Morta unha muller, de 60 anos, presuntamente a mans do seu fillo, de 20, que xa foi detido. Ocorreu no domicilio de ambos na parroquia de Rubiós do Concello das Neves. Segundo a Garda Civil, a cargo da investigación, o presunto autor do crime padece un trastorno mental e un problema de drogodependencia | Os servizos de emerxencias rexistraron máis de 300 incidencias nas últimas horas por mor da borrasca Aitor, que deixou ventos e chuvias moi fortes en toda a comunidade. Toda Galicia segue en alerta amarela ata dentro dunha hora | Visto para sentenza en Pontevedra o xuízo pola explosión dun almacen pirotécnico de Paramos, en Tui, que en maio de 2018 causou dous mortos, numerosos feridos e danos en centos de vivendas. Tras un acordo previo o acusado aceptou catro anos de cárcere e hoxe pediu perdón aos afectados |
Parques e recintos públicos precintados en varias cidades, ante o paso de Aitor, a primeira borrasca do outono. Hai alerta laranxa no litoral e interior da provincia de Pontevedra | Na Sesión de Control, Rueda insiste en que unha quita da débeda pública sería un negocio ruinoso para Galicia | Comenza a venda e reserva de viaxes do Imserso, con cerca de 900 mil prazas ofertadas. As Illas Canarias, Baleares e Benidorm, os destinos máis desexados | A vendima na Ribeira Sacra chega ao 40 por cento | O mellor Triatleta galego da historia, Javier Gómez Noya anuncia a sua retirada ao remate da temporada | Mexicráneos é o título dunha mostra que se achega en Lugo a cultura mexicana arredor da morte
Parques e recintos públicos precintados en varias cidades, ante o paso de Aitor, a primeira borrasca do outono. A Xunta recomenda precaución ao circular, non atravesar zonas anegadas ou que poidan asolagarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos, sobre todo nas zonas próximas ao litoral e no interior da provincia de Pontevedra | hoxe comenzou, nalgúns casos facendo cola baixo a chuvia, a venda e reserva de viaxes do Imserso. En total hai cerca de 900 mil prazas ofertadas. Como é habitual, os destinos máis desexados polos galegos, e polo tanto máis difíciles de conseguir, son as Illas Canarias, Baleares e Benidorm, especialmente na primavera | A vendima na denominación de Orixe Ribeira Sacra chega xa ao corenta por cento da colleita prevista este ano, con incerteza entre os pequenos colleiteiros. Algunhas grandes adegas manteñen a negativa a recollerlles a uva ante os excedentes de viño que acumulan sen vender | O mellor Triatleta galego da historia, Javier Gómez Noya anuncia a sua retirada ao remate da temporada. O deportista ferrolán di que é o momento da despedida logo de 26 anos competindo ao máximo nivel. Na sua traxectoria, cinco campionatos mundiais, catro europeos e unha medalla de prata nos xogos olímpicos de Londres |
Parques e recintos públicos pechados dende o mediodía en varias cidades, ante o paso de Aitor, a primeira borrasca do outono. A Xunta recomenda non atravesar zonas que poidan asolagarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos, sobre todo nas zonas próximas ao litoral e no interior da provincia de Pontevedra | Na Sesión de Control, Rueda insiste en que unha quita da débeda pública sería un negocio ruinoso para Galicia | Na Ribeira Sacra xa se vendimou máis do corenta por cento da colleita prevista este ano. Incerteza pola decisión dalgunhas grandes adegas de non recoller a produción duns 400 pequenos viticultores debido o exceso de almacenaxe de viño | Mexicráneos é o título dunha mostra que se achega en Lugo a cultura mexicana arredor da morte.
Entrada dunha fronte de madrugada que deixa chuvias intensas nas primeiras horas sobre todo na fachada atlántica con cantidades importantes. Pola tarde os chuvascos serán máis ocasionais. Unha pequena tregua antes de que mañá outra fronte nos traiga o primeiro temporal do outono,. As temperaturas máximas entre os 21 graos previstos na Coruña aos 25 de Ourense
Representantes da Federación Internacional de Fútbol, en visita privada, supervisan o estadio de Riazor e outras infraestruturas da cidade da Coruña | O informe do Consello de Contas no que supervisa os ingresos e gastos da Xunta do ano 2021 foi aprobado hoxe polo Parlamento, entre críticas da oposición | Malestar entre os usuarios por novos atrasos no aeroporto de Peinador. Os pasaxeiros do voo de Ryanair procedente de Barcelona previsto para as nove da noite de onte chegaron a Vigo con 13 horas de demora| Galicia convertirase na capital mundial da maxia ao longo do vindeiro mes de outubro. As sete grandes cidades acollerán ata 20 funcións de Galicia Ilusiona | Converter un xardín nunha obra de arte. É o que fan os participantes no Festival Internacional de Xardíns Efémeros de Allariz
Representantes da Federación Internacional de Fútbol, en visita privada, supervisan o estadio de Riazor e outras infraestruturas da cidade da Coruña. O obxectivo: comprobar se cumpren os requisitos para converterse nunha das sedes do Mundial de 2030 | O informe do Consello de Contas no que supervisa os ingresos e gastos da Xunta do ano 2021 foi aprobado hoxe polo Parlamento, entre críticas da oposición. Socialistas e BNG acusan aos Populares de intentar demorar os informes do organo fiscalizador | Malestar entre os usuarios por novos atrasos no aeroporto de Peinador. Os pasaxeiros do voo de Ryanair procedente de Barcelona previsto para as nove da noite de onte chegaron a Vigo con 13 horas de demora, a causa dunha incidencia por causas operativas da compañía | Converter un xardín nunha obra de arte. É o que fan os participantes no Festival Internacional de Xardíns Efémeros de Allariz. Hai dúas propostas galegas entre as que compiten por ser elexidas como as mellores polo público e polo xurado especializado |
O Parlamento aproba o informe do Consello de Contas coa supervisión dos ingresos e gastos da comunidade autónoma do ano 2021, un día despois de que a Xunta lle remitise a correspondente a 2023. A oposición criticou o que considera intentos por parte do PP por demorar os informes do organismo fiscalizador | O presidente da Xunta critica que o goberno retirase a tramitación da senda de estabilidade, o que impedirá que os orzamentos de 2025 se presenten en prazo. Alfonso Rueda cre que é unha mostra máis da inestabilidade do goberno de Pedro Sánchez | Galicia convertirase na capital mundial da maxia ao longo do vindeiro mes de outubro.... As sete grandes cidades acollerán ata 20 funcións de Galicia Ilusiona, un festival no que se darán cita algúns dos mellores magos do planeta
Estreamos o outono esta semana con chuvias aínda que de momento, este luns aínda estamos nunha situación intermedia entre á espera de que chegue unha fronte pola noite. Durante o día, os ceos han estar máis cubertos polo norte e máis despexados pola tarde nas provincias do interior. As temperaturas sen grandes cambios
Comeza a campaña de vacinación fronte a gripe e covid, coa dobre dose ós colectivos máis vulnerables. O primeiro deles, persoas maiores. Este ano hai algunhas novidades, coma por exemplo, que se vacinan tamén, xa de inicio, aos coidadores de anciáns e persoas enfermas | En Muxía o alcalde socialista Iago Toba enfróntase a unha moción de censura, avalada polos tres grupos da oposición: o BNG, o Partido Popular e os dous independentes para apoiar a Francisco Javier Sar como novo alcalde | Un home de 78 anos aparece morto, sen sinais de violencia, dentro dunha cuba de fermentación de viño na súa adega do concello pontevedrés de Portas | Xornada sen vitorias para o futbol galego. O Celta segue sumando derrotas fora da casa. Na última encaixou tres goles ante o Athletic de Bilbao. Suma dez goles en contra en tres saídas | No Día Mundial da Construcción Sostible, o Cluster da Madeira quere chamar a atención sobre unha construcción singular. É o Centro de día ubicado na localidade ourensá de Leiro, a máis calorosa de Galicia, considerado un exemplo de integración na paisaxe no que se empregou un material illante, reciclable e que leva oito anos sen precisar mantemento
Arranca nas residencias de maiores a vacinación conxunta contra a gripe e a covid. A campaña coincide coa inmunización a bebés contra o virus sincitial e contra o da gripe para grupos de risco, entre os que se inclúe aos fumadores | O Consello da Xunta acorda dar os primeiros cinco millóns de euros as universidades para financiar a matrícula gratuita duns 20 mil alumnos este curso | Xornada sen vitorias para o futbol galego. O Celta segue sumando derrotas fora da casa. Na última encaixou tres goles ante o Athletic de Bilbao. Suma dez goles en contra en tres saídas | En Santiago, amantes do rock e musicos de diferentes idades participan nunha macroactuacion para despedir o Festival Go Go Zo
Alfonso Rueda, asegura, trala xuntanza co presidente do Goberno na Moncloa, que non recibíu ningunha concreción sobre investimentos en infraestructuras pendentes e proxectos industriais como o de Altri | A cidade de Santiago terá taxa turística a partir do próximo ano. A Xunta acepta a reclamación do concello e anuncia unha proposta que será tramitada no parlamento para habilitar ese novo imposto | Un colectivo republicano presenta en Vigo unha denuncia por branqueo de Capitais e delito fiscal contra o Rei emérito e as suas fillas | Este domingo celébrase o Día Mundial sen Coches.Unha xornada que anima a deixar os vehículos aparcados e a usar transportes alternativos para lograr cidades máis sostibles| A recén gañadora do premio nacional de poesía deste ano, Chus Pato e a cuarta escritora en lingua galega que recibe este galardón nos últimos seis anos
Alfonso Rueda, na Moncloa, dentro da rolda de contactos de Pedro Sánchez cos presidentes autonómicos. Unha xuntanza na que o presidente da Xunta tiña previsto deixar de lado calquer oferta sobre financiamento autonómico, e centrarse nas reivindicacións de Galicia en materia de Infraestruturas | Santiago terá taxa turística. A Xunta prevé que o 1 de xaneiro estea lista a norma para que os concellos que queiran poidan aplicar este imposto. Será de xestión municipal e os ingresos deberán destinarse a iniciativas de sostibilidae turística e consensuarse co sector | Denuncia en Vigo contra o Rei Emérito e as infantas Elena e Cristina por branqueo de capitais e delito fiscal. Un grupo de abogados acusan a Xoan Carlos I e ás suas fillas de ocultar fondos millonarios á facenda española mediante a constitución dunha fundación en Abu Dhabi
Alfonso Rueda, asegura, trala xuntanza co presidente do Goberno na Moncloa, que non recibíu ningunha concreción sobre investimentos en infraestructuras pendentes e proxectos industriais como o de Altri. Di que tampouco convenceu a Sánchez de non negociar bilateralmente a finaciación autonómica | A cidade de Santiago terá taxa turística a partir do próximo ano. A Xunta acepta a reclamación do concello e anuncia unha proposta que será tramitada no parlamento para habilitar ese novo imposto. Calquera concello que o solicite poderá encargarse de cobralo e destinar o ingresos a mellorar á sostibilidade turística | Un colectivo republicano presenta en Vigo unha denuncia por branqueo de Capitais e delito fiscal contra o Rei emérito e as suas fillas. Acúsanos de ocultar presuntamente fondos millonarios á facenda española mediante unha fundación creada en Abu Dhabi | A recén gañadora do premio nacional de poesía deste ano, Chus Pato, recíbenos na sua residencia habitual en Lalín. É a cuarta escritora en lingua galega que recibe este galardón nos últimos seis anos. O seu poemario "Sonora", destacado polo xurado como unha obra experimental e exemplo de poesía expansiva
Está activa esta tarde a alerta amarela por treboadas sobre todo nas provincias do interior, con chubascos localmente fortes. A inestabilidade continuará durante a fin de semana con máis probabilidade de chuvascos pola tarde co que o outono principiará este domingo con chuvias e máis fresco
A influencia anticiclónica vaise perdendo, pouco a pouco, ao tempo que aumenta a inestabilidade atmosférica. Ceos con intervalos de nubes e claros, medrando a nubes de evolución que poderán dar lugar a chuvascos treboentos, máis probables no interior da metade sur. Brétemas costeiras co avance da tarde nas Rías Baixas. As temperaturas máximas sufren un moderado descenso, sobre todo na franxa costeira
O fume que chega dos incendios de Portugal fai que a calidade do aire comeze a verse afectada. A xunta aconsella á poboación de risco non facer actividades continuadas no exterior | Un informe encargado pola Xunta plantexa sete posibles fusións de concellos. Destaca os beneficios económicos que obterían os municipios fusionados | A illa de San Simón, na Ría de Vigo, a piques de deixar de ser illa, coas figuras do monumento ao Capitán Nemo de testemuña. Unha imaxe insólita a conta da baixamar provocada polo fenómeno das mareas Vivas | O escritor Manuel Rivas presenta un novo libro. "Tras do Ceo", unha novela negra radical, con notas de humor, na que pon o foco en temas como o ecoloxismo, o abandono do mundo rural, a violencia e o machismo |
O fume que chega dos incendios de Portugal fai que a calidade do aire comeze a verse afectada. A xunta aconsella á poboación de risco non facer actividades continuadas no exterior, sobre todo en Vigo e na Costa da Morte, onde as estacións de Meteogalicia rexistran un alto volume de partículas en suspensión | Un informe encargado pola Xunta plantexa sete posibles fusións de concellos. Destaca os beneficios económicos que obterían os municipios fusionados. Entre eles o de Santiago co veciño Teo, que se convertiría na terceira gran urbe de Galicia e triplicaría a sua finaciación por habitante| | O escritor Manuel Rivas presenta un novo libro. "Tras do Ceo", Defíneo como unha novela negra radical, con notas de humor, na que pon o foco en temas como o ecoloxismo, o abandono do mundo rural, a violencia e o machismo
A illa de San Simón, na Ría de Vigo, a piques de deixar de ser illa, coas figuras do monumento ao Capitán Nemo de testemuña. Unha imaxe insólita a conta da baixamar provocada polo fenómeno das mareas Vivas que estes días están a ser, din os expertos, as máis intensas dos últimos 20 anos | O fume dos incendios de Portugal segue chegando a Galicia e a calidade do aire comeza a verse afectada en puntos das Rías Baixas e no oeste da Coruña. A xunta aconsella á poboación de risco non facer actividades continuadas no exterior debido á mala calidade do aire, sobre todo en Vigo e na Costa da Morte | O Escritor Manolo Rivas presenta o seu último libro "Tras do Ceo". Unha novela negra radical, un novo proxecto narrativo no que o autor reflexiona sobre a depredación social e natural do home
Segue a influencia anticiclónica con circulación do nordés, ceos con poucas nubes, altas na sua maioría que non impiden o paso do sol. Pola tarde medrarán nubes de evolución en zonas altas do interior. As temperaturas sen cambios cambios significativos con máximas entre os 24 graos da Coruña e os 31 de Ourense