Anulados os acordos para ceder a Casa Cornide á familia de Franco | Día mundial para a prevención do suicidio | “Arte para levar”, iniciativa en Lugo
10/09/2026 00:10:05O pleno do Concello da Coruña anula, por unanimidade, os acordos de 1962 que permitiron entregar a casa de Cornide á Familia Franco. BNG e PP criticaron ao goberno de Inés Rey pola lentitude na tramitación, logo da moción aprobada hai sete anos | A Xunta reclama que Pedro Sánchez dimita e convoque eleccións. Os socialistas galegos, en cambio, defenden que os avisos do CNI non foron cocluintes | Axentes da Policía nacional desarticulan unha organización adicada ao narcotráfico en Vigo. A operación saldouse coa detención de cinco persoas | O día mundial para a prevención do suicidio, que se celebra hoxe, ten como obxectivo reducir o estigma sobre este problema ampliando a escoita activa | "Arte para levar". E o proxecto que viaxa estes días pola provincia de Lugo. Nun camión antigo transportan as obras dunha fotógrafa para que poidan ser admiradas polo público. 10-09-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado