Trinta patrullas militares, equipadas con dispositivos de GPS e vehículos aéreos non tripulados, están xa listas para despregarse nos montes galegos dentro da Operación Centinela deste verán. O obxectivo, colaborar na disuasión e loita contra os incendios forestais| O parlamento aproba o límite de gasto non financeiro da Xunta para o ano que vén, que ascende a case catorce mil millóns de euros, un 2,5 % máis que o ano pasado, o máis alto da historia | Xa están no Monte do Gozo o centenar de refuxiados procedentes de Canarias, que na súa maioría foxen da guerra de Mali. Hoxe farano outros 104 refuxiados a Santiago e 69 a Becerreá, en Lugo | Arranca unha das festas do viño máis importantes de Galicia. Cambados celebra ata o domingo a súa Festa do Albariño. Cinco días cheos de actividades, sempre co viño como protagonista
30 de xullo e arranca oficialmente a colocación das luces de Nadal de Vigo. O alcalde Abel Caballero acudía persoalmente a supervisar os traballos dunha instalación convertida xa en emblemática da cidade | Mellora o poder adquisitivo cunha nova moderación na suba dos prezos, segundo os datos adiantados do IPC. De confirmarse cos datos definitivos, en xullo ese encarecemento sería do 2,8 %, seis décimas menos que no mes anterior | O Presidente da Xunta carga contra o pacto entre o PSOE e Esquerda Republicana para transferir a Cataluña a xestión dos impostos e darlle un réxime especial de finanaciamento | Hoxe comezan a chegar a Santiago os primeiros migrantes malianos procedentes de Canarias. Son en total 104, dos 470 que ten previsto acoller Galicia debido á crise migratoria que sofre o arquipélago
Os superviventes do naufraxio do Argos Georgia xa están en Galicia. Un deles, o primeiro oficial, permanece no hospital de Santiago con feridas leves. Os demáis xa puideron pasar a noite nas súas casas. Nas augas austrais segue a busca dos desaparecidos | O teito de gasto da Xunta para 2025 ascenderá a 13.954 millóns de euros. Así o establece o proxecto presentado hoxe polo consello, que supera en 344 millóns a cifra deste ano | Abanca obtivo un beneficio de 412 millóns de euros no primeiro semestre do ano, o que supón case un 50 por cento máis que no mesmo período de 2023 |
Once anos despois do accidente do tren Alvia, que descarrilou na curva de Angrois, os tribunais condenan a dous anos e medio de cárcere ao maquinista e ao exdirector de seguridade de ADIF | As familias dos mariñeiros do Argos Georgia agardan que a repatriación se poida facer canto antes | A Enquisa de Poboación Activa do segundo trimestre reflicte bos datos para o emprego en Galicia. O número de parados baixou en 11.800 persoas neste período | Hoxe comeza o Morriña Fest, o festival do porto de Coruña. Agárdase que se xunten unhas 20.000 persoas cada día
Hoxe aumentan as nubes, baixan as temperaturas e mesmo podería orballar nalgúns puntos de Galicia. Entran os restos dunha fronte, anubrando os ceos sobre todo no norte da comunidade, os ventos sopran frouxos, e os termómetros caen bastante respecto destes días pasados. As máximas oscilan entre os 23 graos da Coruña e os 33 que se prevén en Ourense.
Once anos despois do accidente do tren Alvia, que descarrilou na curva de Angrois, os tribunais condenan a dous anos e medio de cárcere ao maquinista e ao exdirector de seguridade de ADIF por imprudencia grave | As familias dos mariñeiros do Argos Georgia agardan que a repatriación se poida facer canto antes. Esta mañá partiu cara as Malvinas un avión de Defensa para traelos de volta | A Enquisa de Poboación Activa do segundo trimestre reflicte bos datos para o emprego en Galicia. O número de parados baixou en 11.800 persoas neste período, un descenso de case o nove por cento que deixa a cifra de desempregados en menos de 120.000 | Hoxe comeza o Morriña Fest, o festival do porto de Coruña. Agárdase que se xunten unhas 20.000 persoas cada día
Once anos despois do accidente do tren Alvia, que descarrilou na curva de Angrois, os tribunais condenan a dous anos e medio de cárcere ao maquinista e ao exdirector de seguridade de ADIF por imprudencia grave | As familias dos mariñeiros do Argos Georgia agardan que a repatriación se poida facer canto antes | A Enquisa de Poboación Activa do segundo trimestre reflicte bos datos para o emprego en Galicia. O número de parados baixou en 11.800 persoas neste período | Hoxe comeza o Morriña Fest, o festival do porto de Coruña
Influencia anticiclónica e ventos de compoñente norte. As nubes, que cubriron os ceos a primeiras horas, fóronse disipando e pola tarde predominará o sol, con nubes de evolución na provincia de Ourense. As temperaturas baixan e mantense o contraste entre o norte e o sur, entre os 22 graos da Coruña e os 32 de Vigo. En Ourense chegarán aos 36. O descenso térmico será aínda máis acusado mañá, pola chegada dunha fronte atlántica moi debilitada, que tamén deixará nubes e precipitacións febles no norte.
25 de Xullo, día de Galicia e día de Santiago. Na catedral, na ofrenda nacional ao Apóstolo, o arcebispo e o delegado rexio, que nesta ocasión foi o presidente do Parlamento galego, lembraron as vítimas do naufraxio nas Malvinas | Milleiros de persoas participaron na manifestación do día da patria. A portavoz do BNG, Ana Pontón, asegura que o nacionalismo galego vive o seu mellor momento. Os socialistas galegos reivindican unha Galicia aberta e solidaria | A busca dos desaparecidos no naufraxio das Malvinas segue suspendida polo mal tempo. O Goberno enviará mañá un avión militar ás illas para recoller os superviventes e os corpos recuperados do mar | Santiago, cheo, polas festas do Apóstolo e porque moitos peregrinos programan para estes días a súa chegada á cidade. Colas de ata catro horas para entrar na Catedral e hoteis practicamente completos
25 de Xullo, día de Galicia e día de Santiago. Na catedral lembraron as vítimas do naufraxio nas Malvinas | Milleiros de persoas participaron na manifestación do día da patria. O BNG asegura que o nacionalismo galego vive o seu mellor momento. Os socialistas galegos reivindican unha Galicia aberta e solidaria | A busca dos desaparecidos no naufraxio das Malvinas segue suspendida polo mal tempo. O Goberno enviará mañá un avión militar ás illas para recoller os superviventes e os corpos recuperados do mar | Santiago, cheo, polas festas do Apóstolo e porque moitos peregrinos programan para estes días a súa chegada á cidade
25 de Xullo, día de Galicia e día de Santiago. Na catedral, na ofrenda nacional ao Apóstolo, o arcebispo e o delegado rexio lembraron as vítimas do naufraxio nas Malvinas | Milleiros de persoas participaron na manifestación do día da patria. Os socialistas galegos reivindican unha Galicia aberta e solidaria | A busca dos desaparecidos no naufraxio das Malvinas segue suspendida polo mal tempo. O Goberno enviará mañá un avión militar ás illas para recoller os superviventes e os corpos recuperados do mar | Santiago, cheo, polas festas do Apóstolo e porque moitos peregrinos programan para estes días a súa chegada á cidade
Ascenden a nove os falecidos no naufraxio do pesqueiro Argos Georgia nas Malvinas. Entre eles hai dous galegos, de Vigo e Baiona. Agora tratan de localizar aos catro desaparecidos | Once anos doutra traxedia, o accidente do tren Alvia en Angrois. As vítimas volveron concentrarse en Santiago para esixir responsabilidades | Novidades no conflito do lixo da Coruña. Hoxe o Concello seleccionará unha das dúas empresas que presentaron oferta para comezar a limpeza o antes posible, previsiblemente mañá | Entrega das medallas de ouro de Galicia, que este ano supoñen un recoñecemento ao sector audiovisual galego
Un pesqueiro con 27 tripulantes, 10 deles españois, e algúns previsiblemente galegos, sufriu esta madrugada un accidente marítimo en augas das Malvinas | Pendentes da calor. Hai aviso laranxa por altas temperaturas no sur de Ourense e no val do Miño | Na Coruña segue acumulándose o lixo nas rúas, coa emerxencia sanitaria en vigor e agardando os prazos para que outra empresa faga a recollida | A nova e colorida imaxe do barrio de Coia, en Vigo. A recoñecida artista viguesa Vanesa Álvarez, que vén de traballar en Nova Iorque, está pintando o mural máis grande da cidade
