Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Aumento da inestabilidade, coa chegada de aire frío e a aproximación dun centro de baixas presións. Ceos moi nubrados na metade oeste, onde as temperaturas máximas sofren un notable descenso, con orballos a primeiras e derradeiras horas do día. Pola tarde medran nubes de evolución que poden derivar en chuvascos tormentosos, máis probables na provincia de Lugo

En boa sintonía. Así se amosaban Alfonso Rueda e Abel Caballero, logo da súa xuntanza de hoxe. Presidente da Xunta e Alcalde de vigo, Dispostos a chegar a acordos e deixar atrás anos de enfrontamento institucional | As vivendas turísticas que levan anos operando sen licenza en Santiago non poderán ser regularizadas. Así o establece a nova ordenanza municipal, aprobada cos votos do BNG e Compostela aberta, os grupos do goberno, e os socialistas, aos que o seu partido anunciou medidas disciplicarias | O Parlamento aproba, só cos votos do PP, a tramitación da Lei de aproveitamento dos recursos naturais, que regulará os beneficios da enerxía eólica e a minaría a través dunha empresa público-privada. A oposición acusa a Rueda de defender só intereses de grupos foráneos | A cantante de ópera Teresa Berganza lucíu nos seus recitais fermosos vestidos de grandes deseñadores. Agora moitas desas prendas pódense ver nunha exposición en Santiago, xunto a bocetos orixinais que modistos como Christian Lacroix, ou Yves Sant Laurent fixeron especialmente para ela

Alfonso Rueda e Abel Caballero, dispostos a chegar a acordos e deixar atrás anos de enfrontamento institucional | As vivendas turísticas que levan anos operando sen licenza en Santiago non poderán ser regularizadas. Así o establece a nova ordenanza municipal, aprobada cos votos do BNG e Compostela aberta | O Parlamento aproba, só cos votos do PP, a tramitación da Lei de aproveitamento dos recursos naturais, que regulará os beneficios da enerxía eólica e a minaría a través dunha empresa público-privada | | Varios encoros proban hoxe o funcionamento das sirenas de aviso á poboacion en caso de problemas nas presas | A cantante de ópera Teresa Berganza lucíu nos seus recitais fermosos vestidos de grandes deseñadores. Agora moitas desas prendas pódense ver nunha exposición en Santiago

Alfonso Rueda e Abel Caballero, dispostos a chegar a acordos e deixar atrás anos de enfrontamento institucional. O presidente da Xunta e o alcalde de Vigo, rematan a xuntanza mantida hoxe, na cidade olívica, con declaracións de "boa sintonía" | Cómo repartir os beneficios que xeran os recursos naturais, como a enerxía renovable ou a explotación de minas. É o contido da Lei que hoxe comezou a tramitarse no Parlamento, só co apoio do Partido Popular, é que contempla a creación da empresa mixta, publico-privada, Recursos de Galicia | Varios encoros proban hoxe o funcionamento das sirenas de aviso á poboacion en caso de problemas nas presas. Primeiro cunha voz de advertencia e de contado co son da bucina | Expóñense en Santiago os vestidos que a cantante lírica Teresa Berganza luciu sobre os escenarios de medio mundo. Alta costura deseñada polos máis prestixiosos modistos da época, como Yves Saint Laurent ou Christian Lacroix

A chegada de aire cálido en superficie deixa unha xornada de ceos despexados en xeral, con Intervalos de nubes baixas no terzo norte. Pola tarde espéranse nubes de evolución na provincia de Ourense e sur de Lugo, e entrada de brétemas polo litoral á noite. As temperaturas mínimas sen cambios, mentres que as máximas experimentan un ascenso significativo

