Chegan a Vigo os buques do Grupo de Combate da Armada Dédalo, despois de participar en exercicios da OTAN no Mar Báltico, con efectivos dos 19 países aliados. Confórmano o portavións máis grande do exército español, un buque anfibio e unha fragata | Traballadores da automoción maniféstanse en Santiago para alertar, din, da precariedade no sector. Critican que Stellantis reciba subvencións públicas ao tempo que deslocaliza a sua produción | No Parlamento, debate sobre a suba do canon que Sogama cobra aos concellos polo tratamento do lixo. O presidente da Xunta atribuea á entrada en vigor dunha normativa europea, decidida polo goberno central | Hoxe comeza o periodo de matriculación nas tres universidades galegas. 78 titulacións xa pecharon o seu cupo
Estudantes de último curso de MIR pasan xa consulta nos centros de primaria, supervisados por titores, para cubrir vacantes durante o verán | O conselleiro de Sanidade anuncia un plan para aliviar aos facultativos de tarefas burocráticas | O presidente de Abanca Juan Carlos Escotet estará a fronte do Deportivo da Coruña a partir do ano que vén | O grupo Inditex fai cambios na cúpula directiva, para dar entrada a Flora Pérez, nai de Marta Ortega, e a Belén Romana, ex presidenta da Sareb | Conductores sorprendidos pola suba da marea. Imaxes que se repiten nesta época, debido ao despiste dos visitantes acerca dos cambios que experimenta o nivel no mar | Comprender como é a experiencia das persoas maiores nunha gran superficie. É o que se pretende mediante o emprego dun traxe especial, que recrea as dificultades de mobilidade ou audición, nunha iniciativa dirixida a empregados do grupo Vegalsa
Médicos estudantes de último curso de MIR pasan xa consulta nos centros de primaria, supervisados por titores, para cubrir vacantes durante o verán. O conselleiro de Sanidade anuncia un plan para aliviar aos facultativos de tarefas burocráticas que agora lles ocupan un 30 por cento do seu tempo de traballo | O grupo Inditex fai cambios na cúpula directiva, para dar entrada a dúas mulleres: Flora Pérez, nai de Marta Ortega, e a Belén Romana, ex presidenta da Sareb. A xunta xeral de accionistas aprobou tamén o reparto anual dun divivendo que ascende a 4.800 millóns de euros | Coches aparcados na beira do mar, pese aos sinais de prohibición, e conductores sorprendidos pola suba da marea. Imaxes que se repiten, sobre todo en verán, debido ao despiste dos visitantes acerca dos cambios que experimenta o nivel no mar no litoral atlántico | Comprender como é a experiencia das persoas maiores nunha gran superficie. É o que se pretende mediante o emprego dun traxe especial, que recrea as dificultades de mobilidade ou audición, nunha iniciativa dirixida a empregados do grupo Vegalsa, en colaboración coa cruz vermella, co obxectivo de crear un ambiente máis seguro e inclusivo á hora de facela compra
O paso dunha fronte que arrastra moita humidade déixa ceos nubrados con chuvias, máis frecuentes e intensas na fachada atlántica, e que irán diminuindo co avance da tarde. As temperaturas máximas descenden, máis significativamente no interior
Médicos Estudantes de último curso de MIR pasan xa consulta nos centros de primaria, supervisados por un titor. É unha medida do plan de reforzo do Sergas para cubrir vacantes durante o verán | Flora Pérez, a nai de Marta Ortega- e Belén Romana, ex presidenta da Sareb, son novas conselleiras de Inditex. A xunta de accionistas da multinacional aprobou o reparto dun dividendo de máis de 4.800 millóns | O presidente de Abanca Juan Carlos Escotet estará a fronte do Deportivo da Coruña a partir do ano que vén | A policia local de Vigo pide que o condutor de 95 anos que atropelou aos clientes nunha terraza se someta a unha revisión psicotécnica extraordinaria. Trátase de determinar se mantén as facultades necesarias para conducir
