Hoxe permanece a influencia das altas presións, coa entrada dunha fronte fría pouco activa polo norte, onde predominan as nubes baixas, con chubascos ocasionais mentres, na metade sur os ceos permanecen parcialmente cubertos. As temperaturas sofren un descenso entre lixeiro e moderado, con máximas de 21 graos en Santiago a 25 en Ourense
Volta ás clases para uns 300.000 alumnos de primaria, Eso, Bacharelato e Formación profesional. Son uns 3.200 menos que o curso anterior, como resultado da baixa natalidade. A Xunta anuncia un récord histórico no número de profesores | A Xunta asumirá o 60 por cento da subida anunciada por Sogama para o canon de recollida do lixo, como consecuencia do novo imposto para os residuos. Anunciouno Rueda na Sesión de Control do Parlamento, na que Ana Pontón pedíulle que negocie con Pedro Sánchez sobre a súa proposta para o financiamento autonómico| Inditex obtén uns beneficios de 2.768 millons de euros no primeiro semestre do ano, o que supón un aumento de máis dun 10 por cento | Un 15% dos galegos afirma sufrir soidade crónica. Son datos do Barómetro da Soidade da Once e a Fundación Axa. Afecta máis na franxa de idade entre 18 e 35 anos que entre os maiores. Os expertos cren que é debido á utilización das novas tecnoloxías e á falta de verdadeiras relacións de amizade
Hora de volver ás clases para uns 300.000 alumnos de primaria, Eso, Bacharelato e Formación profesional. Son uns 3.200 menos que o curso anterior, como resultado da baixa natalidade | Entre os estudantes que volven hoxe as aulas hai 321 nenos cegos ou con algunha discapacidade visual. Equipos multidisciplinares da ONCE traballan con eles para garantir a súa inclusión plena | A Xunta asumirá o pago do 60 por cento da suba do canon da recollida do lixo anunciada por Sogama. Anunciouno o Presidente Rueda, na sesión do Control do Parlamento | O premio Nobel de Física Klaus von Klitzing está en Santiago, dentro do programa de divulgación científica 'Conciencia' que dirixe o catedrático da universidade de Santiago Jorge Mira. Mañá ofrecerá unha conferencia sobre a revolución cuántica en metroloxía
Concentración de país e nais en Lugo, contra do recorte de profesorado previsto nunha ducia de centros educativos da provincia, pese a que a Xunta anuncia para o curso que comenza mañá a contratación do maior número de profesores da historia. As Anpas piden que non se unifiquen aulas ante a caida do número de alumnos | O Parlamento crea unha comisión para investigar contratos da Xunta nos que a oposición sospeita de irregularidades, como o sobrecusto do Hospital Alvaro Cunqueiro, e os suscritos coa empresa Eulen, na que ocupa un posto directivo a irmá de Núñez Feijóo. Pese ao voto contrario do PP, o BNG activou o mecanismo que lle permite forzar a creación dunha comisión en cada lexislatura | A ocupación turística acadou un 80 por cento en Galicia, nos meses de xullo e agosto e algunhas zonas chegaron a rozar cen por cen. É o balance que que fai o sector tras unha temporada na que a nosa comunidade rexistrou un 75 por cento de turistas de orixe nacional | Hoxe imos coñecer unha das construccións relacionadas coa auga polas que a Ribeira Sacra aspira a ser declarada pola Unesco Patrimonio da Humanidade. É un neveiro, unha fábrica de xeo do século dezaseis, escavada a 1.200 metros de altitude na Serra de Cabeza de Meda, no concello de Xunqueira de Espadanedo. Foi abandonada hai 200 anos. Quedou á vista tras unha recente intervención arqueolóxica
Quedamos, transitoriamente, baixo a influencia do anticiclón. Intervalos de nubes baixas, con tendencia a quedar cos ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas mínimas en moderado ascenso, mentres que as máximas non experimentan cambios significativos, entre os 21 graos de Santiago aos 27 en Ourense
Pais e nais, concéntranse en Lugo, contra do recorte de profesorado no curso que comenza mañá, nunha ducia de centros educativos da provincia. Piden que non se unifiquen aulas e que se cubran todas as prazas de mestres e persoal de apoio aos alumnos con discapacidade | O Parlamento activa unha comisión de investigación pese ao voto en contra do grupo maioritario. O BNG decidíu forzala ao contar cun terzo dos deputados da Cámara. Abordará distintas contratacións da Xunta que foron cuestionadas polo Consello de Contas | Alerta en Portugal pola fuga de cinco presos dun cárcere en Lisboa. As autoridades advertiron a Garda Civil ante a posibilidade de que optaran por sair a traves dalgún paso fronteirzo |
Concentración de país e nais en Lugo, contra do recorte de profesorado previsto nunha ducia de centros educativos da provincia, pese a que a Xunta anuncia para o curso que comenza mañá a contratación do maior número de profesores da historia | O Parlamento crea unha comisión para investigar contratos da Xunta nos que a oposición sospeita de irregularidades, como o sobrecusto do Hospital Alvaro Cunqueiro, e os suscritos coa empresa Eulen, na que ocupa un posto directivo a irmá de Núñez Feijóo | A ocupación turística acadou un 80 por cento en Galicia, nos meses de xullo e agosto e algunhas zonas chegaron a rozar cen por cen | Alerta en Portugal pola fuga de cinco presos dun cárcere en Lisboa. As autoridades adverten da posibilidade de que optaran por sair a traves dalgún paso fronteirzo
Primeiro día de clase nas Universidades Galegas. E o inicio dun curso que conta con Cerca de 30.000 alumnos na de Santiago, 13.000 na da Coruña de 19.000 na de Vigo | Desconcerto entre os usuarios de Renfe a primeira hora desta mañá ao desapareceren da aplicación as frecuencias dos rexionais entre A Coruña e Vigo e figurar os trens rápidos completos | Na segunda división, o Racing de Ferrol empata a cero co Mirandés na Malata e o Deportivo a un co Granada fóra da casa. O punto gañado non evita a decepción dos ferroláns, pero si satisfai aos deportivistas pola dificultade do rival | As Meninas volven ser protagonistas no barrio ferrolán de Canido, nun certame convertido xa nun referente turístico
Renfe oferta dende hoxe 7.500 prazas máis á semana nos trens rápidos de Media Distancia do eixo atlántico. Un aumento que consideran insuficiente as asociacións de usuarios. Critican tamén os atrasos provocados por avarías e fallos na aplicación para facer reservas en liña | Comenza o novo curso para cerca de 30.000 alumnos na universidade de Santiago, 13.000 na da Coruña e 19.000 na de Vigo asistían hoxe ao primeiro día de clase. O mércores tocaralle aos estudantes de primaria, ESO, Bacharelato e FP | Os 120 refuxiados instalados en Monterroso reciben apoio do equipo de fútbol local para colaborar a súa integración. A maioría veñen de Malí e chegaron en caiucos a Canarias. Fuxen da guerra e da pobreza nos seus países de orixe. Está previsto que queden varios meses aloxados nun hotel mentres aprenden español e se preparan para poder traballar aquí | As meninas continuan conquistando muros e fachadas do barrio ferrolán de Canido, convertido xa nun museo ao aire libre. A nova edición do certame, referente para o turismo, aposta por un menor número de obras por pola falta de espacio
Renfe oferta dende hoxe 7.500 prazas máis á semana nos trens rápidos de Media Distancia do eixo atlántico. Un aumento que consideran insuficiente as asociacións de usuarios | Cerca de 30.000 alumnos na universidade de Santiago, 13.000 na da Coruña e 19.000 na de Vigo asistían hoxe ao primeiro día de clase | Os 120 refuxiados instalados en Monterroso reciben apoio do equipo de fútbol local para colaborar a súa integración. A maioría veñen de Malí e chegaron en caiucos a Canarias | Na segunda división, o Racing de Ferrol empata a cero co Mirandés na Malata e o Deportivo a un co Granada fóra da casa | As meninas continuan conquistando muros e fachadas do barrio ferrolán de Canido, convertido xa nun museo ao aire libre
Predominio de nubes baixas en toda a metade norte, con posibilidade dalgúns chuvascos ocasionais, mentres que na metade sur, intervalos de nubes baixas, con tendencia á apertura de grandes claros co avance do día. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e as máximas sen apenas cambios
Os pequenos de 0 a 3 anos son os primeiros en incorporarse ás aulas. Comeza o curso nas máis 550 escolas infantís galegas, un ensino xa gratuíto tanto nas públicas como nas privadas. En moitos centros, os pais acompañan hoxe aos peques dentro das aulas para que se vaian familiarizando coa escola | Centos de viticultores reclaman, en Monforte, que se garanta a recollida da uva, logo de que algunhas grandes adegas da Ribeira Sacra anunciaran que non mercará esta colleita. Os sindicatos agrarios consideran insuficientes as axudas propostas pola Xunta | A chegada das choivas vai favorecer os traballos de extinción dos incendios forestais que xa están a piques de quedar controlados. Os que afectan aos concellos de Crecente, Entrimo e Oímbra, este xa controlado, calcinaron máis de 500 hectáreas | A Orquestra Sinfónica de RTVE dirixida por José Luís López Antón ofrece esta tarde un concerto en Tui, no festival transfronteirizo Ikfem. Unha viaxe ibérica con compositores pouco coñecidos e a pianista portuguesa Marta Meneses
Comenzo de curso para os máis pequenos. As máis de 500 escolas infantís galegas, públicas e privadas, abren as suas portas nunha xornada para comenzar o período de adaptación | A chegada das choivas vai favorecer os traballos de extinción dos incendios forestais que xa están a piques de quedar controlados. Os que afectan aos concellos de Crecente, Entrimo e Oímbra, este xa controlado, calcinaron máis de 500 hectáreas | En Monforte, centos de viticultores concentráronse para reclamar que se garanta a recollida da uva. A protesta prodúcese despois de comunicar algunha das grandes adegas que non mercará esta colleita ante o excedente que acumulan | Na Coruña bota a andar o Festival Lírico que organizan cada ano os Amigos da Ópera. A estrea é o domingo con La Boheme, de Puccini
Un embolsamento de aire frío localizase ó norte de Galicia aportando inestabilidade. Ceos anubrados na metade norte mesmo con algún chuvasco ocasional. Pola tarde serán máis xeneralizados e estenderanse ata o interior, sendo pouco probables na metade sur. As temperaturas sofren un lixeiro descenso especialmente as máximas
Os medios aéreos intensifican a loita contra o lume no parque natural da serra do Xurés, nunha zona inaccesible para os efectivos dende terra | a Xunta rebaixa á practicamente a metade as cifras aportadas polo ministro Oscar Puente sobre o custe que suporía rescatar a Ap9. A operación non superaría os 2.335 millóns de euros, que habería que pagar á empresa concesionaria, en lugar dos máis de 4.000 dos que falou o ministro, segundo un informe aportado hoxe pola conselleira de Infraestructuras | Arranca a vendima no Salnés, na Denominación de Orixe das Rías Baixas, con dificultades para atopar man de obra dispoñible, sobre todo para as grandes adegas industriais
Os medios aéreos intensifican a loita contra o lume no parque natural da serra do Xurés, nunha zona inaccesible para os efectivos dende terra, entre os concellos de Entrimo e Lobeira. É un dos maiores incendios do que vai de verán, iniciado o martes en Portugal. Segue tamén activo o lume en Crecente, onde foi solicitada a colaboración da Unidade Militar de Emerxencias | a Xunta rebaixa á practicamente a metade as cifras aportadas polo ministro Oscar Puente sobre o custe que suporía rescatar a Ap9. colas A operación non superaría os 2.335 millóns de euros, que habería que pagar á empresa concesionaria, e non os 4.000 dos que falou o ministro, segundo un informe aportado hoxe pola conselleira de Infraestructuras. A transferencia das competencias da Autoestrada á Xunta suporía, segundo este estudo, uns 500 millóns de euros para as arcas do Estado | Arranca a vendima no Salnés, na Denominación de Orixe das Rías Baixas, con dificultades para atopar man de obra dispoñible, sobre todo para as grandes adegas industriais. Mentres, as explotacións máis pequenas botan man de familiares, amigos e vecinos | Poñer en relación dous mundos aparentemente separados como son o da ciencia e o da Creación artística.(colas) É o propósito dunha actividade organizada dentro do congreso de bioquímica e bioloxía molecular que se celebra na Coruña. A investigadora Diana Guallar comparte escenario coas Fillas de Cassandra,e poñen de manifesto as concexións entre os coñecementos sobre o ADN e a música de raíz
Os medios aéreos protagonizan a loita contra o lume no parque natural da serra do Xurés, nunha zona inaccesible para os efectivos dende terra. Segue tamén activo o lume en Crecente, onde foi solicitada a colaboración da Unidade Militar de Emerxencias | Transferir a Autoestrada do Atlántico custaría 526 millóns de euros. Así o asegura un informe presentado hoxe pola Xunta, que estima o rescate da concesión da AP9 a Audasa en 2.335 millóns de euros e non os mais de catro mil millóns de euros que baralla o Ministerio | Suspendéronse as feiras de gando en Pedrafita e na Fonsagrada en prevención da Enfermidade Hemorráxica Epizóotica., tras a aparición de novos casos, que se estenden xa por máis de 750 explotacións
Seguimos no radio do anticiclón con claras diferenzas, marcadas polo nordés, entre o norte con máis nubes e con algunhas chuvias ocasionais e o sur, onde os ceos han ir quedando máis despexados agora pola tarde. As temperaturas sen grandes cambios. Máximas que a esta hora só acadan os 25 graos en puntos de Pontevedra, coma Ponteareas ou Salceda de Caselas.
Un incendio calcinou e afundiu un pesqueiro de 14 metros en Camariñas. A Xunta activou o Plan de Continxencias por Contaminación Mariña, para controlar unha posible vertedura | A vendima xa está en marcha, algo adiantada respecto a outros anos. Na denominación de orixe Rías Baixas agardan recoller máis de corenta millóns de quilos de uva | Coñecemos os profesores que se van estrear na actividade docente en infantil e primaria. Son 500 mestres novos. Case todos naceron xa no século XXI.| Camiño Escena Norte, un intercambio cultural entre compañías de artes escénicas
Un incendio calcinou e afundiu un pesqueiro de 14 metros en Camariñas. A Xunta activou o Plan de Continxencias por Contaminación Mariña, para controlar unha posible vertedura. Investíganse as causas dun lume que non provocou feridos | A vendima xa está en marcha, algo adiantada respecto a outros anos. Estes días está comezado nalgunhas adegas. Na denominación de orixe Rías Baixas agardan recoller máis de corenta millóns de quilos de uva | O curso escolar comeza en Galicia dentro dunha semana e hoxe coñecemos aos profesores que se van estrear na actividade docente en infantil e primaria. Son 500 mestres novos. Case todos naceron xa no século 21 e medraron nunha sociedade dixital | Camiño Escena Norte, un intercambio cultural entre compañías de artes escénicas do norte da Península. En Galicia percorrerán 13 localidades