Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Un incendio calcinou e afundiu un pesqueiro de 14 metros en Camariñas. A Xunta activou o Plan de Continxencias por Contaminación Mariña, para controlar unha posible vertedura | A vendima xa está en marcha, algo adiantada respecto a outros anos. Na denominación de orixe Rías Baixas agardan recoller máis de corenta millóns de quilos de uva | Camiño Escena Norte, un intercambio cultural entre compañías de artes escénicas

Coa baixada das contratacións da temporada turística, o paro aumentou lixeiramente en agosto respecto a xullo. Pero comparado con hai un ano, agora temos 9.000 parados menos en Galicia | Os colexios serán reforzados neste inicio de curso con 400 novos profesores para mellorar o éxito escolar. Unha medida do novo plan MEGA da Xunta dotado con 77 millóns de euros para os vindeiros catro anos | Na Coruña, a policía investiga o incendio que se produciu na nave da empresa Prezero, dedicada á recollida do lixo na cidade. Arderon seis camións | A revista Viajar retirou da súa páxina web unha listaxe das supostas vilas máis feas de España, feita con intelixencia artificial. Foi despois da protesta de concellos como o pontevedrés de Tomiño

Coa baixada das contratacións da temporada turística, o paro aumentou lixeiramente en agosto respecto a xullo. Comparado con hai un ano, agora temos 9.000 parados menos | Os colexios serán reforzados neste inicio de curso con 400 novos profesores para mellorar o éxito escolar | Na Coruña, a policía investiga o incendio que se produciu na nave da empresa Prezero, dedicada á recollida do lixo na cidade. Arderon seis camións | A revista Viajar retirou da súa páxina web unha listaxe das supostas vilas máis feas de España, feita con intelixencia artificial, pola protesta de concellos como o de Tomiño

A viguesa Susana Rodríguez conquista o ouro en tríatlon nos Xogos Paralímpicos de París. Xunto coa súa guía, Sara Pérez, liderou a proba con suficiencia. Segunda medalla de ouro para a galega, tralo que xa obtivera en Tokio | A Xunta, na súa primeira reunión tralo verán, aproba presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei da Amnistía | Son cada vez máis os que apostan por concentrar as súas vacacións en setembro. Buscan menos masificación, temperaturas suaves e prezos turísticos máis baixos

A viguesa Susana Rodríguez conquista o ouro en tríatlon nos Xogos Paralímpicos de París. Segunda medalla de ouro para a galega, tralo que xa obtivera en Tokio | A Xunta, na súa primeira reunión tralo verán, aproba presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei da Amnistía | A Axencia de Doazón de Sangue fai un chamamento urxente. Cada día son necesarias unhas 500 doazóns en Galicia| Vivir un partido na bancada do estadio, aínda que non poidas velo, é posible en Riazor

A viguesa Susana Rodríguez conquista o ouro en tríatlon nos Xogos Paralímpicos de París. Xunto coa súa guía, Sara Pérez, liderou a proba con suficiencia. Segunda medalla de ouro para a galega, tralo que xa obtivera en Tokio | A Xunta, na súa primeira reunión tralo verán, aproba presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei da Amnistía | A Axencia de Doazón de Sangue fai un chamamento urxente. En vacacións caen as reservas, pero non os accidentes nin as cirurxías. Cada día son necesarias unhas 500 doazóns en Galicia| Vivir un partido na bancada do estadio, aínda que non poidas velo. É posible en Riazor. Coa axuda dunha aplicación, as persoas con dificultades visuais poden seguir una audiodescripción adaptada a elas

A primeira semana de setembro principia con chuvias nas primeiras horas que foron desaparecendo coa avance da mañá e será moi illadas e ocasionais á tarde. As temperaturas baixaron. Notámolo sobre todo nas máximas, que hoxe son máis frescas. En xeral han quedar arredor dos 20 graos, agás en Ourense, onde como moito chegarán aos 25 nas horas centrais do día. Unha tendencia que se manterá ata mediados de semana, cando se agarda que aumente a inestabilidade.

630.000 viaxes polas estradas galegas, reforzo de prazas nos trens a Madrid e máis de 300 voos desde os aeroportos galegos. O final de agosto é cambio de quenda nas vacacións | O curso escolar comeza con 1.250 novos mestres. A pesares de ter uns catro mil alumnos menos en infantil e primaria, contarán co mesmo número de aulas | Os veciños de Santiago quéixanse dalgúns comportamentos incívicos por parte dos turistas. Desde o Concello buscan medidas para mellorar a convivencia. Unha delas é a figura do informador turístico | O Complexo Hospitalario Universitario de Ourense estrea un quirófano intelixente para realizar operacións de neurocirurxía | Última etapa da volta ciclista por terras galegas. O pelotón vai camiño dos Ancares

O Complexo Hospitalario Universitario de Ourense estrea un quirófano intelixente para realizar operacións de neurocirurxía | 630.000 viaxes polas estradas galegas, reforzo de prazas nos trens a Madrid e máis de 300 voos desde os aeroportos galegos. O final de agosto é cambio de quenda nas vacacións | O curso escolar comeza con 1.250 novos mestres. A pesares de ter uns catro mil alumnos menos en infantil e primaria, contarán co mesmo número de aulas | Os veciños de Santiago quéixanse dalgúns comportamentos incívicos por parte dos turistas. Desde o Concello buscan medidas para mellorar a convivencia. Unha delas é a figura do informador turístico

A princesa Leonor cambiará esta tarde en Marín o uniforme verde do Exército de Terra polo branco da Armada. Ingresa na Escola Naval para recibir formación militar ata finais de decembro | A princesa de Asturias vai estar interna na academia, compartindo cuarto con tres compañeiras, e sometida ao esixente réxime militar. En Marín, todo está preparado para recibila | A tenente de alcalde de Cangas, Iria Malvido, presentou esta mañá a dimisión como concelleira. Asume así o que cualificou de tremendo erro na súa vida privada ao dar positivo nun control de alcoholemia | O IPC modérase en España ata o 2,2 por cento e colócase no valor máis baixo do último ano | A crise dos excedentes de viño na Ribeira Sacra. Afecta a dez adegas e 400 viticultores

A princesa Leonor cambiará esta tarde en Marín o uniforme verde do Exército de Terra polo branco da Armada. Ingresa na Escola Naval para recibir formación militar ata finais de decembro | A princesa de Asturias vai estar interna na academia, compartindo cuarto con tres compañeiras, sometida ao esixente réxime militar. En Marín, todo está preparado para recibila | A tenente de alcalde de Cangas presentou a dimisión como concelleira | O IPC modérase en España ata o 2,2 por cento e colócase no valor máis baixo do último ano | A crise dos excedentes de viño na Ribeira Sacra. Afecta a dez adegas e 400 viticultores

Perdemos a influencia anticiclónica polo paso dunhafrontemoidesfeita que deixa algún orballo no noroeste e ceos máisanubrados na franxa atlántica. As néboas dan paso a ceos abertospola tarde con temperaturas sen apenas cambios. 28-28-2024

Todo preparado na Escola Naval de Marín para recibir mañá á Princesa Leonor.Alí iniciará a súa formación na Armada antes de embarcar no Juan Sebastián Elcano|Agora pódense comprar falsascredenciais para obter a ‘compostela’senfacero Camiño de Santiago |Vilamarín, en Ourense, é o concello coa vivendamáis barata de Galicia. No outro extremo, a avenida de Linares Rivas na Coruña, a máis exclusiva | Repasamos o traballodo fotógrafo lucense Adra Pallón. Vén de publicar o libro Lumes, sobre o despoboamento rural. 28-28-2024

Todo preparado na Escola Naval de Marín para recibir mañá á Princesa Leonor.Alí iniciará a súa formación na Armada, durante tres meses, antes de embarcarse no Buque Escola Juan Sebastián Elcano|Agora pódense comprar as credenciais para obter a ‘compostela’senfacero Camiño de Santiago. Véndense por internet, en webs de segunda man|Vilamarín, en Ourense, é o concello coa vivendamáis barata de Galicia. No outro extremo, atopamos a avenida de Linares Rivas na Coruña, a máis exclusiva de Galicia| Repasamos o traballo do fotógrafo lucense Adra Pallón, internacionalmente recoñecido e premiado. Vén de publicar o libro Lumes, unhaescolma deinstantáneas froito de varios anos documentando o despoboamento rural. 28-28-2024

Todo preparado na Escola Naval de Marín para recibir mañá á Princesa Leonor.Alí iniciará a súa formación na Armada, durante tres meses, antes de embarcar no Buque Escola Juan Sebastián Elcano|Agora pódense comprar as credenciais para obter a ‘compostela’senfacero Camiño de Santiago. Véndense por internet, en webs de segunda man|Cada vez é máis frecuente o contacto cos clientes a través da pantalla e non a través do mostrador. Imoscoñecerdousestablecementos da Coruña onde a facturación por internet xa supón o 80 % de todo o que venden| Repasamos o traballo do fotógrafo lucense Adra Pallón, internacionalmente recoñecido e premiado. Vén de publicar o libro Lumes, unhaescolma de instantáneas froito de varios anos documentando o despoboamento rural. 28-28-2024

A volta ciclista a España, está xa en Galicia onde agardan catro etapas. Hoxe, os corredores saíron de Ponteareas e, tras percorrer 160 quilómetros con catro portos de montaña, chegarán a Baiona | A volta pasa hoxe por estradas de sete concellos da provincia de Pontevedra. Unha promoción turística para Galicia que ten máis repercusión na meta, hoxe en Baiona | Son moitas as mulleres que viven do mar, a maioría peixeiras, mariscadoras ou redeiras. Pero non son moitas as que se enrolan en barcos de pesca. Hoxe falamos con dúas delas, Gloria Lijó foi a primeira muller en facelo e agora aconsella as novas xeracións | Primeira derrota do Celta nesta tempada. Caeu no estadio da Cerámica por 4 goles a 3 ante o Villareal. Foi nun encontro cheo de ocasións, con alternativas no marcador. 27-08-2024

A volta ciclista a España, está xa en Galicia onde agardan catro etapas. Hoxe, os corredores saíron de Ponteareas e chegarán a Baiona | A volta supón unha promoción turística para Galicia, que ten máis repercusión na meta, hoxe en Baiona | Non moitas mulleres se enrolan en barcos de pesca. Hoxe falamos con dúas delas, Gloria Lijó foi a primeira muller en facelo e agora aconsella as novas xeracións | Primeira derrota do Celta nesta tempada. Caeu no estadio da Cerámica por 4 goles a 3 ante o Villareal. 27-08-2024

Última semana de agosto que comeza con sol e con suba de temperaturas sobre todo das máximas. Oscilarán entre os 25 graos da Coruña aos 34 de Ourense. Mercurio que roldará os 27 en Santiago, Vigo e Lugo. Unha situación que continuará sen moitos cambios ata o mércores cando poderían rexistrarse chuvascos no norte.

En bolsas ou a puñados. As mariscadoras da ría de Vigo denuncian o aumento do furtivismo de traxe de baño. Turistas e furtivos que aproveita a marea baixa para apañar ameixas e berberechos dos bancos marisqueiros | Quedan pouco máis de dúas semanas para o comezo do curso escolar e moitas familias xa están botando contas. A Xunta indica que este ano vai dedicar cen millóns de euros a axudas | Estamos en plena temporada de bonito. Este ano aumentaron as posibilidades de pesca para a frota galega, pero a campaña está indo con atraso | Restaurantes de Santiago comezan a pedir tarxeta de crédito ao facer unha reserva. Cobrarán ata 20 euros por comensal, se os que reservaron non se presentan

As mariscadoras da ría de Vigo denuncian o aumento do furtivismo de traxe de baño. Turistas e furtivos que aproveita a marea baixa para apañar ameixas e berberechos | Quedan pouco máis de dúas semanas para o comezo do curso escolar. A Xunta indica que este ano vai dedicar cen millóns de euros a axudas | Estamos en plena temporada de bonito. Este ano aumentaron as posibilidades de pesca para a frota galega, pero a campaña está indo con atraso | Restaurantes de Santiago comezan a pedir tarxeta de crédito ao facer unha reserva