Os ceos máis nubrados, con entrada de choivas polo oeste, á tarde, que se irán xeneralizando pola noite. As temperaturas mínimas experimentan un moderado ascenso e as máximas con ascensos significativos ao norte. O vento, de compoñente sur, con intervalos fortes no litoral da provincia da Coruña
Toneladas de lixo acumúlanse nas rúas da Coruña, nunha nova xornada de paro convocada polo sindicato dos traballadores da limpeza, O Concello ameaza con sancións á empresa concesionaria se non se cumpren os servizos mínimos e non descarta declarar a emerxencia sanitaria | Continúa ingresada en Vigo unha das vítimas do atropelo múltiple protagonizado por un condutor de 94 anos. Estaba a aparcar o seu coche automático, nunha rúa do centro da cidade, e levou por por diante aos clientes sentados na terraza dun restaurante | Identificar as árbores, detectar pragas ou controlar o nivel hídrico dun terreo. Son opcións dispoñibles grazas á ferramenta de dixitalización presentada no Centro de Investigacións forestais de Lourizán. Permite facer un seguemento preciso das condicións en que se atopa cada exemplar, ainda en areas moi extensas | Coa celebración do último curro, a localidade de Sabucedo remata a Rapa das Bestas, un rito para o mantemento saúdable dos animais con varios séculos de tradición, declarado de interese turístico internacional, e que congregou a uns 20.000 asistentes ao longo da fin de semana
Toneladas de lixo acumúlanse nas rúas da Coruña, nunha nova xornada de paro convocada polo sindicato dos traballadores da limpeza | Continúa ingresada en Vigo unha das vítimas do atropelo múltiple protagonizado por un condutor de 94 anos | Identificar as árbores, detectar pragas ou controlar o nivel hídrico dun terreo. Son opcións dispoñibles grazas á ferramenta de dixitalización presentada no Centro de Investigacións forestais de Lourizán | As vítimas do caso Maruxaina, que foron gravadas sen permiso mentras orinaban na rúa, manteñen a reclamación de que se identifique aos responsables de difundir as súas imaxes en webs pornográficas | Coa celebración do último curro, a localidade de Sabucedo remata a Rapa das Bestas, un rito para o mantemento saúdable dos animais con varios séculos de tradición
Toneladas de lixo sen retirar nas rúas da Coruña, nunha nova xornada de paro convocada polo sindicato dos traballadores da limpeza. O Concello advirte de que imporá sancións á empresa concesionaria se non se cumpren os servizos mínimos | Un home de 94 anos, ingresado en Vigo tralo atropelo múltiple na terraza dun céntrico restaurante. O condutor, de 95 anos, estaba aparcando cun coche automático e remontou a beirarrúa | As vítimas do caso Maruxaina, que foron gravadas sen permiso mentras orinaban na rúa, manteñen a reclamación de que se identifique aos responsables de difundir as súas imaxes en webs pornográficas | Os cabalos volven esta tarde quedar ceibos nos montes da parroquia de Sabucedo, no concello da Estrada, logo de celebrar o último curro da Rapa das Bestas
Ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, agás na Mariña. As temperaturas empezan a descender lixeiramente, ainda que se superarán os 30 graos na metade sur. Pola noite espérase a chegada dunha fronte, que deixará chuvascos a mañá do sábado, cun descenso xa notable de temperaturas, sobre todo as máximas. O domingo volverán os ceos pouco nubrados. 05-07-2024
Ás Illas Cíes rexistran o primeiro cheo da temporada de verán, aoesgotar o cupo disponible de 1.800 prazas diarias|Os turistas, en xeral, din que a taxa que pretende cobrar o concello de Santiago, de entre un e dous euros e medio por día de estancia,non cambiaría os seusplans de coñecer a cidade. O Cluster que representa as empresas turísticas amosa, en cambio, a sua oposición frontal| Capturadas unas 113 mil raiñas de avespa velutina dende principios deste ano, co plan de choque da Xunta e os concellos| Renfe pon á venda os billetes a prezos reducidos para viaxar de Galicia a Madrid nos trens de alta velocidade de baixo custo| Artesáns de toda Galicia danse cita no entorno dos Pendellos de Agolada, un conxunto histórico artístico onde comenza unha das máis importantes feirasmáis para o sector. 05-07-2024
Os viaxeiros embarcan no catamarán ás Illas Cíes, que rexistran o primeiro cheo da temporada de verán, ao esgotar o cupo disponible de 1.800 prazas diarias.... As reservas solicítanse cada vez con máis antelación, e xa está completa algunha das fins de semana de agosto. No espazo natural seguen os traballos para eliminar especies invasoras como o eucalipto| Ataxa turística que pretende implantar o concello de Santiago suscita diferentes reaccións entre os sectores afectados. Os visitantes, en xeral, din que a medida, que suporía cobrar entre un e dous euros e medio por día de estancia, non cambiaría os seusplans de coñecer a cidade. O Cluster que representa as empresas turísticas amosa, en cambio, a sua oposición frontal|O Plan de Choche contra a avespa velutina deixa un saldo de 113 mil raíñas capturadas en toda Galicia no que vai de ano. Segundo o balance feito público pola Xunta, os avisos recibidos durante os últimos seis meses descenderon nun 60 por cento, ao evitarse a formación de niños primarios. Durante o ano pasado foron retirados uns 30 mil avespeiros de velutinas | Artesáns de toda Galicia danse cita no entorno dos Pendellos de Agolada, un conxunto histórico artístico onde comenza unha das máis importantes feirasmáis para o sector. O obxectivo dar a coñecer e poñer en valor os oficios tradicionais e a sinerxia entre as distintas disciplinas, dende a ourivería, a alfarería, ou a cerámica, ata a elaboración de instrumentos musicais ou xoguetes. 05-07-2024
As Illas Cíes rexistran o primeiro cheo da temporada de verán, ao esgotar o cupo disponible de 1.800 prazas diarias. As reservas solicítanse cada vez con máis antelación, e xa está completa algunha das fins de semana de agosto|O Plan de Choche contra a avespa velutina deixa un saldo de 113 mil raíñas capturadas en toda Galicia no que vai de ano. Segundo o balance da Xunta, os avisos recibidos durante os últimos seis meses descenderon nun 60 por cento|Renfe pon á venda os billetes a prezos reducidos para viaxar de Galicia a Madrid nos trens de alta velocidade de baixo custo. Dentro de dez días comezará a circular un Avlo diario en cada sentido con partida e chegada nas estacións de Vigo e A Coruña. 05-07-2024
A drástica caída dos prezos da ameixa provoca o amarre da flota marisqueira na Ría de Vigo. Din que non lles compensa faenar por apenas tres euros o quilo. Ben diferente do caso do polbo, que, unha vez rematada a veda, está de volta naslonxas, cunha cotización que chegaaos 20 euros o quilo nos mercados|Oconcello de Santiago quere cobrar entre un e 2 euros e medio a cada visitante, por cada día que se aloxe na cidade. E o proxecto de taxa turística, que acaba de presentarlle á Xunta, similar á que teñenxa implantada outros destinos como Barcelona e Mallorca. Aspira a recadar uns tres millóns de euros ao ano|Arranca con tódalas entradas esgotadas, o festival Portamérica, na azucreira de Portas, cerca de Vilagarcía. O certame que xuntanatureza e alta gastronomía cunhaoferta musical na que destacan artistas como Aitana, Juanes ou Vetusta Morla| Comenzou a súacarreirahaiagora 40 anos, cando tiña so 13, cunha actuación no auditorio de Castrelos. O gaiteiro Carlos Núñez volvecunhaxiraeste verán, centrada nos lugares que lle son especialmente emblemáticos. Nun deles, o miradoiro de Monteferro, fálanos do seu último disco e fai un repaso da suatraxectoria musical. 04-07-2024
Continúa a influencia anticiclónica, con ceos despexados e máisnubrados no litoral norte e noroeste, que irán diminuíndopola tarde. As temperaturas experimentan un lixeiro ascenso, tanto nas mínimas como nas máximas, que serán máis altas canto máisao sur, ata chegaraos 34 graos en Ourense. 04-07-2024
Caída drástica dos prezos da ameixa, que provoca o amarre da flota marisqueira na Ría de Vigo. Din que non lles compensa faenar para obter apenas tres euros por quilo|Oconcello de Santiago quere cobrar entre un e 2 euros e medio a cada visitante, por cada día que se aloxe na cidade|Hoxe remata o prazo para matricularse na Formación Profesional, unsestudos que ofertan para o curso que ven 47 mil prazas en Galicia, un once por centomáis que o curso pasado| Arranca con tódalas entradas esgotadas, o festival Portamérica, na azucreira de Portas, cerca de Vilagarcía. O certame que xuntanatureza e alta gastronomía cunhaoferta musical| O gaiteiro Carlos Núñez volvecunhaxiraesteverán, centrada nos lugares que lleson especialmente emblemáticos. 04-07-2024
Os mariscadores da Ría de Vigo que capturan ameixadecidiron parar a actividade polos baixosprezos en lonxa. Din que non lles compensa traballar porque o tope son 20 kilos diarios e estes días o quilo de ameixabaixou ata os tres euros|O concello de Santiago cree que coa taxa turística que quere implantar podería recadar uns 3 millóns de euros anuais e propón que cada turista pague ata 2 euros e medio, por día de estadía hoteleira na cidade|As obras do novo Complexo Hospitalario da Coruña xacontancunnovoaparcadoiro provisional para os traballadores que estará dispoñible a partir do día 12 | Carlos Núñez volvepercorrer Galicia este verán coa súaxira "Lugares máxicos, cando se cúmpren 40 anos da súaprimeira actuación en Castrelos, cando tiña 13. 04-07-2024
Atopado no encoro de Belesar o cadaver do mozo ao que se lle perdera o rastro cando pescaba xunto a un compañeiro. Os equipos da Garda Civil recuperan tamén nese encoro o corpo sen vida do bañista de 58 anos, que desaparecera en Taboada, tras saltar dende o pantalán do Club Náutico |O concello de Vigo suma medidas para frear a proliferación de pisos turísticos, coa retirada de axudas á rehabilitación de vivendas baleiras que vaian ser destinadas a esa actividade. No conxunto de Galicia, as vivendas turísticas aumentaron un 21 por cento no último ano|Comeza a funcionar o programa do Sergas para cubrir con Médicos voluntarios as vacantes de persoal durante as vacacións. Algúns facultativos duplican xornada en centros de saúde, como o de Xunqueira de Ambía, en Ourense | Noutro tempo serviron de peza central das celebración populares. Son os palcos da música, que en moitos casos permanecen agora no abandono. Un proxecto impulsado polo CSIC pretende catalogalos para recuperar a súa memoria e darlles unha segunda vida como espazo para actividades culturais. 03-07-2024
Seguimos con tempo seco e ceos despexados polo menos ata o sábado cando xa aparece nos prognósticos a chegada dunha fronte pouco activa con algo de chuvia. De momento, hoxe, tempo de verán, cos termómetros en valores semellantes aos destes días. 03-07-2024
Dúas persoasmorren afogadas nas últimas horas no encoro de Belesar. Os mergulladores da Garda Civil localizan no Páramo ao pescador de 26 anos e en Taboada o home que saltara a auga a pasada tarde |O concello de Vigo suma medidas para frear a proliferación de pisos turísticos, coa retirada de axudas á rehabilitación de vivendas baleiras que vaian ser destinadas a esa actividade|Comeza a funcionar o programa do Sergas para cubrir con Médicos voluntarios as vacantes de persoal durante as vacacións| Os palcos da música, en moitos casos permanecen no abandono. Un proxecto impulsado polo CSIC pretende catalogalos para recuperar a súa memoria. 03-07-2024