Limpeza e retirada das toneladas de refugallos nos areais trala celebración do San Xoán. En toda Galicia, máis de mil chamadas aos servizos de emerxencias | Protesta de gandeiros contra unha empresa de distribución, polas ofertas de leite por debaixo do custo de producción | A Xunta autoriza a creación dunha nova Facultade de Ciencias da Saúde, que comenzará por impartir estudos de Psicoloxía | Visto para sentenza o xuízo polas irregularidades no guindastre municipal de Lugo, hai trece anos, que se converteu na causa inicial da operación Pokémon | Constancia e organización para compaxinar a vida familiar e o traballo, cos estudos. E é a fórmula que lle permitiu a Raúl Ibáñez, ribeirense de 41 anos, superar con nota as probad da ABAU

Xornada de Limpeza e retirada das toneladas de refugallos que acumulan os areais trala celebración do San Xoán. En Riazor foron unhas 160.000 persoas congregadas na Noite do lume e as sardiñas. En toda Galicia, máis de mil chamadas aos servizos de emerxencias, que rexistraron case 300 incidencias, aínda que ningunha grave | A Xunta autoriza a creación dunha nova Facultade de Ciencias da Saúde, que comenzará por impartir estudos de Psicoloxía. Este será, ademáis, o primeiro centro da Universidade privada que promove Abanca na Coruña. O Consello celebrado hoxe tamén declarou como proxecto industrial estratéxico a mina de Cobre San Rafael nos concellos do Pino e Touro | A Xunta asina un convenio co Instituto Camoes de Portugal para poder acreditar o coñecemento da lingua portuguesa nos centros educativos de secundaria | 

Xornada de Limpeza e retirada das toneladas de refugallos que acumulan os areais trala celebración do San Xoán. En Riazor foron unhas 160.000 persoas congregadas na Noite do lume e as sardiñas. En toda Galicia, máis de mil chamadas aos servizos de emerxencias, que rexistraron case 300 incidencias, aínda que ningunha grave | A Xunta autoriza a creación dunha nova Facultade de Ciencias da Saúde, que comenzará por impartir estudos de Psicoloxía. Este será, ademáis, o primeiro centro da Universidade privada que promove Abanca na Coruña. O Consello celebrado hoxe tamén declarou como proxecto industrial estratéxico a mina de Cobre San Rafael nos concellos do Pino e Touro | A Xunta asina un convenio co Instituto Camoes de Portugal para poder acreditar o coñecemento da lingua portuguesa nos centros educativos de secundaria | 

Primeiro do día do verán e o sol abrese paso tímidamente nunha fin de semana na que chega o agardado anticiclón co que subirán as temperaturas. Notarano sobre todo na metade sur. Un ascenso térmico que será máis acusado o domingo cando os termómetros poden acadar os 30 graos en Pontevedra e os 31 en Ourense 

Os alumnos cos mellores expedientes da Abau,recoñecidos nun acto no Coliseum da Coruña. É o ano coas mellores cualificacións da historia das probas, e na fase xeral, un de cada tres centros chegou ao notable de media | Comenza en moitos lugares os preparativos para a noite de San Xoan. Na Coruña espérase a máis importante, coa participación dunhas 150.000 persoas na praia de Riazor. En Nigrán, o concello advirte de multas de ata 200.000 euros para evitar danos como os producidos en anos anteriores no espazo natural protexido xunto ao areal de Panxón | Movemento de Veciños de varias parroquias do concello de Lugo en oposición á instalación dunha planta de produción de metano, a partir de resíduos orgánicos procedentes da industria alimentaria. Critican o impacto que os malos cheiros pode provocar nas casas máis próximás á instalación, que prevé a ocupación de seis hectáreas | O arquitecto británico David Chipperfield presenta un novo centro para difundir as iniciativas da sua fundación, no casco histórico de Santiago. É a Casa RIA, situada nun edificio que acolleu ata mediados do século XX un sanatorio, e que foi rehabilitado polo propio arquitecto, premio Pritzker. Contará cunha sala de exposición aberta ao público ademais de oficinas da fundación e unha residencia para estudantes

Os alumnos cos mellores expedientes da Abau,recoñecidos nun acto no Coliseum da Coruña. É o ano coas mellores cualificacións da historia das probas, e na fase xeral, un de cada tres centros chegou ao notable de media | Comenza en moitos lugares os preparativos para a noite de San Xoan. Na Coruña espérase a máis importante, coa participación dunhas 150.000 persoas | Veciños de varias parroquias do concello de Lugo en oposición á instalación dunha planta de produción de metano, a partir de resíduos orgánicos procedentes da industria alimentaria | Negociación dunha moción de censura en Ourense, co BNG disposto a que se presente xa cun candidato alternativo socialista | O arquitecto británico David Chipperfield presenta un novo centro para difundir as iniciativas da sua fundación, no casco histórico de Santiago. É a Casa RIA, situada nun edificio que acolleu ata mediados do século XX un sanatorio

Homenaxe no Coliseum da Coruña dos alumnos aos mellores expedientes da Abau celebran no Coliseum da Coruña organizado pola Xunta e as tres universidades. É o ano coas mellores cualificacións da historia das probas, e na fase xeral, un de cada tres centros chegou ao notable de media | Preparatidos para o San Xoán na Coruña, onde se conta cunhas 150.000 persoas na Praia de Riazor. Máis de 650 efectivos forman o dispositivo para a celebración |  Negociación dunha moción de censura en Ourense, co BNG disposto a que se presente xa cun candidato alternativo socialista. Mentres o PSdeG-PSOE non se pecha o acordo e o Partido Popular di que nacionalistas e socialistas que acorden | O arquitecto británico David Chipperfield abre no casco histórico de Santiago 'Casa Ria'. Un novo centro para difundir as iniciativas da sua fundación, que promove proxectos arquitectónicos e urbanísticos aliñados coa sostibilidade ambiental, económica e social do territorio

Comeza o verán entre altas e baixaspresións. Un corredor de ventos do norte trae nubes baixas e chuviasnas provincias da Coruña e Lugo. Á tarde os ceos quedarán parcialmente cubertos, e os chuvascos serán máis probables na metade leste, no interior. As temperaturas apenas soben, con valores baixos para a época do ano, máximas de 18 graos na Coruña a 23 en Ourense

A sardiña é xa a protagonista en lonxas e mercados, a 3 días para a noite de San Xoán. O prezo rolda os 6 euros ao quilo e os praceiros non cren que suba demasiado porque haimoitacantidade. Os mariñeirosquéixanxe do pouco beneficio que lle sacan|Acidade de Santiago paraliza durante un ano a concesión de novas licenzas de negocios relacionados co turismo no casco histórico. O Concello quereprotexer así o comercio de proximidade, unha medida que se suma á restricción de novosaloxamentos e a solicitude de implantar a taxa turística| Galicia pecha unha primavera máis cálida e húmida do normal, cun 46% máis de precipitacións. E o balance da AEMET que prevé en Galicia un verán previsiblemente caloroso e seco e cun aumento de actividadefuracanada no Atlántico|

A sardiña é xa a protagonista en lonxas e mercados, a 3 días para a noite de San Xoán. O prezo rolda os 6 euros ao quilo e os praceiros non cren que suba demasiado porque haimoitacantidade|Acidade de Santiago paraliza durante un ano a concesión de novas licenzas de negocios relacionados co turismo no casco histórico|Galicia pecha unha primavera máis cálida e húmida do normal, cun 46% máis de precipitacións. E o balance da AEMET que prevé en Galicia un verán previsiblemente caloroso eseco|Uns 5.000 ascensores poderían quedar paralizados a partir do 1 de xullo, en Galicia, se non pasan antes a inspección técnica periódica|O fundador e director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, XoséLoisFoxo, loce orgulloso a medalla ao mérito Civil entregada por Filipe VI, na celebración do seu décimo aniversario como Rei| 

