes | Reducir o estigma social arredor do suicidio e que deixe de ser un tema tabú. É o que reclaman os especialistas no día mundial para a prevención do suicidio. A unidade de psiquiatría no HOspital de Lugo atende a unha media de dous pacientes diarios con este tipo de condutas | Un antigo camión é o encargado de transportar estes días pola provincia de Lugo obras da fotógrafa Esther López, dentro do proxecto Arte para Levar. Unha iniciativa para achegar as creacións plásticas ao público, fóra dos grandes núcleos urbanos. 10-09-2026

Os coles e institutos galegos volveron encherse hoxe de alumnos e alumnas. Arranca o curso para case trescentos mil nenos e adolescentes, uns cinco mil menos que o ano pasado. A matrícula cae en tódalas etapas, pero mantense o número de aulas pola redución do rateo de alumnado por aula. Segue o modelo híbrido entre libro e ordenador e haberá máis profesorado de apoio | Este verán en Galicia foi o máis cálido dende que se teñen rexistros. Así o cualifica Meteogalicia que hoxe deu a coñecer o seu informe dos meses de xuño, xullo e agosto. Foi tamén un verán bastante seco, pero as últimas choivas equilibraron os rexistros | O Deportivo vén de presentar a Marc Casadó como novo xogador branquiazul. O centrocampista chega cedido polo Barcelona ata xuño de 2027 cunha opción de compra ao final da tempada. Casadó, que tamén pode xogar como lateral dereito, formouse nas categorías inferiores do conxunto azulgrana e xa conta cunha notable experiencia no fútbol de alto nivel. 09-09-2026

Recuperamos a influencia anticiclónica despois dunha mañá de néboas e aínda algunha chuvia na Mariña de Lugo. Pola tarde os ceos quedan despexados con algunhas nubes altas. As temperaturas mínimas baixan e as máximas empezan a recuperarse, entre os 21 graos da Coruña e Lugo e os 27 en Vigo e Ourense. 09-09-2026

Arranca o curso para case trescentos mil nenos e adolescentes, uns cinco mil menos que o ano pasado| O grupo Inditex presenta un novo récord de beneficios, preto de 3.000 millóns de euros no primeiro semestre do ano | Marc Casadó é xa novo xogador do Deportivo. O centrocampista chega cedido polo FC Barcelona | Os datos de Meteogalicia confirman que este verán e o máis cálido do que se teñen rexistros, cunha anomalía térmica de 2´3 graos. 09-09-2026