Capturado un veleiro con máis de 2.000 quilos de cocaína | Reforzo educativo para mellora da comprensión lectora | Día Mundial do Alzhéimer
21/09/2026 00:09:59Descarga no porto de Vigo de máis de 2.000 quilos de cocaína, intervidos a bordo dun veleiro que navegada a 400 millas da costa. É a maior cantidade intervida ata agora neste tipo de embarcación | Activada a alerta vermella por altas temperaturas no interior da provincia de Pontevedra. O aviso é de nivel amarelo no interior da Coruña, a montaña de Ourense e nas Rías Baixas | A Xunta aproba o Marco galego de impulso educativo pra reverter os malos resultados do informe PISA. Un plan no que se priorizará a compresión lectora e o razonamento matemático | Tralo desastre nos resultados do Informe Pisa, sobre todo en comprensión lectora, os pediatras advirten sobre o efecto negativo do uso abusivo de pantallas por nenos e adolescentes e piden limitar o tempo que pasan ante dispositivos electrónicos | Hoxe, Día Mundial do Alzhéimer, as asociacións saen á rúa para visibilizar unha enfermidade que, xunto con outras demencias, afecta xa a preto de 70.500 persoas en Galicia. 21-09-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado