Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Pescanova só lles garante aos seus traballadores o cobro da nómina do mes de abril. A presentación do concurso de acredores deixa en mans da xustiza a xestión da multinacional // Falece a nena de 12 anos que ingresara o sabado no hospital xeral de vigo, todo parece indicar que afectada de meninxitis bacteriana // O Narcotraficante Marcial Dorado vai ser xulgado, de novo, na audiencia nacional. Está acusado dos delitos de blanqueo, violación de segredos e contra a facenda pública en relación cunha operación por tráfico de cocaina no ano 2003. 16/04/13

Preocupación entre os traballadores de Pescanova (uns 1.500 en Galicia e 10 mil en todo o mundo), ante os problemas da compañía, logo de que fixera efectiva a súa solicitude de concurso de acreedores. Din que só lles aseguran os soldos deste mes de abril // Unha nena de 12 anos está en morte cerebral por un posible caso de meninxite bacteriolóxica, hospitalizada no Xeral de Vigo. No colexio Belesar de Baiona, onde estuda, continua a actividade escolar con normalidade, despois de que se aplicaran as necesarias medidas preventivas // A petroleira mexicana Pemex quere entrar no accionariado dos estaleiros de Vigo, segundo lle manifestaron ao presidente da Xunta de viaxe en Mexico // O Celta encaixa un gol en Mallorca na derradeira xogada do partido,e agora é o último da clasificacion, posto no que releva aos mallorquins. 16/04/13

Preocupación entre os traballadores de Pescanova (uns 1.500 en Galicia e 10 mil en todo o mundo), ante os problemas da compañía, logo de que fixera efectiva a súa solicitude de concurso de acreedores // A petroleira mexicana Pemex quere entrar no accionariado dos estaleiros de Vigo, segundo lle manifestaron ao presidente da Xunta de viaxe en Mexico. 16/04/13

Segue o tempo solleiro e con temperaturas que soben sobre todo polo sureste. As máximas superarán os vinte graos na maior parte de Galicia e en Ourense chegaran os 25. 16/04/13

Pescanova asegura que hoxe lle vai enviar a documentación económica do segundo semestre de 2012 á Comisión Nacional do mercado de valores // A Consellería do Medio Rural e do MAR espera do informe sobre a orixe do mexillón detectado en Francia, e ao que se lle atribuíron casos de intoxicación. 15/04/13

Pescanova asegura que hoxe lle vai enviar a documentación económica do segundo semestre de 2012 á Comisión Nacional do mercado de valores. As doce da noite remata o terceiro prazo que lle deu o organismo regulador, que mantén suspendida a cotización da compañía dende hai un mes // A Consellería do Medio Rural e do MAR Está á espera de que a Axencia Española de Seguridade Alimentaria informe sobre a orixe do mexillón detectado en Francia e ao que se lle atribuíron casos de intoxicación // Os ultimos estudos sobre violencia de xenero din que hai un alto indice de violencia nas parellas de adolescentes, e que tanto elas coma eles, asumen as agresions coma algo normal. 15/04/13

Pescanova asegura que hoxe lle vai enviar a documentación económica do segundo semestre de 2012 á Comisión Nacional do mercado de valores // A Consellería do Medio Rural e do MAR Está á espera de que a Axencia Española de Seguridade Alimentaria informe sobre a orixe do mexillón detectado en Francia e ao que se lle atribuíron casos de intoxicación. 15/04/13

Tempo de primavera. Tras o paso dunha pequena fronte esta pasada noite, chega o ambiente seco, ainda que quedan algunhas nubes. E o pronóstico indica que vai seguir así nos próximos días. 15/04/13

O expresidente da Deputación de Ourense será finalmente xulgado por un presunto delicto de prevaricación continuada.Ordenouno o xuíz que investigou a Xosé Luis Baltar por contratar a principios do ano 2010 a 104 persoas sen sacar as prazas a concurso // Un xuiz de Vigo obriga a Novagalicia banco a devolver mil oitocentos euros traspasados dunha cartilla infantil a participacións preferentes cando a nena cumpriu dezaoito anos. 12/04/13

Seguen as protestas dos afectados polas participacións preferentes, un día despois de que o Congreso dos Deputados aprobara a quita do 43 % para os seus propietarios. Hoxe volveron a reclamar nas rúas a devolución íntegra dos seus cartos. Todo ás poucas horas de coñecerse unha sentenza que obriga a Novagalicia Banco a devolver os cartos que pasou dunha cartilla de aforro infantil a participacións preferentes cando a titular cumpriu a maioría de idade // Rematou a folga de recollida de lixo de Vilalba, logo de 25 dias sen servizo. Empresa e traballadores chegaron a un acordo polo que estes aceptan unha reducion salarial de 33 euros ao mes, fronte aos 190 que pedia a empresa Urbaser. 12/04/13

Seguen as protestas dos afectados polas participacións preferentes, un día despois de que o Congreso dos Deputados aprobara a quita do 43 % para os seus propietarios // Rematou a folga de recollida de lixo de Vilalba, logo de 25 dias sen servizo. Empresa e traballadores chegaron a un acordo. 12/04/13

O congreso dos Deputados convalidou hoxe o real decreto que establece un novo fondo bancario para os afectados das preferentes e crea una comisión de seguemento dos casos máis vulnerables // O Presidente da Xunta inicia hoxe unha viaxe a México onde se entrevistará co máximo mandatario daquel país, Enrique Peña Nieto co fin de impulsar as relacións comerciais. 11/04/13

Rios desbordados e campos anegados. É a imaxe de entrado este mes de abril. Nas últimas 24 horas chegaron a acumularse máis de 100 litros de auga por metro cuadrado en localidades da Coruña, coma Santa Comba // Un grupo accionistas minoritarios presentaron en Madrid unha querela contra os responsables de Pescanova, da súa Auditora e da Comisión do Mercado de Valores por presuntos delitos como falseamento de contas // O Presidente da Xunta inicia hoxe unha viaxe a México onde se entrevistará co máximo mandatario daquel país, Enrique Peña Nieto co fin de impulsar as relacións comerciais. 11/04/13

Nas últimas 24 horas chegaron a acumularse máis de 100 litros de auga por metro // Un grupo accionistas minoritarios presentaron en Madrid unha querela contra os responsables dePescanova // O Presidente da Xunta inicia hoxe unha viaxe a México onde se entrevistará co máximo mandatario daquel país, Enrique Peña Nieto co fin de impulsar as relacións comerciais. 11/04/13

A esta hora xa quedou desactivada a alerta por choivas pero caeron con forza durante as primeiras horas do día, especialmente na provincia de Pontevedra. Hai zonas nas que caeron máis de sesenta litros de auga por metro cadrado. 11/04/13

Núñez Feijóo pediu hoxe desculpas, no Parlamento, polas fotos nas que aparece en compañía do narcotraficante Marcial Dorado. Pachi Vázquez afirmou que Feijóo non é digno de seguir coma Presidente da Xunta, mentres Alternativa Galega de Esquerda e BNG pedían a súa demisión // Galicia conta dende hoxe con quince novos xuíces que se farán cargo de xulgados nos que o titular cambie de unidade en comisión de servizos // Este mediodía xuraron os seus cargos na Coruña nun acto ao que asistiron as principais autoridades galegas. 10/04/13

Núñez Feijóo pediu hoxe desculpas, no Parlamento, polas fotos, recentemente publicadas, nas que aparece, a mediados da década dos 90 en compañía de Marcial Dorado, que despois foi condenado por narcotráfico. O lider do Grupo socialista, Pachi Vázquez afirmou que Feijóo non é digno de seguir coma Presidente da Xunta con ese lastre, mentres Alternativa Galega de Esquerda e BNG pedían a súa demisión // Preocupación nas factorías de Pescanova, pola destrución de emprego que pode traer aparellada a reestruturación da compañía, preocupacion compatida pola confederacion de empresarios de Pontevedra, polas consecuencias da crise da multinacional pesqueira sobre outras empresas // Aparece o cadaver dun mozo nun camiño de Vilanova de Arousa, preto da casa onde vivia, con dous machetazos na cabeza, e vestindo so roupa interior.A garda civil investiga as causas e circunstancias da morte deste home, de 35 anos, que tiña antecedentes por trafico de drogas. 10/04/13

Núñez Feijóo pediu, no Parlamento, disculpas polas fotos nas que aparece en compañía de Marcial Dorado. Pachi Vázquez di que Feijóo non é digno de seguir coma Presidente da Xunta e Alternativa Galega de Esquerda e BNG piden a súa demisión // Aparece o cadaver dun mozo nun camiño de Vilanova de Arousa, preto da casa onde vivia, con dous machetazos na cabeza, e vestindo so roupa interior. 10/04/13