GAL TX1
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 22-09-2026

Iago Aspas, na campaña do mexillón galego | Sigue adiante a Lei de Educación Dixital | Visibilidade para os avances na investigación do cancro

22/09/2026 00:23:59
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 22-09-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 22-09-2026
Telexornal Galicia 22-09-2026 00:23:59 22/09/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Iago Aspas, novo embaixador do mexillón galego. O rostro do xogador do Celta, alcumado como príncipe das bateas, é o elexido para participar na nova campaña do Consello regulador da Denominación de Orixe Mexillón de Galicia. Un sector que pechou o ano pasado cunha facturación de 124 millóns de euros | O Parlamento rexeita, coa maioría do Partido Popular, as enmendas á Lei de Educación Dixital impulsada pola Xunta, que busca regular os uso das pantallas e a intelixencia artificial nas aulas. Os grupos da oposición reprochan á Consellería falta de diálogo coa comunidade educativa | A Unión de Produtores de Leite propón un sistema de compra colectiva de forraxes, coa axuda da intelixencia artificial ante o encarecemento dos custos, agravado pola seca. Contempla elaborar unha previsión das necesidades para mercar no momento oportuno e conseguir mellores presos | Os avances científicos están a permitir constantes melloras na supervivencia e na calidade de vida dos pacientes de cancro. Así o queren facer visible voluntarios, investigadores e afectados pola enfermidade, da que cada ano se diagnostican máis de 17.000 casos en Galicia. 22-09-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado