O fume e o cheiro a queimado que chega dos incendios do Norte de Portugal déixase notar en todo o sur de Galicia | En Galicia son catro os incendios activos, que suman máis de 300 hectáreas arrasadas. O último en declararse é o do concello ourensán de Chandrexa de Queixa | Sogama xustifica a necesidade de aumentar o Canon do lixo de 78 a 108 euros por tonelada, debido ao aumento dos impostos e di que arrastra unhas perdas de 33 millóns de euros | Contar en tempo real o número de peregrinos que están facendo cada etapa da Ruta Xacobea. É o que permitirá unha nova aplicación dixital impulsada por Turismo de Galicia. O obxetivo é facilitar o reconto aos concellos polo que pasa o Camiño francés para que poidan xestionar a afluencia | Revivir os relatos de Emilia Pardo Bazán. É o obxectivo dun proxecto audiovisual co que a Casa-Museo da escritora
| Presidente da Xunta insiste en que non aceptará negociar aspectos de financiamento autonómico con Pedro Sánchez, no seu encontro previsto na Moncloa. Nunha entrevista en RNE, Rueda resta importancia á débeda pública da administración autonómica, que o BNG estima en máis de 14.000 millóns de euros | Sogama xustifica a necesidade de aumentar o Canon do lixo, de 78 a 108 euros por tonelada, debido ao aumento dos impostos. A empresa di que arrastra actualmente unhas perdas de 33 millóns de euros | Contar en tempo real o número de peregrinos que están facendo cada etapa da Ruta Xacobea. É o que permitirá unha nova aplicación dixital impulsada por Turismo de Galicia. O obxetivo é facilitar o reconto aos concellos polo que pasa o Camiño francés para que poidan xestionar a afluencia, evitar aglomeracións e problemas de seguridade
O fume e o cheiro a queimado que chega dos incendios do Norte de Portugal déixase notar en todo o sur de Galicia, como en Vigo, esta mañá. É o rastro dunha vaga de lumes no país veciño, que se exténde por unha superficie de 100.000 quilómetros cadrados sobre a costa atlántica, ata Fisterra | Alfonso Rueda descarta aceptar calquer proposta de financiación autonómica por parte de Pedro Sánchez que supoña un trato bilateral. Así o reiterou hoxe o presidente da Xunta nunha entrevista en Radio Nacional | Revivir os relatos de Emilia Pardo Bazán. É o obxectivo dun proxecto audiovisual co que a Casa-Museo da escritora quere celebrar os 173 anos do seu nacemento. Personalidades do mundo da cultura e das artes póñenlle voz a fragmentos que teñen unha temática moi actual
Continuamos baixo influencia anticiclónica, Con tempo seco e soleado, e con algún banco de néboa illado en zonas de interior. As temperaturas mínimas non experimentaron cambios, mentres que as máximas descenden lixeiramente. Oscilan entre os 22 graos en Lugo os 30 en Ourense ou nas Rías baixas. Hai aviso amarelo por ventos fortes no litoral noroeste
O lume arrasa xa máis de 200 hectáreas nos dous incendios sen controlar no concello da Gudiña, nunha zona incluida na listaxe de alta actividade incendiaria | A multinacional galega do alumino Cortizo inaugura en Padrón o seu Campus tecnolóxico, co obxectivo de convertelo nun referente internacional de formación de profesionais en enxeñeira de fachadas | Galicia é a comunidade cos prezos máis económicos para facer a compra no supermercado. O Alcampo da avenida de Madrid, de Vigo, é o segundo máis barato de España | A figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao chega a pantalla grande. En Pontevedra está en marcha a rodaxe de "Antes de Nos", unha película de ficción sobre a sua vida
O lume arrasa xa máis de 200 hectáreas nos dous incendios sen controlar no concello da Gudiña, nunha zona incluida na listaxe de alta actividade incendiaria. O Os efectivos que traballan na extinción cren que os focos foron intencionados e din que a evolución é favorable e confían que queden estabilizado nas próximas horas | Galicia é a comunidade cos prezos máis económicos para facer a compra no supermercado. O Alcampo da avenida de Madrid, de Vigo, é o segundo máis barato de España. Así o indica o estudo comparativo da Organización de Consumidores e Usuarios feito público hoxe. Dí que, elexindo ben as ofertas, pódense aforrar ata 1.300 euros ao ano | A multinacional galega do alumino Cortizo inaugura en Padrón o seu Campus tecnolóxico, co obxectivo de convertelo nun referente internacional de formación de profesionais en enxeñeira de fachadas. Un complexo de 25 mil metros cádrados, con tres edificios construídos con criterios de sostibilidade, e que supuxo un investimento de 40 millóns de euros | A figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao chega a pantalla grande. En Pontevedra está en marcha a rodaxe de "Antes de Nos", unha película de ficción sobre a sua vida. Dirixida por Ángeles Huerta e protagonizada por Xoan Forneas e Cris Iglesias, a cinta vai descubrir episodios pouco coñecidos sobre a vida do intelectual e galeguista rinaxeiro
Galicia é a comunidade cos prezos máis económicos para facela compra no supermercado. O Alcampo da avenida de Madrid, de Vigo, é o segundo máis barato de España. Así o indica o estudio comparativo da Organización de Consumidores e Usuarios feito público hoxe | As condicións meteorolóxicas seguen a elevar a perigosidade do lume nos montes. Arestora continúa activo un incendio no concello ourensán da Gudiña, na parroquia de Barxa | A multinacional galega do alumino Cortizo Inaugura en Padrón o seu Campus tecnolóxico, co obxectivo de convertelo nun referente internacional de enxeñeira de fachadas | Por "unha obra innovadora, arriscada, e polas suas texturas e técnicas", a ilustradora coruñesa Bea Lema é a gañadora do Premio Nacional de Cómic.
Ata mediados de semana continuaremos con tempo seco e solleiro. Os ceos están despexados con algunhas nubes altas. As temperaturas mínimas subiron e as máximas poden baixar algo. Con todo, seguirán en valores altos. Na metade norte rondarán os 25 graos, 28 en Santiago e por riba dos 30 no sur da comunidade
Morren tres traballadores galegos nun accidente na Nacional VI. A furgoneta na que viaxaban, dunha empresa de pintura de Cerceda colisionou cun camión, á altura da localidade de Carracedelo, no bierzo | A Xunta comenzara a administrar a partir do mércores a vacina do virus do papiloma humano a 27.000 varóns de 15 a 18 anos | Protesta en Vigo contra a subvención autonómica concedida ao proxecto inmobliario para construir once vivendas de uso turístico no Paseo de Alfonso | Máximo risco de incendios, hoxe en 33 concellos, sobre toda a metade sur | O celta suscribe o mellor inicio de temporada en Balaídos dende hai un cuarto de século. Na quinta xornada vence ao Valladolid por tres
Tres traballadores galegos, falecen nun accidente de trafico ao chocar a furgoneta na que viaxaban cun camión, na Estrada Nacional VI, ao seu paso pola localidade leonesa de Carracedelo, cerca de Ponferrada. Os falecidos son dos veciños de Coristanco e outro compañeiro da empresa de orixe sudamericana, os tres empregados dunha empresa de pinturas radicada na localidade coruñesa de Cerceda | A Xunta comenzara a administrar a partir do mércores a vacina do virus do papiloma humano a 27.000 varóns de 15 a 18 anos. Rueda confirma que manterá o venres unha xuntanza con Pedro Sánchez na Moncloa, polo que suspendeu a viaxe prevista a Brasil| Protesta en Vigo contra a subvención autonómica concedida ao proxecto inmobliario para construir once vivendas de uso turístico no Paseo de Alfonso. A asociación Os Ninguéns, de axuda a persoas vulnerables, Reclama que os fondos sexan destinados a favorecer necesidades de aloxamento de emerxencia social | O celta suscribe o mellor inicio de temporada en Balaídos dende hai un cuarto de século. Na quinta xornada vence ao Valladolid por tres a un cunha gran aportación dos xogadores da canteira, sobre todo, do ourensán Hugo Álvarez. Sitúase quinto na táboa e o segundo equipo máis goleador, despois do Barcelona
Máximo risco de incendios, hoxe en 33 concellos, sobre toda a metade sur. As altas temperaturas aumentan o perigo e nas últimas horas producíronse varios focos. Arestora son dous os lumes activos. Un no concello ourensán de Laza e outro no pontevedrés de Arbo, que xa foi estabilizado | 27 mil varóns, entre 15 e 18 anos poderán ser vacinados contra o papiloma humano a partir do vindeiro mércores. Ásí o aprobou hoxe o consello da Xunta, que tamén acordou adicar 8 millóns de euros a mercar vievenda pública para poñer en aluguer | O Celta de Vigo está a ser dos mellores equipos da primeira división neste comezo da tempada por xogo e pola súa solidez na casa. Na quinta xornada vencía ao Valladolid por tres goles a un cunha gran aportación dos xogadores da canteira, sobre todo, do ourensán Hugo Álvarez
Principia unha fin de semana de tempo seco e solleiro. Despois dunha mañá con algúns bancos de néboa no interior, os ceos van quedando despexados con máis nubes no extremo. As temperaturas mínimas, notámolo esta mañá, baixaron pero as máximas han subir, hoxe e mañá, con valores que oscilarán entre 25 e 30ºC.
O BNG cumpre o seu anuncio de forzar unha comisión de investigación parlamentaria sobre contratos da Xunta que considera irregulares. Entre eles, a construción do Hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo, ou as adxudicacións á empresa Eulen. Pedirán que comparezan o expresidente Núñez Feijóo e o actual, Alfonso Rueda | Viticultores da Ribeira Sacra manteñen as protestas, pola negativa das grandes adegas a mercalles a uva, debido aos excedentes que teñen acumulados. Hoxe, convocados polo Sindicato Labrego, chegaron a repartir acios entre o público, en Lugo. A Xunta comprométese a buscar unha solución para que toda a colleita poda ser recollida, e asegurar que non se repita no futuro| As exportacións de lousa de Valdeorras descenden un nove por cento no último ano, pola caída da actividade da construcción en países como Alemania, Reino Unido e Francia. As empresas do sector, que da emprego a máis de 4.000 traballadores na comarca, confían nunha recuperación nos próximos meses e apostan por mellorar a dixitalización do proceso produtivo | Achegar a maxia ao público de todas as idades. Con ese obxectivo nace Pontevedra Máxica Fest.Un festival no que magos de distintos puntos de España ofrecen ,ao longo da fin de semana. máis dunha vintena de espectáculos en locais de hostalería e lecer. Esta mañá arrancaron na Residencia de Maiores de Campolongo
O BNG cumpre o seu anuncio de forzar unha comisión de investigación parlamentaria sobre contratos da Xunta que considera irregulares | Viticultores da Ribeira Sacra manteñen as protestas, pola negativa das grandes adegas a mercalles a uva, debido aos excedentes que teñen acumulados | As exportacións de lousa de Valdeorras descenden un nove por cento no último ano, pola caída da actividade da construcción en países como Alemania, Reino Unido e Francia | O ciclista coruñes Damián Ramos volve de París, onde recibi a medalla paralímpica de bronce | As listas de agarda, tanto para probas como para consultas e cirurxías, principal motivo de queixa dos cidadáns ante a valedora do pobo | Achegar a maxia ao público de todas as idades. Con ese obxectivo nace Pontevedra Máxica Fest
O BNG formaliza no Parlamento a solicitude dunha comisión para investigar supostos contratos irregulares da Xunta durante o mandato de Núñez Feijóo. Fai valer, así, a potestade que lle permite o regulamento da Cámara para superar o veto da maioría absoluta do PP, unha vez en toda a lexislatura | Movilización este mediodía en Lugo diante da Xunta para reclamar unha actuación urxente que facilite a vendima dos viticultores aos que as grandes adegas anunciaron que non van mercarlles a uva | As listas de agarda, tanto para probas como para consultas e procedementos cirúrxicos, principal motivo de queixa dos cidadáns ante a valedora do pobo |O ciclista coruñes Damián Ramos volve de París, onde recibi a medalla paralímpica de bronce |
Unha fronte pouco activa deixa hoxe ceos con abundantes nubes e algunha chuvia ocasional, máis probable no terzo norte. As temperaturas mínimas experimentaron un lixeiro ascenso, mentres que as máximas descenden algo, con 19 graos en Lugo, 22 en Santiago e 27 en Ourense
Protexidos con cascos de obra entraban esta mañá os alumnos ao colexio público Altamar de Vigo. As Familias e a dirección do centro denuncian o mal estado do edificio e reclaman unha resposta a Xunta e o Concello, responsables do edificio e o mantenemento | Os presidentes autonómicos de Galicia e Asturias coinciden en reclamar unha solución común para mellorar o financiamento das comunidades. No seu encontro anual en Viveiro, Alfonso Rueda e Adrián Barbón aseguran que actualmente todas están infrafinanciadas para os servizos que prestan | Os accidentes laborais aumentaron un sete por cento no último ano en Galicia, que se converte na terceira comunidade con máis falecementos de traballadores. Destaca a repunta deste verán cun total de oito vítimas mortais, catro delas no mar | Hoxe coñecemos a historia de José Pérez é un veciño de Ourense que aos 90 anos ve cumprido o seu soño dende neno: ser músico e tocar a zanfona. Agora é alumno destacado na Escola de Gaitas da Deputación, di que o seu caso é un exemplo de que nunca se debe deixar de aprender
Protexidos con cascos de obra entraban esta mañá os alumnos ao colexio público Altamar de Vigo | Os presidentes autonómicos de Galicia e Asturias coinciden en reclamar unha solución común para mellorar o financiamento das comunidades | Os accidentes laborais aumentaron un sete por cento no último ano en Galicia, que se converte na terceira comunidade con máis falecementos de traballadores | A Xunta notifica a detección de tres novos focos da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica | José Pérez é un veciño de Ourense que aos 90 anos ve cumprido o seu soño dende neno: ser músico e tocar a zanfona. Un exemplo, di, de que nunca se debe deixar de aprender
Con casco de obra na cabeza. Así entraron ao centro os alumnos do colexio público Altamar de Vigo para reclamar melloras ante o deterioro do centro. A ANPA e a dirección denuncian o mal estado do edificio | En Viveiro o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o de Asturias, o socialista Adrián Barbón coinciden en que é necesario aumentar o financiamento de todas as comunidades | A Xunta notifica a detección de tres novos focos da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica | José Pérez, veciño de Ourense que xa dende neno tiña un soño: tocar a zanfona. Cumpriuno agora de maior, ós seus 90 anos. Cada martes vai a clase, na Escola de Gaitas da Deputación
Volta ás clases para uns 300.000 alumnos de primaria, Eso, Bacharelato e Formación profesional | Entre os estudantes que volven hoxe as aulas hai 321 nenos cegos ou con algunha discapacidade visual | | A Xunta asumirá o 60 por cento da subida anunciada por Sogama para o canon de recollida do lixo, como consecuencia do novo imposto para os residuos | Inditex obtén uns beneficios de 2.768 millons de euros no primeiro semestre do ano, o que supón un aumento de máis dun 10 por cento | Un 15% dos galegos afirma sufrir soidade crónica, . Son datos do Barómetro da Soidade da Once e a Fundación Axa, presentado hoxe. A soidade non desexada afecta máis na franxa de idade entre 18 e 35 anos que entre os maiores