Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O BNG califica o proceso negociador para a formación de goberno de teatro, AGE acusa a PP e PSOE da falta de acordo, os socialistas insisten en liderar a esquerda. E O Partido Popular di que mantivo sempre a mesma postura, en defensa dunha gran coalición dos maioritarios // Prisión comunicada e sen fianza para o home de 31 anos acusado do asasinato da camareira dun bar do barrio das Telleiras en Ferrol que aparecera acoitelada no interior do local na madrugada do pasado luns // Camareira con bo peito e mínima experiencia. Eran dous dos requisitos dunha oferta de emprego para un pub de Sanxenxo. O concello desta vila pontevedresa e tres afectadas denunciárono ante a garda civil. 27/04/16

Os grupos políticos galegos cúlpanse mutuamente da falta de acordo para a formación de goberno e sitúanse para a precampaña // Prisión comunicada e sen fianza para o home de 31 anos acusado do asasinato da camareira dun bar do barrio das Telleiras en Ferrol // Camareira con bo peito e mínima experiencia. Eran dous dos requisitos dunha oferta de emprego para un pub de Sanxenxo. 27/04/16

Segue a conmoción en Ferrol entre os veciños da camareira morta a coiteladas na madrugada de onte. A policía detivo a un home, cliente do local e dono dun bar próximo, como suposto autor do crime. O teléfono móbil da vítima foi o que puxo os investigadores sobre a pista porque nun whatsapp // A Conselleira do Medio Rural desliga os casos recentemente coñecidos de abandono de vacas en granxas, da crise do sector lácteo. Di que os gandeiros dispoñen de saídas, ofrecidas pola administración, en casos de falla de medios // Dúas persoas resultaron feridas, esta mañá, nunha sucursal bancaria de Vigo á que un home entrou esgrimindo un coitelo. Os empregados trataron de reducir ao home e quitarlle a arma, e un deles resultou ferido nunha man. O outro lesionado é o home que portaba o coitelo. 26/04/16

Segue a conmoción en Ferrol entre os veciños da camareira morta a coiteladas na madrugada de onte. A policía detivo a un home, cliente do local e dono dun bar próximo, como suposto autor do crime. O teléfono móbil da vítima foi o que puxo os investigadores sobre a pista // Alexandra Fernández amósase partidaria dun adianto das eleccións autonómicas galegas e de que coincidan coas xerais,se hai que repetilas. A portavoz de En Marea, no Congreso,tamén dixo, despois de ser recibida polo Rei, dentro das xestións para a formación de goberno, que En Marea baralla presentarse como partido instrumental, se se repiten os comicios xerais en xuño // A Conselleira do Medio Rural desliga os casos recentemente coñecidos de abandono de vacas en granxas, da crise do sector lácteo. Di que os gandeiros dispoñen de saídas, ofrecidas pola administración, en casos de falla de medios. Unións Agrarias di ter datos de que episodios de abandono coma o dunha granxa de Friol, si se deben á crise de prezos. 26/04/16

Segue a conmoción en Ferrol entre os veciños da camareira morta a coiteladas na madrugada de onte // A portavoz de En Marea, Alexandra Fernández amósase partidaria dun adianto das eleccións autonómicas galegas e de que coincidan coas xerais,se hai que repetilas // A Conselleira do Medio Rural desliga os casos recentemente coñecidos de abandono de vacas en granxas, da crise do sector lácteo. 26/04/16

A policía investiga en Ferrol a morte dunha camareira de 43 anos. O seu cadáver foi descuberto, con varias coiteladas, cando a dona do local o foi abrir, esta mañá, no barrio das Telleiras, onde está o bar e onde vivía a vítima // Nos montes e pistas de Monfero, na Coruña continúa a búsca de Ramiro Martínez un veciño de 75 anos que padece alzheimer e parkinson e que desapareceu a tarde do pasado venres cando saiu pasear coa súa cadela // O mundo do fútbol segue consternado pola morte repentina dun adolescente cando xogaba un partido co equipo cadete da localidade coruñesa de Muxía. O clue abriu unha conta bancaria para recadar fondos co fin de repatriar o cadáver do xove xogador a Sanegal, de onde era orixinario. 25/04/16

A policía investiga en Ferrol a morte dunha camareira de 43 anos // Nos montes e pistas de Monfero, na Coruña continúa a búsca dun veciño de 75 anos que padece alzheimer e parkinson e que desapareceu a tarde do pasado venres cando saiu pasear // O mundo do fútbol segue consternado pola morte repentina dun adolescente cando xogaba un partido co equipo cadete da localidade coruñesa de Muxía. 25/04/16

O Presidente da Xunta, de viaxe en Arxentina, reuniuse co Presidente do País, Mauricio Macri, co que valorou as reformas emprendidas polo novo goberno arxentino, e das que agarda que permitan maior seguridade xurídica para as empresas galegas que fagan alí investimentos.

O fiscal que leva o caso da morte do siareiro do Deportivo, Francisco Javier Romero Taboada,JIMMI, pídelle ó xuiz que impute ós ultras do Atlético de Madrid ós que a policía sinala coma autores do crime, que foron detidos e que logo o xuíz puxo en liberdade.

O Deportivo afronta mañá a primeira das catro finais que lle quedan para garantir a permanencia na Primeira División, complicada trala derrota historica, de 0 a 8, contra o Barça. Visita ao Eibar. Ós coruñeses beneficiaríalles que o Celta lle gañase, en Balaidos, o luns ao Granada, que está moi preto do descenso. (22/04/16)

O Presidente da Xunta, de viaxe en Arxentina, reuniuse co Presidente do País, Mauricio Macri.

O fiscal que leva o caso da morte do siareiro do Deportivo, Francisco Javier Romero Taboada,JIMMI, pídelle ó xuiz que impute ós ultras do Atlético de Madrid ós que a policía sinala coma autores do crime.

O Deportivo afronta mañá a primeira das catro finais que lle quedan para garantir a permanencia na Primeira División, complicada trala derrota historica, de 0 a 8, contra o Barça. (22/04/16)

O Presidente da Xunta, de viaxe en Arxentina, reuniuse co Presidente do País, Mauricio Macri, co que valorou as reformas emprendidas polo novo goberno arxentino, e das que agarda que permitan maior seguridade xurídica para as empresas galegas que fagan alí investimentos.

O fiscal que leva o caso da morte do siareiro do Deportivo, Francisco Javier Romero Taboada,JIMMI, pídelle ó xuiz que impute ós ultras do Atlético de Madrid ós que a policía sinala coma autores do crime, que foron detidos e que logo o xuíz puxo en liberdade.

O Deportivo afronta mañá a primeira das catro finais que lle quedan para garantir a permanencia na Primeira División, complicada trala derrota historica, de 0 a 8, contra o Barça. Visita ao Eibar. Ós coruñeses beneficiaríalles que o Celta lle gañase, en Balaidos, o luns ao Granada, que está moi preto do descenso. (22/04/16)

O Presidente da Xunta inicia hoxe unha viaxe a Arxentina e Uruguay, polo que a reunión do Consello estivo presidida polo vicepresidente, Alfonso Rueda. Aprobou un programa de insercion laboral das vitimas de violencia de xenero, cun millon de euros e 33 millons en axudas para aumentar a calidade dos produtos agrarios // O expresidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, tivo durante seis anos unha sociedade nun paraíso fiscal. É a útima revelación dos papeis de Panamá, que hoxe publica El Confidencial. Segundo este diario,o expresidente de Pescanova tentou, a través do despacho Mossack Fonseca, exculpar ao resto do consello da presunta fraude na multinacional pesqueira // O deportivo voltou esta mesma mañá aos adestramentos en Abegondo, poucas horas de pois da dura goleada que sofriu, en Riazor, ante o Barcelona co que perdeu por oito goles a cero. Os coruñeses queren centrarse nos catro partidos que quedan para o final de liga e en garantir a permanencia. 21/04/16

O Presidente da Xunta inicia hoxe unha viaxe a Arxentina e Uruguay // O expresidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, tivo durante seis anos unha sociedade nun paraíso fiscal // O deportivo voltou esta mesma mañá aos adestramentos en Abegondo. 21/04/16

Ceo máis cuberto nas horas centrais do día. Pola tarde os pronóticos anuncian chuvias e chuvascos acompañadas de treboadas que remitirán ao final da xornada. 21/04/16