Atopado no encoro de Belesar o cadaver do bañista, de 58 anos, que desaparecera tras saltar dende o pantalán do Club Nautico de Mourelle. Os servizos de emerxenciascontinuan a busca doutro home, un mozo ao que se lleperdeu o rastro cando tentaba recuperar a cana de pescar|Cumprense 3 anos do asasinato de Samuel Luiz na Coruña, onde esta tarde terá lugar unha vixilia na sua lembranza. O crime removeu conciencias contra a LGTBI fobia e marcou un antes e un despois para o colectivo. O xuízo comezara no próximo mes de outubro|Santiago vai dispoñerdun centro de intelixencia artificial para dar servizo ás administracións públicas. A multinacional especializada en análise de datos SDG Group vai investir en Galicia máis de 6 millóns de euros en reter e atraer novos profesionaiS. 03-07-2024
O paro baixou en case 4.100 persoas en Galicia durante o pasado mes de xuño, a segunda comunidade con mellores datos. O número total de desempregados en Galicia queda así por debaixo dos 118.000 |A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia lamenta o peche de máis 800 camas en centros hospitalarios este verán. O conselleiro de Sanidade di estar satisfeitoco plan deseñado e os MIR de reforzo| Os estudantesbuscan piso en Santiago para o próximo curso. Estes días hai colas ás portas das inmobiliarias | Tres exemplares de tartarugamariña que apareceron varadas o pasado inverno na nosa costa forondevoltasao mar. 02-07-2024
Ceos despexados agás polo norte onde se volverán nubrar a última hora. As temperaturas seguen a subir sobre todo polo interior. As máximas oscilarán entre os 21 graos da Coruña aos 33 que agardan en Ourense. En Lugo roldarán os 25 e nas Rías Baixas quedarán arredor dos 30. 02-07-2024
O paro baixou en case 4.100 persoas en Galicia durante o pasado mes de xuño, a segunda comunidade con mellores datos, grazas fundamentalmente ao sector servizos. O número total de desempregados en Galicia queda así por debaixo dos 118.000 |A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia lamenta o peche de máis 800 camas en centros hospitalarios de Galicia este verán. O conselleiro de Sanidade di estar satisfeitoco plan deseñado e os MIR de reforzo| Os estudantesbuscan piso en Santiago para o próximo curso. Quen non madrugue, arríscase a quedar senalugueiro. Estes días hai colas ás portas das inmobiliarias | Tres exemplares de tartarugamariña que apareceron varadas o pasado inverno na nosa costa forondevoltasao mar. 02-07-2024
O paro baixou en case 4.100 persoas en Galicia durante o pasado mes de xuño, a segunda comunidade con mellores datos. O número total de desempregados en Galicia queda así por debaixo dos 118.000 |Hoxecomezan en Galicia as probas extraordinarias de acceso áuniversidade, ás que se presentan os que tiñan algo pendente de aprobar do bacharelato e os que tentan aumentar a nota da anterior convocatoria da ABAU| Os estudantesbuscan piso en Santiago para o próximo curso. Estes días hai colas ás portas das inmobiliarias | O club de HóckeyRaxoi de Santiago acaba de lograr o ascenso á máxima categoría, pero a falta de apoio económico dificulta a súapresenza na liga profesional. 02-07-2024
Boas perspectivas para o sector turístico galego, que prevé unha ocupación media do 80 % para este verán. Un dos motores desas cifras é o Camiño de Santiago, que continúa a ritmo de récord | A Xunta acorda solicitar un informe ao Consello Consultivo de Galicia para recorrer a lei de amnistía ante o Constitucional. Para Alfonso Rueda, “sobran os motivos” para que a comunidade actúe | Os campionatos de España de Atletismo tiveron marcado acento galego, con tres medallas de ouro para as nosas deportistas: Ana Peleteiro en triplo salto por sétima vez, a lanzadora de xavelina Yulemnis Aguilar e a mugardesa Belén Toimil, campioa en lanzamento de peso | ‘Habitar o baleiro’ é o título e a mensaxe necesaria que traslada o fotógrafo ourensán Brais Lorenzo na exposición que se pode ver estes días no Museo do Pobo Galego. 10 anos de traballo e 40 instantáneas para reflexionar sobre o despoboamento e o repoboamento
Neste comezo de xullo parece que, agora si, o anticiclón ven para quedar uns días. Agardamos unha semana na que as temperaturas subiran, con sol e baixas probabilidade de chuvia. Hoxe os ceos están máis despexados canto máis ao sur con máis calor e na costa norte agardan nubes de estancamento. As temperaturas máximas oscilarán entre os 22 graos da Coruña e os 30 que terán en Pontevedra e Ourense. Valores intermedios en Lugo e Santiago onde os termómetros roldarán os 24 graos
Boas perspectivas para o sector turístico galego, que prevé unha ocupación media do 80 % para este verán. O Camiño de Santiago continúa a ritmo de récord | A Xunta acorda solicitar un informe ao Consello Consultivo de Galicia para recorrer a lei de amnistía ante o Constitucional | Os campionatos de España de Atletismo tiveron marcado acento galego, con tres medallas de ouro para as nosas deportistas | ‘Habitar o baleiro’ é o título e a mensaxe necesaria que traslada o fotógrafo ourensán Brais Lorenzo na exposición que se pode ver estes días no Museo do Pobo Galego. 10 anos de traballo e 40 instantáneas sobre o despoboamento e o repoboamento
Boas perspectivas para o sector turístico galego, que prevé unha ocupación media do 80 % para este verán | A Xunta acorda solicitar un informe ao Consello Consultivo de Galicia para recorrer a lei de amnistía ante o Constitucional | Os campionatos de España de Atletismo tiveron marcado acento galego, con tres medallas de ouro para as nosas deportistas: Ana Peleteiro en triplo salto por sétima vez, a lanzadora de xavelina Yulemnis Aguilar e a mugardesa Belén Toimil, campioa en lanzamento de peso
O 28 de xuño de 1984 chegaban a Galicia desde Bos Aires os restos de Castelao, tres décadas despois da súamorte no exilio. Un traslado polémico, entre protestas dun sector do nacionalismo, nun momento en que Galicia daba os primeiros pasos cara a autonomía |En Bonaval, como cada ano, e coincidindo con esta data, a Xunta distinguiu a diferentes persoeiros e entidades coas medallas que levan o nome de Castelao | Os restos de Castelaopermaneceron naArxentinamáis de tres décadas. A súa figura seguemoi presente a través de numerosos monumentos e espazos na súa honra especialmente no Centro Galego de Bos Aires|O retorno dos restos de Castelaofoi un acontecemento político transcendente na Galicia dos anos 80. Esta casa era a única televisión naquel momento e emitiuunha programación especial que incluíuunha retransmisión que tivo que prolongarse ata case cinco horas por unhaameaza de bomba. 28-06-2024
Comeza o primeiro dispositivo especial de verán da Dirección Xeral de Tráfico. Espérase que un de cada dezmovementos de toda España terá lugar nas estradas galegas | Un motorista de 49 anos, perdeu a vida ao chocar contra un coche aoseu paso pola parroquia de San Miguel de Oia, en Vigo | Hoxecelébrase o Día Internacional do Orgullo LGTB | En Bonaval, como cada ano, e coincidindoco40 aniversario do traslado a Galicia dos restos de Castelao, a Xunta distinguiu a diferentes persoeiros e entidades coas medallas que levan o seunome. 28-06-2024
Día, hoxe, de moitainestabilidade atmosférica, con alternancia de nubes e claros, chuvascosde treboada, localmente fortes e acompañados dalgunhasarabiada puntual, sobre todo no interior durante a tarde. As temperaturas máximas sofren un lixeiro descenso. Mañáespérase a chegadadunhafronte que deixaráchuvascos no leste e o domingo as precipitacións serán máis probables na franxa atlántica. 28-06-2024
Persiste aíndacertainestabilidade, que deixará de novopola tarde chuvascos de carácter tormentoso, máis probables no sueste. Tamén os ventos do nordés acumulan nubes na Mariña e Bergantiños con posibilidadedalgúnorballo. No resto os ceos quedan con nubes e claros. As temperaturas máximas descenden no terzonorte pero aumentan lixeiramente no sur
Empezan as rebaixas de verán nas grandes cadeascomerciais, e tamén no pequeno comercio, con descontos que superan incluso o 50 por cento.Na provincia da Coruña, xornada de folga das dependentas de Inditex| O Presidente da Xunta reclama aoGoberno Central que incremente xa os fondos nos presupostos do Estado. O BNG, polasua parte, propón un concerto económico para Galicia, como o vasco, negociado bilateralmente|A Torre de Hércules cumple quince anosdende a súa declaración como patrimonio da Humanidade pola Unesco. Celebra o aniversario, con actos culturais e unha iluminación especial | Os vehículos poderán circular polo novo enlace orbital de Santiago xa a partir desta tarde| O Chícharo Bágoa, considerado como o caviar vexetal, e cunha cotización que ronda os 300 euros o quilo, foi presentado polos seus creadores na Misión Biolóxica do CSIC, en Pontevedra
Empezan as rebaixas de verán nas grandes cadeascomerciais, e tamén no pequeno comercio, con descontos que superan incluso o 50 por cento, e cunha boa previsión de ventas. Mentres, Na provincia da Coruña, xornada de folga das dependentas de Inditex, para reivindicar a equiparación coscompañeirosdoutros departamentos |Debate sobre o novo modelo de financiamento autonómico. O Presidente da Xunta reclama aoGoberno Central que incremente xa os fondos nos presupostos do Estado, iso si, logo dunha negociación entre todas as comunidades afectadas. O BNG, polasua parte, propón un concerto económico para Galicia, como o vasco, negociado bilateralmente|A Torre de Hércules cumple quince anosdende a súa declaración como patrimonio da Humanidadepola Unesco. Emblema da cidade e principal reclamo para os visitantes, o monumento mantén a condición de único faro do mundo que funciona dende a antigüidade. Celebra o aniversario, con actos culturais e unha iluminación especial | É pequeno, delicado e cunha forma característica que determina o seunome de Chícharo Bágoa. Está considerado como o caviar vexetal, especialmente apreciado na alta cociña, e cunha cotización que ronda os 300 euros o quilo. Foi presentado polos seus creadores na Misión Biolóxica do CSIC, en Pontevedra, en colaboración co chef Javier Olleros
Empezan as rebaixas de verán nas grandes cadeascomerciais, e tamén no pequeno comercio, con descontos que superan incluso o 50 por cento. Na provincia da Coruña, xornada de folga das dependentas de Inditex|Os vehículos poderán circular polo novo enlace orbital de Santiago xa a partir desta tarde. Permitirá conectar a AP-9 coa autovía A-54 a Lugo e cos parques empresariais|A reclamación de máis fondos para financiar os servizos autonómicos segue a protagonizar o debate político. O Presidente da Xunta pide que o novo modelo quederecollido nos Presupostos do Estado, despois de ser debatido entre todas as comunidades| A Torre de Hércules cúmpre 15 anos desde que foi declarada Patrimonio da Humanidadepola Unesco. Para a celebración, hai actividades culturais programadas e esta noite o faro iluminarase de azul
Hoxe continuamos con aire frío nas capas altas, fonte de inestabilidade. Temos ceos parcialmente nubrados, con chuvascos pola tarde tormentosos, localmente fortes, máis probables no sueste. As temperaturas máximas en lixeiro ascenso en xeral, con valores que van dende os 22 graos da Coruña ata os 34 graos en Ourense
Restablecido o servizo de recollida de lixo na Coruña tras varias xornadas de folga - incluíndo a celebración do San Xoán-, traballo arreo para retirar as moreas de refugallos das rúas. Pero dende o comité din que a empresa se nega a negociar e manteñen os paros anunciados para xullo e agosto | Debate sobre modelos de financiamento autonómico na sesión de Control do Parlamento, na que Rueda se declara lider da oposición en Galicia a Pedro Sánchez. O BNG destaca que son os seus pactos de investidura os que conseguen melloras para a nosa comunidade | Rematado o curso escolar, os profesores plantexan cambios para o que vén. Os sindicatos, que asinaron o pacto coa consellería de Educación para a reducir o rateo de alumnos por aula, denuncian o seu incumprimento. A CIG pide recuperar o horario lectivo de 21 horas en primaria e 18 en secundaria | En Viveiro empeza unha nova edición do Resurrection Fest, o festival dos estilos máis extremos do rock. Hoxe unha lenda viva do heavy como Alice Cooper é o cabeza dun cartel con case 100 grupos. A vila acolle entre 30.000 e 40.000 asistentes cada día no recinto instalado na zona de Celeiro
O servizo de recollida de lixo na Coruña restablécese despois de días de protesta e as rúas da cidade van recuperando a normalidade. Os traballadores din que a empresa non quere negociar e manteñen os paros previstos para xullo e agosto | Alfonso Rueda declárase lider da oposición en Galicia a Pedro Sánchez | Os profesores plantexan cambios para o curso que ven reducir o rateo de alumnos por aula |O Tribunal Supremo desestima o recurso da Federación de Industrias Lácteas contra o Real Decreto que obriga a que os prezos que pagan polo leite aos produtores cubra o custo real da producción | Obxectivo cumprido para os participantes no programa Discamino. Nesta ocasión foi un grupo de peregrinos con TEA que partiron de Vigo e fixeron o camiño portugués pola costa en bicicleta| En Viveiro empeza unha nova edición do Resurrection Fest, o festival dos estilos máis extremos do rock. Hoxe Alice Cooper é o cabeza dun cartel con case 100 grupos.
Restablecido o servizo de recollida de lixo na Coruña tras varias xornadas de folga, incluída a celebración do San Xoan, con moreas de refugallos nas rúas. Os traballadores din que a empresa se nega a negociar e manteñen os paros para xullo e agosto | O presidente da Xunta, na sesión de Control do Parlamento, definiuse a si mesmo como "Xefe da oposición" en Galicia, fronte ao Goberno central. Foi en resposta a pregunta de Ana Pontón sobre a sua posición de cara ao debate sobre novo sistema de financiamento autonómico| Obxectivo cumprido para os participantes no programa Discamino. Nesta ocasión foi un grupo de peregrinos con TEA que partiron de Vigo e fixeron o camiño portugués pola costa en bicicleta. A súa chegada ao Obradoiro celebrárona cun intercambio de agasallos |