420 hectáreas arrasadas no incendio de Quiroga | Protesta de pais na primeira semana de curso | Traballos para conter a vertedura de xurro de Tordoia
17/09/2026 00:10:02O lume considérase xa prácticamente estabilizado en Quiroga, despois de arrasar máis de 400 hectáreas, e de que se chegase a activar, durante horas, o nivel dous de risco pola proximidade a núcleos habitados. Os equipos de extinción céntranse agora en labores de limpeza e humedecer o terreo | Na Coruña, a Xunta anuncia a rehabilitación integral do colexio de Prácticas, despois de que hai uns días caesen cascallos de parte dunha cornixa | Os grupos da oposición referíronse hoxe á contratacion de traballabadores sen papeis para a vendima do ano pasado, na adega da familia do conselleiro de emprego, que foi sancionada pola Inspección de Traballo | | Continúan os traballos para conter a vertedura de xurro en Tordoia trala rotura dunha foxa nunha granxa. O concello de Santiago non descarta que poida chegar ao Tambre e afectar ao punto de captación que abastece a cidade . 17-09-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado