Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os ocupantes desaloxan o edificio da ronda de Nelle, na Coruña, logo do incendio declarado nas últimas horas, e que, se sospeita, foi provocado. Os veciños aseguran que máis de cen persoas convivían no inmoble en condicións de insalubridade | Mais dun cento de alumnos de cuarto curso de médicos internos residentes manifestaronlle xa á Consellería de Sanidade a súa vontade de participar no plan de verán para manter a atención primaria nos Centros de Saúde | O Tribunal Superior de Xustiza decreta a suspensión cautelar de outros seis parques eólicos autorizados pola Xunta, polo risco de que a súa construción cause danos irreversibles no entorno. Con estas, elévanse a 49 as suspensións de novos parques eólicos e só tres dos proxectos presentados cumpren cos requisitos mediambiantais | Un apicultor de Cervantes, na montaña de Lugo, grava a un oso alimentándose das súas colmeas. O oso, un exemplar novo, non se asustou da presenza humana, únicamente das luces

Unha borrasca deixa ceos moi nubrados con chuvias no oeste, que serán fortes e que se espallarán polo resto da Comunidade. A fronte fría, que se notará especialmente pola tarde deixará ventos fortes no litoral atlántico. A s temperaturas, en lixeiro ascenso 

Os avións de combate Eurofihgter chegan ao aeroporto de Santiago, para comenzar a operación Eagle Eye | As dependentas de Inditex reclaman, cun peche nas instalacións de Arteixo, melloras específicas para a provincia da Coruña | Sete mozos chegados de Mali, fuxindo da guerra, levan dende xaneiro na Coruña, sen papeis, e sen medio de vida | A ministra de Sanidade insiste en que non permitirá que os médicos residentes de último ano pasen consulta sen supervisión, tal como ten previsto o Sergas, ante a escaseza de facultativos para o verán | Os deportistas galegos suman dez medallas no Campionato europeo de piraguismo de Hungría. A palista pontevedresa Antía Jácome conseguiu medalla por partida dobre | A estudante coa mellor nota na Abau de Galicia é a monfortina Nadine López Aira, cun 9,98 sobre 10 na parte obrigatoria

Os avións de combate Eurofihgter chegan ao aeroporto de Santiago, para comenzar a operación Eagle Eye. Unhas manobras con importante participación dende Galicia, para coordinar aos exércitos de terra, mar e aire, co obxetivo de mellorar a eficiencia na proteción de todo o territorio nacional| Nova protesta laboral das dependentas de Inditex. Reclaman, cun peche nas instalacións de Arteixo, melloras específicas para a provincia da Coruña onde as condicións, din, son nalgús casos peores que en outros lugares | Sete mozos chegados de Mali, fuxindo da guerra, levan dende xaneiro na Coruña, sen papeis, e sen medio de vida. Hoxe quixeron poñer de manifesto as dificultades que atopan pola sua condición de residentes irregulares, e a lentitude dos trámites para solicitar protección internacional | A estudante coa mellor nota na Abau de Galicia, é a monfortina Nadine López Aira, cun 9,98 sobre 10 na parte obrigatoria. Alumna do instituto público Río Cabe, di estar agradecida aos seus profesores, por impulsala, dende nena a interesarse pola ciencia. O seu soño agora, chegar a traballar na NASA

Sete mozos chegados de Mali, fuxindo da guerra, levan dende xaneiro na Coruña, sen papeis, e sen medio de vida. Hoxe quixeron poñer de manifesto as dificultades que atopan pola sua condición de residentes irregulares, e a lentitude dos trámites para solicitar protección internacional | A ministra de Sanidade insiste nunha entrevista en TVE, en que non permitirá que os médicos residentes de último ano pasen consulta sen supervisión, tal como ten previsto o Sergas, ante a escaseza de facultativos para o verán | Os deportistas galegos suman dez medallas no Campionato europeo de piraguismo de Hungría. A palista pontevedresa Antía Jácome conseguiu medalla por partida dobre, unha de prata en individual e outra de ouro no C2 200 con María Corbera | A estudante coa mellor nota na Abau de Galicia, é a monfortina Nadine López Aira, do instituto público Río Cabe, di estar agradecida aos seus profesores, por impulsala, dende nena a interesarse pola ciencia

O ministro de Transportes insiste na falta de fondos do seu departamento para asumir o traspaso e rescate da AP-9 e cifra o custe en máis 6.000 millons de euros | Os representantes do sector eólico advirten do freo que están a sufrir. No último ano, din, non se instalou en Galicia ningún aeroxenerador novo, o que pon en perigo proxectos que precisan de enerxía verde | Alumnos dun instituto de Bueu adaptan ao galego o musical Os Miserabeis. unha revisión feminista e actual da novela de Victor Hugo, coa colaboración do Centro Dramático Galego | Xa está en marcha o Arde Lucus, a festa de recreación do pasado romano e castrexo da cidade da muralla. As lexións cruzan a ponte sobre o Miño, fronte a resistencia dos célticos, nunha festa declarada de interese turístico internacional e que programa ata o próximo domingo máis de 300 actividades

Fin de semana de ceos nubrados e chuvias febles. Esta tarde os ceos quedarán máis despexados na metade leste. Unha situación moi parecida á que teremos o sábado. O domingo a entrada dunha fronte na segunda metade do día deixará chuvias que serán máis intensas á noite. As temperaturas descenden con valores baixos para esta época o ano

O ministro de Transportes insiste na falta de fondos do seu departamento para asumir o traspaso e rescate da AP-9 e cifra o custe en máis 6.000 millons de euros | Os representantes do sector eólico advirten do freo que están a sufrir. No último ano, din, non se instalou en Galicia ningún aeroxenerador novo | Tanto o BNG como o PP afean ao ministro esa cifra e piden informes para coñecer o custe real da gratuidade | Aprobados na ABAU algo máis do 96 % dos alumnos que se presentaron na fase xeral | Alumnos dun instituto de Bueu adaptan ao galego o musical Os Miserabeis | Xa está en marcha o Arde Lucus, a festa de recreación do pasado romano e castrexo da cidade da muralla

O ministro de Transportes cifra nuns 6.000 millóns de euros o rescate da AP-9, en resposta á petición aprobada no Congreso dos Deputados de liberala de peaxe | Tanto o BNG como o PP afean ao ministro esa cifra e piden informes para coñecer o custe real da gratuidade| Aprobados na ABAU algo máis do 96 % dos alumnos que se presentaron na fase xeral. Cada estudante pode consultar na aplicación 'Nerta' as notas de cada exame | Xa está en marcha o Arde Lucus, a festa de recreación do pasado romano e castrexo da cidade da muralla. As lexións cruzan a ponte sobre o Miño, fronte a resistencia dos célticos, nunha festa declarada de interese turístico internacional e que programa ata o próximo domingo máis de 300 actividades

A inflación repunta ao 4 por cento interanual en maio, e mantén a Galicia como a comunidade coa taxa de IPC máis alta de España, catro décimas por riba da media. Sube a electricidade polo aumento do IVE, mentres os prezos dos alimentos moderan o seu crecemento, ainda que seguen a ser os que máis preocupan aos consumidores | O congreso dos Deputados pide que se cancele a concesión da Autoestrada do Atlántico a Audasa e pase a ser libre de peaxe. A proposta do BNG, saíu adiante co apoio do PP, logo de introducir una lixeira enmenda, Sumar, Bildu e ERC, coa abstención dos socialistas, e os únicos votos en contra de Vox | Á Sociedade Española de Medicos de Familia califica de crítica a situación da atencion primaria pola escaseza de profesionais debido a falta de relevo xeneracional, un problema que se incrementa nas zonas rurais. O Conselleiro de Sanidade defende que os Mir de último curso pasen consulta durante o verán | A obra de 3 novos talentos galegos da fotografía é a proposta da Fundación Marta Ortega no peirao de Batería da Coruña -A mostra Future Stories recolle os traballos cos que estes mozos que veñen de rematar a súa formación, estreanse nesta arte despois de facer unha estadía de tres meses en Milán

Un sistema frontal afecta hoxe a Galicia. Dende o mediodía temos a chegada da fronte cálida, que deixa un aumento de nubes e chuvias de intensidade moderada, máis probables na franxa atlántica. Pola noite chegará unha fronte fría, pouco activa, con chuvias febles en xeral menos probables no sueste. As temperaturas, con poucos cambios, e máxima de 27 graos en Ourense

A inflación repunta ao 4 por cento interanual en maio, e mantén a Galicia como a comunidade coa taxa de IPC máis alta de España, catro décimas por riba da media | Á Sociedade Española de Medicos de Familia califica de crítica a situación da atencion primaria pola escaseza de profesionais debido a falta de relevo xeneracional, un problema que se incrementa nas zonas rurais | O congreso dos Deputados pide que se cancele a concesión da Autoestrada do Atlántico a Audasa e pase a ser libre de peaxe | Á Sociedade Española de Medicos de Familia califica de crítica a situación da atencion primaria pola escaseza de profesionais debido a falta de relevo xeneracional, un problema que se incrementa nas zonas rurais | Atopado nunha vivenda de Ferrol o cadáver momificado dunha muller que podería levar morta uns 8 meses | A obra de 3 novos talentos galegos da fotografía é a proposta da Fundación Marta Ortega no peirao de Batería da Coruña

A inflación repunta ao 4 por cento en maio, e mantén a Galicia como a comunidade coa taxa de IPC máis alta de España, catro décimas por riba da media. Sube a electricidade polo aumento do IVE, mentres os prezos dos alimentos moderan o seu crecemento | O Congreso dos Deputados aproba por maioría instar ao Goberno central a anular a prórroga da concesión da Autoestrada do Atlántico | O barco de Greenpeace Artic Sunrise está en Galicia, onde desenvolve diversas actividades en defensa dos océanos e da pesca artesanal. O buque da organización ecoloxista sumouse á manifestación marítima organizada pola Plataforma en Defensa da ría de Arousa | Atopado nunha vivenda de Ferrol o cadáver momificado dunha muller que podería levar morta uns 8 meses. A Policía Nacional contactou cos bombeiros para acceder ó domicilio, coa intención de entregarlle unha citación xudicial

Xornada de estabilidade atmosférica, cos ceos parcialmente cubertos no norte e leste, mesmo con algún chuvasco no norte da provincia de Lugo, e néboas en comarcas do interior que deixan os ceos pouco nubrados con nubes de tipo alto. As temperaturas sen cambios significativos

Desaloxados, de madrugada, os activistas pro Palestina que ocupaban o edificio do Reitorado da Universidade de Santiago. A petición do Reitor, os axentes Desmantelan tamén a acampada que mantiñan na Facultade de Historia | O ano pasado 220 persoas foron atendidas en Galicia por emerxencias en embarcacións de recreo e outras actividades náuticas. O Ministerio de Transportes presenta a campaña de verán de seguridade na que recomenda levar a bordo medios que permitan dar unha alerta por radio e non só un teléfono móbil | Detido en Lugo o loteiro que denunciou o roubo a punta de pistola de catrocentos mil euros da súa administración | A padeixeira Teresa Portela, ofrece a sua imaxe para a promoción turística das Rías Baixas. a deportista española con máis participacións olímpicas, asina Un convenio coa Deputación de Pontevedra

Os activistas pro palestinos, continúan a protesta na Praza do Obradoiro, despois de ser desaloxados, de madrugada, do edificio do Reitorado da Universidade de Santiago, onde impedían o paso dos traballadores. O Reitor asegura que o abandono do edificio foi sen violencia | detido en Lugo o loteiro que denunciara ter sido obxeto dun roubo a punta de pistola de catrocentos mil euros na súa administración, o pasado nadal. Trala detención dos dous presuntos autores materiais, a policía cré que en realidade tratouse dun falso atraco | A Garda Civil pide colaboración cidadá para dar cun sospeitoso de participar no tiroteo que acabou coa vida do porteiro dunha discoteca en Arteixo. No marco da 'Operación Pralín' Hai outros cinco detidos, aos que se considera vinculados á banda de narcotraficantes coñecida como a Mocro Maffia | Cando apenas faltan unhas poucas semanas para os Xogos de París, a padeixeira Teresa Portela, ofrece a sua imaxe para a promoción turística das Rías Baixas. a deportista española con máis participacións olímpicas, asina Un convenio coa Deputación de Pontevedra

Desaloxados, de madrugada, os activistas pro Palestina que ocupaban o edificio do Reitorado da Universidade de Santiago. A petición do Reitor, os axentes Desmantelan tamén a acampada que mantiñan na Facultade de Historia | A Garda Civil pide colaboración cidadá para dar cun sospeitoso de participar no tiroteo que acabou coa vida do porteiro dunha discoteca en Arteixo. No marco da 'Operación Pralín' Hai outros cinco detidos, aos que se considera vinculados á banda de narcotraficantes coñecida como a Mocro Maffia | En Lugo foi detido o loteiro que denunciou o roubo a punta de pistola de catrocentos mil euros da súa administración o pasado nadal. Despois de que o xulgado arquivase o caso, agora a policía reactiva a investigación do que semella foi un falso atraco, coa detención tamén doutras dúas persoas, os presuntos asaltantes | 

Ocupación da sede do Reitorado da Universidade de Santiago, na praza do Obradoiro, por un grupo de activistas en favor de Palestina. Impiden a entrada do persoal ao edificio e Exixen que a USC rompa calquer vínculo con Israel. O reitor asegura que está colaborando coas forzas de seguridade e non se descarta un posible desaloxo | O Congreso dos Deputados acolle o debate de toma en consideración da transferencia da Autoestrada do Atlántico, proposta dende o Parlamento de Galicia por unanimidade. É unha iniciativa que chega por cuarta vez á Cámara, coa intención de conseguir rebaixar as peaxes e cambiar as condicións da concesión a Audasa | O Cancro de próstata causa medio milleiro de mortes cada ano en Galicia. Para a sua detección precoz, o Sergas pon en marcha un cribado para detección de cancro de próstata en varon entre 50 e 69 anos. Comenza a próxima semana na área de Ferrol e unha vez comprobado o seu funcionamento poderá ampliarse ao resto de Galicia | No museo de Lugo xa se pode visitar, dende hoxe, un cadro orixinal de Diego de Velázquez. É A Sibila, unha enigmática figura de perfil, que pertence ao período de mocidade do pintor sevillano, e que por primeira vez viaxa a Galicia. Forma parte dunha iniciativa do Museo do Prado para levar obras mestras por toda a xeografía española

Ceo parcialmente nubrado na metade norte, onde pode producirse algunha chuvia feble e ocasional máis probable na Mariña, néboas en comarcas do interior que van deixando os ceos despexados no sur. As temperaturas continuan descendendo, polo que os valores son baixos para a época do ano tanto nas mínimas como nas máximas, 

Ocupación da sede do Reitorado da Universidade de Santiago, na praza do Obradoiro, por un grupo de activistas en favor de Palestina. Impiden a entrada do persoal ao edificio | O Congreso dos Deputados acolle o debate de toma en consideración da transferencia da Autoestrada do Atlántico, proposta dende o Parlamento de Galicia por unanimidade | O Cancro de próstata causa medio milleiro de mortes cada ano en Galicia. Para a sua detección precoz, o Sergas pon en marcha un cribado para detección de cancro de próstata en varóns entre 50 e 69 anos | No museo de Lugo xa se pode visitar, dende hoxe, un cadro orixinal de Diego de Velázquez. É A Sibila, unha enigmática figura de perfil