GAL TX1
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 10-09-2026

Anulados os acordos para ceder a Casa Cornide á familia de Franco | Día mundial para a prevención do suicidio | “Arte para levar”, iniciativa en Lugo

10/09/2026 00:24:33
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 10-09-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 10-09-2026
Telexornal Galicia 10-09-2026 00:24:33 10/09/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

O pleno do Concello da Coruña anula, por unanimidade, os acordos de 1962 que permitiron entregar a casa de Cornide á Familia Franco. Os colectivos en defensa da memoria histórica advirten de que a dilación dos procedementos administrativos pode acabar beneficiando aos herdeiros do ditador | A Xunta reclama que Pedro Sánchez dimita e convoque eleccións trala publicación de informes sobre a entrada masiva en Ceuta. Os socialistas galegos, en cambio, defenden que os avisos do CNI non foron cocluintes | Reducir o estigma social arredor do suicidio e que deixe de ser un tema tabú. É o que reclaman os especialistas no día mundial para a prevención do suicidio. A unidade de psiquiatría no HOspital de Lugo atende a unha media de dous pacientes diarios con este tipo de condutas | Un antigo camión é o encargado de transportar estes días pola provincia de Lugo obras da fotógrafa Esther López, dentro do proxecto Arte para Levar. Unha iniciativa para achegar as creacións plásticas ao público, fóra dos grandes núcleos urbanos. 10-09-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado