Parcelas completamente anegadas, nas que é imposible traballar. Son os estragos que deixa o temporal en moitas zonas gandeiras, ca maior parte da forraxe pendente de ser colleitada. As organizacións agrarias calculan unhas perdas de máis de 65 millóns de euros na produción de millo, e piden a declaración de zona catastrófica para activas compensacións| Satisfacción nos grupos políticos polo anuncio do goberno central dunha nova rebaixa nas peaxes da AP-9, que será aprobada a próxima semana. Nacionalistas e socialistas destacan que se da así cumplimento a un acordo para a investidura de Pedro Sánchez | A Xunta anuncia a incoportación de psicólogos clínicos nos Centros de Saúde para tratar os problemas de saúde mental. Unhas patoloxías que nas zonas rurais afrontan cunha especial carencia de recursos e un maior estigma social | Cristobal Colón está, efectivamente, soterrado na Catedral de Sevilla. Así o certifican os científicos que investigaron o seu ADN, e que participaron no documental sobre a orixe descubridor. O programa que TVE emitirá o próximo sábado, desvelará a incóngnita entre as distintas hipóteses, como a de que podería ser galego
Tralo paso de Kirk, chega a calma antes de que mañá volva entrar outra fronte. Néboas polo interior con ceos nubrados e chuvascos intermentes na fachada atlántica durante a mañá e no interior nas horas centrais do día. As temperaturas baixan
Estragos do temporal en moitas zonas gandeiras, ca maior parte da forraxe pendente de ser colleitada. As organizacións agrarias calculan unhas perdas de máis de 65 millóns de euros e piden a declaración de zona catastrófica | A borrasca Kirk deixou máis de 1.300 incidencias en Galicia, máis da metade na provincia de Pontevedra | O goberno central anuncia unha nova rebaixa das peaxes da AP9, pero desbota un rescate completo, por considerar que sería lesivo para o Estado | A Xunta anuncia a incoporación de psicólogos clínicos nos Centros de Saúde para tratar os problemas de saúde mental | Cristobal Colón está, efectivamente, soterrado na Catedral de Sevilla. Así o certifican os científicos que investigaron o seu ADN. O programa que TVE emitirá o próximo sábado, desvelará a incóngnita entre as distintas hipóteses, como a de que podería ser galego
Os efectos da borrasca Kirk: Muros caídos, inundacións, árbores derrubadas, tellados levantados. Moitos problemas no tráfico por estrada e algúns tamén no ferroviario e no aéreo | Sesión de control no Parlamento: A Xunta dará o vindeiro ano axudas directas aos mozos para emanciparse e reservará para eles o 40 % da vivenda pública en aluguer | Axudar aos estudantes a decidir a que queren dedicarse no futuro. É o obxectivo do salón Edugal, en Pontevedra | Hoxe inaugúrase Simultánea, unha exposición que se mostra ao mesmo tempo nas sete sedes de Afundación en Galicia.
Unha manga mariña que tocou terra na costa da morte, chega a causar desperfectos en Vimianzo. Tellados levantados e un carballo centenario arrincado, ao paso dun fenómeno inusual de ventos moi fortes, ainda que sen danos persoais | A Xunta vai triplicar os fondos destinados a vivenda nos presupostos do ano que vén. Así o anunciou o Presidente Rueda na súa comparecencia no Parlamento para expoñer as liñas estratéxicas do seu goberno. Eleva ao 2´1 por cento a previsión de crecemento da economía | O envío e recepción de imaxes eróticas a través das redes, coñecido como sexting, aumenta un nove por cento en Galicia nos últimos anos. Ainda que, segundo os investigadores non é unhpa práctica maioritaria na mocidade. Destacan o perigo que supón de que as mulleres poidan sufrir acoso sexual | O movemento da Unión Militar Democrática cumpre medio século. Un grupo de oficiais do exército español, do que formaba parte o capitán pontevedrés Xosé Fortes. No seu último libro lembra cómo intentaban axudar á chegada da democracia, alentados pola revolucións dos caraveis de Portugal
O tempo vai ir empeorando conforme se vaian achegando os restos do furacán Kirk. Os refachos superan os 100 km por hora en Muras na serra do Xistral, nunha mañá de ceos nubrados, chuvascos intermitentes e temperaturas máximas que roldan os 20 graos
Unha manga mariña que tocou terra na costa da morte, chega a causar desperfectos en Vimianzo | Concentracións esta mañá, no Parlamento e outras institucións, para condenar o asasinato en Moaña de Fadoua Akkar, de 41 anos e veciña de Pontevedra | A Xunta vai triplicar os fondos destinados a vivenda nos presupostos do ano que vén. Así o anunciou o Presidente Rueda na súa comparecencia no Parlamento | O envío e recepción de imaxes eróticas a través das redes, coñecido como sexting, aumenta un nove por cento en Galicia nos últimos anos. Ainda que, segundo os investigadores non é unhpa práctica maioritaria na mocidade | O movemento da Unión Militar Democrática cumpre medio século. Un grupo de oficiais do exército español, do que formaba parte o capitán pontevedrés Xosé Fortes. No seu último libro lembra cómo intentaban axudar á chegada da democracia
Unha manga mariña que tocou terra na costa da morte, chega a causar desperfectos en Vimianzo. Tellados levantados e un carballo centenario arrincado, ao paso dun fenómeno inusual de ventos moi fortes, ainda que sen danos persoais | Concentracións esta mañá, no Parlamento e outras institucións, para condenar o asasinato en Moaña de Fadoua Akkar, de 41 anos e veciña de Pontevedra | A Xunta vai triplicar os fondos destinados a vivenda nos presupostos do ano que ven, e eleva ao 2´1 por cento a previsión de crecemento da economía galega. Así o anunciou o Presidente Rueda na súa comparecencia no Parlamento para expoñer as liñas estratéxicas do seu goberno | O envío e recepción de imaxes eróticas a tráves das redes sociais medrou un nove por cento nos últimos anos entre os adolescentes galegos.
Presta declaración no xulgado de Cangas o home acusado de matar súa parella que apareceu aboiando a carón dun coche caído ao mar en Moaña, un crime confirmado como violencia de xénero | O concello de Muxía conta con novo alcalde, o independente Javier Sar, tras prosperar a moción de censura contra o socialista Iago Toba, contou co apoio dos tres concelleiros do Partido popular, os dous do grupo independente e a única representante do BNG | Os colectivos contrarios a planta de Altri en Palas de Rei denuncian que a Xunta está a enviar requerimentos aos particulares que presentaron as 23.000 alegacións contra ao proxecto, para tratar de anulalas | Os sindicatos policiais denuncian que o dispositivo de seguridade previo ao encontró entre o Depor e o Málaga non foi o axeitado. A Liga de Fútbol anuncia que se vai persoar como acusación particular |
Trasladado dende o hospital no que estaba ingresado, en Vigo, o home acusado de matar a unha muller que apareceu no interior dun coche caido ao mar en Moaña, un crime confirmado xa como violencia de xénero. El resultou ferido e, unha vez dado de alta, está a ser conducido a prestar declaración xudicial ante o xulgado de Cangas | O concello de Muxía ten novo alcalde, o independente Javier Sar, tras prosperar esta mañá a moción de censura contra o socialista Iago Toba, apoiada polos tres concelleiros do Partido popular, os dous do grupo independente e a única representante do BNG | Os dous aficionados do Depor detidos onte nos disturbios relaciondados co partido contra o Málaga quedaron en liberdade, anque non se descartan novas detencións. Os sindicatos policiais denuncian que o dispositivo policial non foi axeitado
Presta declaración no xulgado de Cangas o home acusado de matar súa parella que apareceu aboiando a carón dun coche caído ao mar en Moaña, un crime confirmado como violencia de xénero. El resultou ferido e, tras ser hospitalizado en Vigo foi dado de alta, e posto a disposición xudicial |O concello coruñes de Muxía conta con novo alcalde, é o independente Javier Sar, tras prosperar esta mañá a moción de censura contra o socialista Iago Toba. Unha moción que contou co apoio dos tres concelleiros do Partido popular, os dous do grupo independente e a única representante do BNG, ainda que esta última ten aberto un expediente disciplinario do partido | Os colectivos contrarios a planta de Altri en Palas de Rei denuncian que a Xunta está a enviar requerimentos aos particulares que presentaron as 23.000 alegacións contra ao proxecto, para tratar de anulalas. O presidente da Xunta asegura que a maioría desas alegacións teñen unha finalidade política | Siguen as repercusións aos disturbios relacionados co partido entre o Deportivo e o Málaga. Os sindicatos policiais denuncian que o dispositivo de seguridade non foi o axeitado. A Liga de Fútbol anuncia que se vai persoar como acusación particular. Os dous aficionados detidos quedaron en liberdade e non se descartan novas detencións
Todo o litoral atlántico está en alerta. A aemet activou aviso amarelo por chuvia, vento e por ondas que na costa coruñesa poden chegar aos 5 metros. Os refachos de vento xa superaron os 90 kilómetros por hora en Malpica pero o que máis se está a notar é a chuvia que por momentos cae con forza sobre todo na provincia de Pontevedra.
A actividade ciclónica no Atlántico promete chuvias intensas para os próximos días. De momento, continuamos co ambiente algo húmido pero en xeral os ceos han quedar despexados ata a noite na que se poderían rexistrar algúns orballos. Mañá entra unha fronte que deixará sobre todo chuvia durante a madrugada con aviso amarelo no sur da Coruña e en Pontevedra
Esperada intervención de Edmundo González Urrutiano Foro da Illa da Toxa. Perseguido polo réxime de Maduro e asilado en España, preséntase como Candidato vencedor das eleccións en Venezuela, para abordar a delicada situación que atravesa o seu país | A Comisión de investigación sobre contratos da Xunta queda constituída no Parlamento. Creada a petición do BNG co apoio dos socialistas, O PP impuxo a sua maioría para designar a deputada Elena Candia como presidenta. Abordará supostas irregularidades en contratos suscritos polos gobernos de Rueda e Núñez Feijóo | Especialistas policiais retiran recipientes de ácido pícrico en medio cento de centros educativos das provincias da Coruña e Lugo. Din que se trata dun composto empregado como material de laboratorio en determinados exercicios, que pode explotar ao degradarse coa calor ou cun impacto | A Festa do Marisco, no Grove, arranca con Ringleiras de comensais. Espérase que máis de 200.000 persoas se acheguen a participar da cita gastronómica, que se celebra dende hai 60 anos
Esperada intervención de Edmundo González Urrutiano Foro da Illa da Toxa. Preséntase como Candidato vencedor das eleccións en Venezuela | A Comisión de investigación sobre contratos da Xunta queda constituída no Parlamento | Galicia está a ser exemplar no problema de acollida de inmigrantes. Son palabras do presidente da Comunidade Canaria logo dun encontro con Alfonso Rueda | Especialistas policiais retiran recipientes de ácido pícrico en medio cento de centros educativos das provincias da Coruña e Lugo | A Festa do Marisco, no Grove, arranca con Ringleiras de comensais. Espérase que máis de 200.000 persoas se acheguen a participar da cita gastronómica
Edmundo González Urrutia está xa na Illa da Toxa. Perseguido polo réxime de Maduro e asilado en España, vai intervir no Foro vínculo Atlántico como Candidato vencedor das eleccións en Venezuela, para expoñer a delicada situación que atravesa o seu país | Constituida esta mañá no Parlamento a Comisión de investigación sobre os contratos da Xunta con empresas afíns ao PP e o sobrecusto do Hospital de Vigo. Será presidida pola deputada popular, Elena Candia | Os Tédax da Polícía Nacional retiran máis de medio cento de recipientes con ácido pícrico de centros educativos de Lugo e A Coruña. É un composto da familia do TNT que ao degradarse pode explotar coa calor, coa frición ou cun impacto
A Illa da Toxa recibe a líderes, expertos e exdirixentes políticos de todo o mundo para participar no Foro Vínculo Atlántico. Una edición na que se fará un repaso aos aspectos mais conflitivos do panorama internacional, dende Venezuela a, Ucraína ou Oriente medio pasando polas eleccións en Estados Unidos | En Vigo pecha as suas portas Conxemar, a feira mundial dos conxelados, con récord de participantes e de público. Grandes grupos e pequenas empresas coinciden na necesidade de capturas máis selectivas e métodos máis eficientes para adaptarse aos novos hábitos dos consumidores, nun sector que factura 18.000 millóns de euros ao ano | Os expertos do Foro Económico calculan en 634 millóns de euros a cantidade que Galicia deixaría de recibir se Cataluña abandona o réxime común de financiamento autonómico. No caso de que o modelo de concerto se extenda a todas as comunidades, as perdas poderían superar os 2.000 millóns de euros | Novo ataque do lobo ao gando no norte da provincia de Lugo. Unha gandeira da Pastoriza perdeu sete becerros que pacían nun prado da parroquia de Reigosa, na mesma explotación na que o lobo matou 29 reses o ano pasado. Os afectados denuncian que as axudas públicas non compensan os danos e piden medidas de control para a especie
A Illa da Toxa recibe a líderes, expertos e exdirixentes políticos de todo o mundo para participar no Foro Vínculo Atlántico, no que se fará un repaso aos aspectos mais conflitivos do panorama internacional, dende Venezuela a, Ucraína ou Oriente medio | En Vigo pecha as suas portas Conxemar, a feira mundial dos conxelados, con récord de participantes e de público | Desarticulada pola Garda Civil unha organización criminal dedicada ao narcotráfico, na comarca do Barbannza | Os expertos do Foro Económico calculan en 634 millóns de euros a cantidade que Galicia deixaría de recibir se Cataluña abandona o réxime común de financiamento autonómico | Novo ataque do lobo ao gando no norte da provincia de Lugo. Unha gandeira da Pastoriza perdeu sete becerros que pacían nun prado. Na mesma explotación o lobo matou 29 reses o ano pasado.