Un pesqueiro con 27 tripulantes, 10 deles españois, e algúns previsiblemente galegos, sufriu esta madrugada un accidente marítimo en augas das Malvinas. Trátase do palangreiro Argos Georgia, que afundiu tras sufrir unha vía de auga | Aquí en Galicia estamos moi pendentes da calor. Hai aviso laranxa por altas temperaturas no sur de Ourense e no val do Miño, onde esta tarde se poden superar os corenta graos | Na Coruña segue acumulándose o lixo nas rúas, coa emerxencia sanitaria en vigor e agardando os prazos para que outra empresa faga a recollida. O concello asegura que xa hai ofertas para facer o servizo e poderían comezar a recoller o xoves | E imos ver a nova e colorida imaxe do barrio de Coia, en Vigo. A recoñecida artista viguesa Vanesa Álvarez, que vén de traballar en Nova Iorque, está pintando o mural máis grande da cidade
Ceos despexados e temperaturas subindo. Galicia segue con influencia anticiclónica e una masa de aire quente do sur. Loce o sol, pero poden aparecer algunhas nobes pola tarde no norte. Ventos do nordés, moderados no litoral e con refachos fortes na Costa da Morte. As temperaturas máximas arredor dos 25 graos na Coruña e poden superar os 40 en Ourense.
Un pesqueiro con 27 tripulantes, 10 deles españois, e algúns previsiblemente galegos, sufriu esta madrugada un accidente marítimo en augas das Malvinas | Pendentes da calor. Hai aviso laranxa por altas temperaturas no sur de Ourense e no val do Miño | Na Coruña segue acumulándose o lixo nas rúas, coa emerxencia sanitaria en vigor e agardando os prazos para que outra empresa faga a recollida | A nova e colorida imaxe do barrio de Coia, en Vigo. A recoñecida artista viguesa Vanesa Álvarez, que vén de traballar en Nova Iorque, está pintando o mural máis grande da cidade
Desta vez, Galicia non se vai librar da calor. Hoxe predomina a estabilidade e algunhas néboas que houbo pola mañá no interior xa desapareceron. COLAS Os ceos están despexados en practicamente toda a comunidade e soben as temperaturas máximas, como imos notar nas próximas horas. Agárdase que superen os trinta graos en todas as cidades, agás na Coruña e en Ferrol.
Entra en vigor na Coruña a declaración de emerxencia sanitaria, polo lixo que se amorea na cidade tras un mes de folga do actual servizo. Iso permitirá ao Concello contratar a unha nova empresa para a recollida | A plataforma en Defensa da Pesca recorrerá ante o Tribunal Constitucional a sentenza do Tribunal Supremo que avala os plans de ordenación para a eólica mariña | A mariscadoras da ría de Pontevedra volveron hoxe ao traballo despois de case sete meses sen actividade
Entra en vigor na Coruña a declaración de emerxencia sanitaria, polo lixo que se amorea na cidade tras un mes de folga do actual servizo. Iso permitirá ao Concello contratar a unha nova empresa para a recollida | A Garda Civil incáutase en Ourense dunha tonelada de carne de vacún que se ía vender sen garantías sanitarias. Hai sete persoas investigadas tras inspeccionar catro carnicerías da cidade e dúas granxas | A mariscadoras volveron hoxe ao traballo despois de case sete meses sen actividade. Levaban paradas desde o Nadal pola falta de ameixa | Non quedan prazas para visitar as Illas Cíes ata dentro de máis dun mes. Co aumento do turismo e o límite de 1.800 visitantes diarios, está todo reservado ata finais de agosto. No que vai de temporada xa pasaron polas illas máis de cen mil persoas
Entra en vigor na Coruña a declaración de emerxencia sanitaria, polo lixo que se amorea na cidade. Iso permitirá ao Concello contratar a unha nova empresa para a recollida | A Garda Civil incáutase en Ourense dunha tonelada de carne de vacún que se ía vender sen garantías sanitarias. Hai sete persoas investigadas | A mariscadoras volveron hoxe ao traballo despois de case sete meses sen actividade. Levaban paradas desde o Nadal pola falta de ameixa | Non quedan prazas para visitar as Illas Cíes ata dentro de máis dun mes. No que vai de temporada xa pasaron polas illas máis de cen mil persoas