Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Ultimato do concello da Coruña á empresa concesionaria da recollida de lixo, tras unha noite de contedores queimados. A piques de cumprir un mes do conflito laboral, coas rúas ateigadas de refugallos, a alcaldesa advirte de medidas excepcionais se a situación non se normaliza antes do próximo luns | Comeza a nova vida do mítico Cine Fraga de Vigo, tras 20 anos pechado. A Xunta e a Deputación de Pontevedra asinan a súa compra por mais de 9 millons de euros. Un acordo que o Concello de Vigo tacha de pouco transparente | O fallo informático de Microsoft deixa en Galicia as incidencias puntuais, sobre todo nos sistemas informáticos do Sergas e na Xunta de Galicia. Houbo tamén afectación en bizum e os datáfonos que se empregan nos comercios e bares para realizar pagos con tarxeta

O Concello da Coruña dá ata o próximo luns de prazo á empresa concesionaria da recollida de lixo, para que normalice a situación, tras unha noite de contedores queimados e coas rúas da cidade ateigadas de refugallos | O emblemático Cine Fraga, de Vigo, Comeza unha nova vida, tras 20 anos pechado. A Xunta e a Deputación de Pontevedra asinan a súa compra por mais de 9 millons de euros. Un acordo que é criticado polo Concello de Vigo. | Os concertos de Mika en Vilagarcía de Arousa, e o de Luis Miguel na Coruña son algunhas das grandes citas musicais desta fin de semana. Tamén hai eventos dedicados á escena coma o Festival de Teatro de Ribadavia ou Manicómicos, na Coruña | 

A influencia do aire atlántico deixa hoxe algunas nubes no oeste, principalmente na provincia da Coruña, mentres no resto os ceos continúan estando pouco nubosos ou despexados. Bancos de neboa no interior e brétemas costeiras no litoral. As temperaturas, sen cambios significativos, con máximas que acadarán os 25 graos nas Rías Baixas, e chegarán a 35 en Ourense

Sensación de mareo, pel seca e deixar de suar, son síntomas de poder estar a sofrir un golpe de calor. Así o advirten o expertos, coa chegada das altas temperaturas. O maior risco, din, é para as persoas maiores ou con tratamentos crónicos. Recomendan sobe todo manter a cabeza cuberta e beber moita auga | A delegación do Goberno e a Xunta acordan manter unha canle de comunicación fluída sobre o traslado de migrantes dende Canarias, logo da polémica mantida, a conta do anuncio da chegada dun grupo de 470 refuxiados. Son adultos, solicitantes de asilo, que fuxen da guerra de Mali. Chegarán ao longo dos próximos días ao Monte do Gozo, en Santiago, e serán atendidos por ONGs | A ministra de Vivenda anuncia en Betanzos a compra de parcelas do ministerio de Defensa para construir novas vivendas a prezo accesible, unha delas na cidade da Coruña. A ministra cifra en 500 millóns o investimento do seu departamento en Galicia para poñer no mercado máis de 1.400 vivendas de aluguer e favorecer a rehabilitación doutras 18.000 | O Festival Ikfem volve xa a dinamizar a eurocidade formada por Tui e Valença do Miño. Un certame concebido como unha ponte cultural, musical e gastronomica que pretende por en valor as sinerxias a ambos lados da fronteira. O portugués Salvador Sobral, triunfador de Eurovisión, e o pianista español Marco Mezquida correron a cargo da inauguración, cunha mestura de jazz e bossa nova

Os refugallos invaden, de novo, a contorna da praia de Samil e outros lugares da cidade de Vigo. É unha medida de protesta dos traballadores do servizo municipal de parques e xardíns, en folga | Sensación de mareo, pel seca e deixar de suar, son síntomas de poder estar a sofrir un golpe de calor. Así o advirten o expertos, coa chegada das altas temperaturas | A delegación do Goberno e a Xunta acordan manter unha canle de comunicación fluída sobre o traslado de migrantes dende Canarias | A ministra de Vivenda anuncia en Betanzos a compra de parcelas do ministerio de Defensa para construir novas vivendas a prezo accesible, unha delas na cidade da Coruña | O Festival Ikfem volve xa a dinamizar a eurocidade formada por Tui e Valença do Miño. Un certame concebido como unha ponte cultural, musical e gastronomica que pretende por en valor as sinerxias a ambos lados da fronteira

Os refugallos invaden, de novo, a contorna da praia de Samil e outros lugares da cidade de Vigo. É unha medida de protesta dos traballadores do servizo municipal de parques e xardíns, en folga. Quéixanse de baixos salarios e denuncian servizos mínimos abusivos | Nova disputa entre a Xunta e Goberno central sobre o acollemento de migrantes procedentes de Canarias. A Delegación do Goberno calcula que chegarán a Galicia 470 refuxiados, maiores de idade. Os primeiros faráno ao Monte do Gozo, en Santiago, ao longo dos próximos días| Os grupos que loitan pola recuperación da memoria histórica fixan como obxectivo declarar a Illa de San Simón e o Pazo de Meirás como primeiros Lugares da Memoria en Galicia

Xuntanza en Lugo entre o presidente da Deputación e o presidente da Xunta. Os problemas de falta de médicos na sanidade, o servizo de axuda no fogar e a política industrial foron algúns dos asuntos abordados | Rueda acusa de secretismo e desorganización ao goberno central, polo anuncio do traslado a Galicia de 470 inmigrantes procedentes de Canarias, que está previsto sexan aloxados en albergues e hostais | Fracasada a última negociación no conflito do lixo da Coruña. O comité de Empresa esixe que se retiren os expedientes disciplinarios | O estadio de Riazor batíu o récord de asistencia a un partido da selección feminina de fútbol, con máis de 16.000 asistentes a vitoria de España ante Bélxica, nun encontro que serviu de preparación para os Xogos Olímpicos, e que será recordado polo golazo da exxogadora deportivista Tere Abelleira | Unha vida viquinga' é unha exposición internacional que cuestiona os clixés populares, con pezas arqueolóxicas inéditas, e recolle a pegada que deixaron os vikingos en Galicia

Cun golazo dende 30 metros, a pontevedresa Teresa Abelleira sentencia o triunfo español ante Bélxica, en Riazor. A selección feminina, xa clasificada para a Eurocopa 2025, culmina cunha exhibición de xogo colectivo, o último ensaio para as Olimpíadas de París| Fracasa a última negociación no conflito do lixo da Coruña. Tras achegar posturas o gran obstáculo está agora nas sancións. O comité de Empresa rexeita que os traballadores que foron sancionados non poidan ser contratados no futuro e esixe que se retiren os expedientes disciplinarios | O presidente da Xunta acusa de secretismo e desorganización ao goberno central, polo anuncio do traslado a Galicia de 470 inmigrantes procedentes de Canarias, que está previsto sexan aloxados en albergues e hostais

A Princesa Leonor visita, por primeira vez, a Academia militar de Marín, na que ingresará a finais de agosto para continuar a sua formación, como fixo no seu día o seu pai, don Filipe. E con él participou na cerimonia de entrega de despachos da Armada | A Xunta anuncia un novo récord nos orzamentos do próximo ano. Prevé que o teito de gasto esté aprobado a finais deste mesmo mes, e supere os 13.200 millóns de euros do exercicio actual. O Conselleiro de Facenda insiste en reclamar ao goberno central que concrete as entregas a conta | Detido o propietario dun hotel do concello lucense de Bóveda tralas denuncias de clientes que descubriron cámaras ocultas nas habitacións. Os dispositivos estaban agochados en reloxos de parede. Os axentes investigan se as imaxes foron difundidas por algún medio | Trala marcha das monxas, o convento das carmelitas descalzas de Santiago conta con novos moradores. Son os irmáns contemplativos, sete mozos procedentes de Colombia, que decidiron amosar, a través das redes, como viven a sua vida relixiosa. Cantando, rezando, e mesmo xogando xuntos, acumulan milleiros de seguidores

Máis dun cento de novos oficiais da Armada recibiron hoxe os reais despachos na Escola Naval de Marín, nun acto presidido polo Rei xunto coa a Princesa Leonor | A Xunta anuncia un novo récord nos orzamentos do próximo ano. Prevé que o teito de gasto esté aprobado a finais deste mesmo mes, e supere os 13.200 millóns de euros do exercicio actual | Detido o propietario dun hotel do concello lucense de Bóveda tralas denuncias de clientes que descubriron cámaras ocultas nas habitacións. Os dispositivos estaban agochados en reloxos de parede | A Seleccion Feminina adestra na Coruña horas antes do partido contra Bélxica, que se disputará esta tarde en Riazor | Os irmáns contemplativos ocupan o convento das Carmelitas de Santiago e acumulan seguidores nas redes cos seus videos de vida relixiosa 

Aumenta a influencia anticiclónica, con tempo seco e solleiro e temperaturas en ascenso. ventos de compoñente oeste que deixan máis nubes na franxa atlántica durante a mañá, mentres que no leste predominan os ceos despexados. As máximas soben, ata os 22 graos na Coruña, 25 en Pontevedra ou 30 en Ourense

A Princesa Leonor visita, por primeira vez, a Academia militar de Marín, na que ingresará a finais de agosto para continuar a sua formación, como no seu día fixo o seu pai, don Filipe. E con él participa na cerimonia de entrega de despachos da Armada| Detido o propietario dun hotel en Bóveda, na provincia de Lugo, por instalar cámaras ocultas nas habitacións. Ata o momento, tres persoas denunciaron os feitos ante a Garda Civil, tras descubrir os dispositivos de grabación en reloxos de parede. Os axentes investigan que uso se fixo das imaxes | A Seleccion Feminina adestra na Coruña horas antes do partido contra Bélxica, que se disputará esta tarde. Será o ultimo test antes dos Xogos Olímpicos, que poderemos ver en La 1 a partir das sete menos vinte

Celebración nas rúas galegas do triunfo da selección ante Inglaterra na Eurocopa. Un encontro que centos de persoas quixeron seguir a través de pantallas xigantes. Un éxito deportivo que inflúe na percepción social da inmigración | Minutos de silencio nas principais cidades galegas polas vítimas de violencia machista. É a cara amarga desta fin de semana, o tráxico balance deixa 5 mulleres asasinadas en 48 horas | A selección española feminina de fútbol xa está na Coruña para medirse ante Bélxica, mañá no estadio de Riazor. As vixentes campioas do mundo disputarán o seu último partido de clasificación para a Eurocopa do próximo verán en Suíza

O consumo de peixe cae un 30 por cento nos últimos dez anos e sitúase nos nivel máis baixo dende que se teñen datos. Así o alertan os armadores, que organizan en Vigo un festival, esta fin de semana, para promover o consumo, especialmente entre a mocidade | Os prezos moderanse en xuño. Caen 3 decimas respecto a maio, ata o 3,7%, sobre todo polos carburantes que tiran á baixa do IPC. Galicia volve a ser a comunidade coa inflación mais alta do conxunto do Estado | MeteoGalicia presenta unha actualización do mapa de riscos forestais que inclúe un índice de risco de indendios para cada concello e cunha previsión de 3 días | O buque escola da Armada Juan Sebastián Elcano chegou esta mañá a Marín e poderá visitarse dende mañá ata o luns. Remata o cruceiro de instrución que os futuros oficias iniciaron en xaneiro percorrendo o Atlántico e o Pacífico. Son oitenta e duas damas e cabaleiros gardamariñas que foron recibidos nun acto castrense na Escola Naval por compañeiros e familiares | Na Cidade da Cultura, inaugurase unha exposición internacional sobre a vida dos viquingos. Expóñense un cento de pezas, algunhas delas por primeira vez, e foron traídas dende os países nórdicos onde apareceron

Galicia segue a encabezar o incremento dos prezos e o IPC de xuño queda no 3´7 por cento na nosa comunidade. Son tres décimas menos que o mes pasado, gracias ao abaratamento dos carburantes, e a moderación dos alimentos | MeteoGalicia presenta unha actualización do mapa de riscos forestais que inclúe un índice de risco de indendios para cada concello e cunha previsión de 3 días | Xuntanza entre a dirección da empresa de recollida de lixo da Coruña cos traballadores. É a primeira dende que comezaron os paros na noite de San Xoán. Os membros do comité aseguran que de non acadarse un acordo haberá folga indefinida no mes de agosto

Continúa a circulación de ventos moi húmidos que deixan ceos con abundantes nubes e chuvias febles, menos probables no sur de Lugo e na provincia de Ourense. As temperaturas, sen cambios significativos

Milleiros de persoas están visitando en Vigo os tres buques que compoñen o Grupo Dédalo da Armada, un portavións, un buque anfibio e unha fragata que recalaron na cidade ata o domingo. Proceden do Báltico onde participaron nunha demostración de capacidades defensivas da OTAN | Galicia recibirá 26 menores migrantes non acompañados dos que están a desbordar a capacidade de acollida de Canarias. No reparto decidido entre as comunidades, a Xunta acepta ese cupo de menores, pero reclama ao goberno central máis recursos para atendelos, di, con dignidade | Representar a Valle Inclán nos lugares onde se inspirou para os seus relatos. É o Festivalle, o certame adicado esta semana en Vilanova, a poñer en escea as obras dun único autor, que se completa con conferencias e visitas guiadas | Os grabados da época escura de Goya, vistos a través da ollada persoal de Stéphan Levallois. O debuxante de cómic e deseñador de personaxes de cine de ciencia ficción como Alien, ofrece nunha exposición na Coruña o traballo creado a partir dos monstruos do pintor aragonés, no que atopa unha fonte de inspiración plenamente actual

Milleiros de persoas acuden, en Vigo, a visitar os buques do Grupo Dédalo da Armada Sorprende o tamaño das naves, os avións de caza e o armamento, que nalgúns casos se pode coller para facerse fotos | Galicia recibirá 26 menores migrantes non acompañados dos que están a desbordar a capacidade de acollida de Canarias | Representar a Valle Inclán nos lugares onde se inspirou para os seus relatos. É o Festivalle, o certame adicado esta semana en Vilanova, as obras dun único autor | O programa La Noche en 24h pecha esta noite en Pontevedra unha temporada con récord histórico de audiencia | Os grabados da época escura de Goya, vistos a través da ollada persoal de Stéphan Levallois. O debuxante de cómic e deseñador de personaxes de cine como Alien, ofrece nunha exposición na Coruña

Milleiros de persoas acuden, en Vigo, a visitar os buques do Grupo Dédalo da Armada, que veñen de participar no Mar Báltico nos exercicios navais máis importantes da OTAN. O público, sorpendido polo tamaño das naves, os avións de caza e o armamento que nalgúns casos se poden coller para facerse fotos | Galicia recibirá 26 dos máis de 300 menores migrantes que serán trasladados de Canarias á península tralo acordo para resolver o colapso dos servizos de acollida das illas | O programa La Noche en 24h, que conduce Xabier Fortes, entrevistará esta noite ó presidenta da Xunta, Alfonso Rueda e ao alcalde de Pontevedra. Pecha a temporada con récord histórico de audiencia, cun 2% de cota de pantalla e 199.000 espectadores

Xornada de Primeiro chamamento á matriculación nas universidades galegas. As notas de corte para entrar nas distintas titulacións baixan lixeiramente respecto ao curso pasado, agás en medicina, con máis de 3.000 solicitudes procedentes de toda España, e de outros países, para 400 prazas | Rueda atribúe a suba do Canon de Sogama á entrada en vigor dunha normativa europea, decidida polo goberno central. Anuncia que nos primeiros cen días do seu novo goberno leva iniciada a construcción de 400 vivendas sociais, das 4.000 previstas para esta lexislatura | Traballadores da automoción concéntranse diante do edificio da Xunta, en Santiago, para protestar pola inestabilidade laboral nas comarcas de Vigo, Pontevedra e Ourense | Esta tarde quedará aberta ao público a exposición " A era das fábulas" no Museo de Pontevedra. Vencella fondos propios con obras das Fundacións Thyshen e María José Jove, e que pertencen a autores como Picasso, Kandinsky ou Miquel Barceló