A sardiña é xa a protagonista en lonxas e mercados, a 3 días para a noite de San Xoán. O prezo rolda os 6 euros ao quilo e os praceiros non cren que suba demasiado porque haimoitacantidade. Os mariñeirosquéixanxe do pouco beneficio que lle sacan|Acidade de Santiago paraliza durante un ano a concesión de novas licenzas de negocios relacionados co turismo no casco histórico. O Concello quereprotexer así o comercio de proximidade, unha medida que se suma á restricción de novosaloxamentos e a solicitude de implantar a taxa turística|Uns 5.000 ascensores poderían quedar paralizados a partir do 1 de xullo, en Galicia, se non pasan antes a inspección técnica periódica. As empresas do sector piden aogoberno que amplíe o prazo para que as comunidades de propietarios poidan adecuarse áosnovos requisitos de seguridade|O fundador e director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, XoséLoisFoxo, loce orgulloso a medalla ao mérito Civil entregada por Filipe VI, na celebración do seu décimo aniversario como rei. A Casa Real recoñece así a traxectoria do gaiteiro e musicólogo, creador dunha formación coa que percorreu os cinco continentes difundindo a música tradicional galega

Celebración do décimo aniversario de Filipe VI como rei e xefe do Estado, con entrega da Orde do Mérito Civil a 19 cidadáns en representación das comunidades e cidades autónomas. Entre eles, o director da Real Banda de Gaitas de Ourense, Xosé Luís Foxo | O ministro de Transición Dixital presenta a AESIA, Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial, con sede na Coruña | Os socialistas do Carballiño e o Partido Popular chegan a un acordo para gobernar o concello en coalición. O pacto contempla que o socialista Francisco Fumega cederá a alcaldía no último ano de mandato, e desactiva o intento de moción de censura promovida por Espazo Común | Hoxe sae á venda 'Cuando la tormenta pase', a última novela do escritor pontevedrés Manel Loureiro. Un thriller trepidante, ambientado na illa de Ons, a única habitada do parque nacional das Illas Atlánticas, que narra a rivalidade entre dous clans familiares 

O ocupantes desaloxan o edificio da ronda de Nelle, na Coruña, logo do incendio declarado nas últimas horas, que, se sospeita, foi provocado. Os veciños aseguran que máis de cen persoas convivían no inmoble en condicións de insalubridade | A Xunta asegura que o 80 % Médicos residentes de familia aceptan participar no programa do Sergas para reforzar a atención primaria este verán. Poderán elexir entre asumir o cupo dun facultativo, prolongar xornada ou facer gardas nos PAC, dentro plan de cobertura de necesidades médicas, que comenza hoxe | Un sistema para conectar os barcos que están en Porto á rede eléctrica e reducir así o seu consumo de combustibles fósiles. É o obxectivo do proxecto Fisterra, presentado hoxe por unha empresa de Lugo, en colaboración coa Universidade de Vigo | Un apicultor de Cervantes, na montaña de Lugo, captou varias visitas dun oso para alimentarse das súas colmeas. As cámaras que instalou anos tras sofrir outros ataques anos atrás, recolleron estas imaxes, este mesmo mes, cos os conseguintes estragos. Di que unhas 40 colmeas da sua explotación resultaron danadas, e botáronse a perder uns 800 quilos de mel

Xornada de inestabilidade atmosférica por aire frío en capas altas. intervalos nubrados con chuvascos, localmente treboentos e ocasionalmente fortes, máis probables na segunda metade do día. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios

O ocupantes desaloxan o edificio da ronda de Nelle, na Coruña, logo do incendio declarado nas últimas horas, que, se sospeita, foi provocado | A Xunta asegura que o 80 % Médicos residentes de familia aceptan participar no programa do Sergas para reforzar a atención primaria este verán | Un sistema para conectar os barcos que están en Porto á rede eléctrica e reducir así o seu consumo de combustibles fósiles. É o obxectivo do proxecto Fisterra, presentado hoxe por unha empresa de Lugo | O Tribunal Superior de Xustiza decreta a suspensión cautelar de outros seis parques eólicos autorizados pola Xunta, polo risco de que a súa construción cause danos irreversibles no entorno | Un apicultor de Cervantes, na montaña de Lugo, captou varias visitas dun oso para alimentarse das súas colmeas |