Vacina antigripal reforzada a partir dos 65 anos | Incendio forestal en Silleda | A Coruña e Santiago reclaman os fondos estatais para vivenda
18/09/2026 00:10:03A vacina antigripal reforzada será administrada a toda a poboación maior de 65 anos. É unha das novidades anunciadas pola consellería de Sanidade para a campaña de vacinación contra a gripe e a Covid | A seca mantén moi alto o risco de incendios. En Silleda, os equipos de extinción loitan contra un lume forestal que se declaraba na parroquia de Oleiros. Preocupa a cercanía do lume aos petróglifos de Chao de Petos, en Castro Montaz | Fronte común da Coruña e Santiago ante a Xunta. As alcaldesas Inés Rey e Goretti Sanmartín escenifican a súa alianza para esixir a transferencia directa de 5,11 millóns de euros de fondos estatais de vivenda | Cita esta fin de semana na Coruña, pra os amantes dos deportes urbanos. Celébrase por primeira vez, Graviteo, un evento que reúne a participación cidadá ca competición internacional en disciplinas como a escalada de velocidade ou o parkour . 18-09-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado