A flota pesqueira do litoral de Galicia permanece amarrada en protesta pola difícil situación que, din os patróns e os armadores, está atravesando o sector. Quéixanse da escaseza de cotas de pesca que a Unión Europea lle asigna á flota española no caladoiro do Cantábrico e critican a excesiva burocracia na pesca. // A Xunta convoca unha oferta de emprego de 222 prazas en educación. 22 para inspectores e o resto para mestres. O goberno galego tamén valorou hoxe a rebaixa do absentismo laboral entre os seus empregados públicos que permitiu aforrar 26 millóns de euros só durante o ano pasado. // Un artista que nos deixa. O coruñes Jorge Peteiro será enterrado esta tarde. Quédanos unha abandosa obra na que destacan as súas singulares paisaxes, sempre cheas de cor e rebosantes de optimismo. Un estilo fácilmente recoñecible que foi a súa seña de identidade. 21/02/13
A flota pesqueira do litoral de Galicia permanece amarrada en protesta pola difícil situación que, din os patróns e os armadores, está atravesando o sector. // O presidente do Goberno comprométese a denunciar o acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania se se mantén nos termos nos que está hoxe. // Rajoy tamén anunciou no debate do estado da nación a reforma do IVE para os autónomos, que evitará que teñan que pagar o imposto mentres non cobren a factura correspondente. // O goberno galego felicita aos empregados públicos por reducir as ausencias no posto de traballo, que supuxo un aforro de 26 millóns euros durante o ano pasado. // Rouban 14 becerros nunha granxa de Xinzo de Limia, en Ourense, valorados en 14.000 euros. // Lembraremos a obra de Jorge Peteiro, un artista que nos acaba de deixar. 21/02/13
Protesta da flota pesqueira do litoral de Galicia. // Rajoy di que denunciará o acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania se non se cambia. // Rajoy tamén anunciou a reforma do IVE para os autónomos. // O goberno galego felicita aos empregados públicos por reducir as ausencias no posto de traballo. // Rouban 14 becerros nunha granxa de Xinzo de Limia. // Jorge Peteiro. 21/02/13
Intervalos nubrados e chuvascos, máis probables no Sur e no Oeste. Pola tarde, nubes en aumento e precipitacións xeneralizadas, de máis intensidade na metade Oeste, onde poden ter carácter tormentoso. Ventos moderados de compoñente Sur. Temperaturas mínimas en ascenso entre lixeiro e moderado e máximas sen cambios significativos. 21/02/13
Os proxectos de investigación tecnolóxica para mellorar a competitividade das nosas empresas van contar con setenta e cinco millóns de euros correspondentes ao programa INTERCONECTA 2. Unha aportación que vai ser publicada no BOE esta mesma semana. // A praia das Catedrais da Mariña foi recoñecida coma a sexta mellor do mundo pola páxina web especializada en viaxes TRIPADVISOR. Unha clasificación que coloca ao areal lucense coma o mellor de España. A mesma páxina considera que o areal da Lanzada é o sexto mellor do Estado. 20/02/13
Salas de xuízos baleiras, mentres xuíces, fiscais, procuradores e outros traballadores da xustiza concéntranse na rúa contra a lei de taxas xudiciais e outras medidas que consideran que limitan o acceso á xustiza. // O presidente da Xunta anuncia que esta semana o BOE vai publicar un novo plan dotado con 70 millóns de euros para promover a innovación e a investigación. // Mañá abre o prazo dun mes para solicitar praza nas escolas infantís da Xunta para o próximo curso. En setembro van entrar en servizo catrocentas prazas novas nestas garderías públicas. // Desaloxan un edificio do casco histórico de Lugo por risco de derrubamento, ó ter a súa deteriorada, segundo os técnicos municipais. // Un estudo realizado polo Centro de Investigacións Forestais de Lourizán permitirá aos produtores de castaña identificar as variedades mais produtivas. // Os deseñadores galegos na Mercedes Fashion week de Madrid. 20/02/13
Folga na Administración de Xustiza contra a lei de taxas xudiciais. // O presidente da Xunta anuncia 70 millóns de euros para promover a innovación e a investigación. // Mañá abre o prazo para solicitar praza nas escolas infantís da Xunta. // Desaloxan un edificio do casco histórico de Lugo por risco de derrubamento. // Un estudo para identificar as variedades de castaña máis produtivas. // Os galegos na Fashion week de Madrid.
Nubes en toda Galicia á espera dunha fronte que chega pola noite. Pola tarde pode comezar algunha chuvia moi débil, illada e ocasional, sendo xeneralizadas pola noite. Ventos frouxos de compoñente Sur en xeral. No litoral atlántico aumentarán a moderados durante a tarde e serán fortes durante a noite. 20/02/13
A flota galega queda excluída da renegociación do acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania, que se desenvolve desde hoxe en París. Os mariñeiros pensan a decisión non responde a criterios científicos, pois os últimos informes din que a situación do caladoiro é mellor do que asegura Mauritania. // Cos puríns dun cento de vacas pódese fornecer de enerxía eléctrica a unhas vinte vivendas. Hoxe inaugurouse en Lalín unha planta piloto de biogás, para comprobar a súa viabilidade nas explotacións gandeiras galegas. Con ela tamén se reducen os problemas medioambientais do vertido dos puríns á terra. // Médicos e pacientes con melanoma piden que se fagan máis campañas de concienciación e máis eficaces, xa que protexéndonos adecuadamente do sol poderíanse evitar moitos casos desta enfermidade. En Galicia diagnostícanse cada ano case 300 casos de melanoma. 19/02/13
A flota galega queda excluída da renegociación do acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania, que se desenvolve desde hoxe en París. // Cos puríns dun cento de vacas pódese fornecer de enerxía eléctrica a unhas vinte vivendas. É o que demostra esta planta piloto de biogás, inaugurada hoxe en Lalín. // Un instituto de Santiago pon en marcha o primeiro programa de Formación Profesional Dual na nosa comunidade . Este sistema compaxina a formación teórica cun contrato de aprendizaxe nunha empresa. // En Galicia diagnostícanse cada ano case 300 casos de melanoma, que é o cancro de pel máis mortal en fases avanzadas. // Abel Resino preséntase como novo adestrador do Celta. Vén con contrato para o que resta de temporada e unha máis. 19/02/13
A flota galega queda excluída da renegociación do acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania. // Cos puríns dun cento de vacas pódese fornecer de enerxía eléctrica a unhas vinte vivendas. // Bota a andar a Formación Profesional Dual. // En Galicia diagnostícanse cada ano case 300 casos de melanoma. // Abel Resino preséntase como novo adestrador do Celta. 19/02/13
Nubes en toda Galicia, máis compactas na metade Sur, con chuvascos máis probables na provincia de Ourense e Sur da de Lugo. Ventos frouxos de compoñente Leste. Temperaturas sen cambios significativos. 19/02/13
Enfrontamentos entre a policia e un grupo de persoas que tentaban impedir o desafiuzamento dunha anciá de 85 anos. A muller ten a vivenda alugada. Acúsana de non pagar a renda do mes de marzo pasado, pero ela asegura que xa se puxo ao día. // O Concelleiro de Seguridade de Santiago, Albino Vázquez, presenta formalmente a súa demisión, tras quedar en liberdade baixo fianza no marco da operación Manga. Esta imputado por suborno, revelación de información privilexiada e tráfico de influencias. // Investigadores da Universidade de Vigo lanza un globo estratosférico para comprobar como responden a trinta kilómetros de altura as pezas e sistemas que se instalarán en pequenos satélites. Este grupo de investigación traballa nun proxecto das Nacions Unidas. 18/02/13
Unhas 200 persoas impiden, polo de agora, o desafuizamento dunha anciá de 85 anos do piso no que vive, na Coruña. A muller ten a vivenda alugada. // O Concelleiro de Seguridade de Santiago, Albino Vázquez, presenta formalmente a súa demisión, tras quedar en liberdade baixo fianza no marco da operación Manga. // A CIG presentou máis de dez mil sinaturas de profesores contra o proxecto de lei de reforma educativa do Ministerio ao que acusan de perxudicar á educación pública e ao ensino do idioma galego. // Investigadores da Universidade de Vigo lanza un globo estratosférico para comprobar como responden a trinta kilómetros de altura pezas e sistemas que se instalarán en pequenos satélites. // Paco Herrera parece ter as horas contadas no Celta. A falta de confirmación ofical, o presidente e o director deportivo do Club estaría negociando en Madrid substituilo por Abel Resino. 18/02/13
Ceos parcialmente anubrados, con claros parciais no leste da comunidade. As nubes poden deixar algunha chuvia débil no litoral de Pontevedra e A Coruña. Temperaturas mínimas sen cambios e máximas en ascenso. Ventos de compoñente sur durante o día, que tenden a ir diminuíndo de intensidade. 18/02/13
Unhas 200 persoas impiden, polo de agora, o desafuizamento dunha anciá de 85 anos na Coruña. // O Concelleiro de Santiago, Albino Vázquez, presenta formalmente a súa demisión. // A CIG presentou máis de dez mil sinaturas de profesores contra o proxecto de lei de reforma educativa. // Investigadores da Universidade de Vigo proban a resistencia de pezas e sistemas que se instalarán en pequenos satélites. // Paco Herrera, coas horas contadas no Celta. 18/02/13
O Xulgado de Lugo manda ao cárcere ao delegado de Aquagest en Santiago, José Luis Míguez, detenido na operación "Manga" e acusado de suborno, malversación e tráfico de influencias. Esta tarde está previsto que declaren o concelleiro de Seguridade de Compostela e Ángel Espadas, que foi asesor do anterior alcalde da cidade, Gerardo Conde Roa. // A fábrica de armas da Coruña pechará dentro dun mes e os seus 177 traballadores serán despedidos. Así o anunciou a empresa, General Dynamics. Das cinco factorías que ten o grupo en España a da Coruña é a única que pecha, aínda que en todas hai previstos ERES. // Esta noite vaise interpretar na catedral de Ourense o primeiro oratorio en castelán, composto por Pedro Martínez Orgambide en 1704. A partitura desta composición deuse por perdida durante séculos, por iso leva sen ser interpretada case trescentos anos. 15/02/13
Comezan a declarar no Xulgado de Lugo os catro detidos onte en Santiago na operación Manga, derivada da Pokemon. // A fábrica de armas da Coruña pechará dentro dun mes e os seus 177 traballadores serán despedidos. // Dez empresas negocian nestes momentos coa Xunta para incorporarse á formación dual que promove a Consellería de Educación. // Un armador de Ribeira leva un ano retido en Liberia, co seu barco e 15 membros da tripulación, acusado de pesca ilegal. A autoridades do país africano esixenlle o pagamento de case 88.000 euros. // Fernando Vázquez estrease esta noite no Sanchez Pizjuan de Sevilla como novo técnico deportivista. O Celta visita mañá ao Getafe. // Primicia en Ourense: O oratorio en castelán máis antigo. 15/02/13
Comezan a declarar os catro detidos en Santiago na operación Manga. // A fábrica de armas da Coruña pechará dentro dun mes. // Dez empresas negocian coa Xunta para incorporarse á formación dual. // Un armador de Ribeira leva un ano retido en Liberia. // Fernando Vázquez estrease esta noite en Sevilla. // O oratorio en castelán máis antigo. 15/02/13
Ceos pouco nubrados, unicamente coa presenza de nubes altas, pero con néboas matinais no interior ocasionalmente persistentes e intervalos de nubes baixas no litoral Norte, onde pode haber algún chuvasco ocasional. Ventos frouxos de dirección variable. Temperaturas mínimas sen cambios e máximas en ascenso lixeiro. 15/02/13