Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

As chuvias dan unha pequena tregua. Ambiente húmido con algunhas néboas e orballos pero irá aumentando a influencia anticiclónica. Pola tarde abriranse claros na franxa atlántica. As temperaturas mínimas baixan e as máximas suben, ata os 21 graos da Coruña e os 25 de Ourense

O alto representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores, Josep Borrell, recibe unha homenaxe hoxe, na primeira sesión do Foro Vinculo Atlántico que se celebra na Illa da Toxa. Un evento no que expertos e dirixentes de todo o mundo farán un repaso polos aspectos máis delicados da situación internacional, dende Venezuela a Ucraína ou Oriente medio | Desarticulada pola Garda Civil unha organización criminal dedicada ao narcotráfico, na chamada Operación Claudo. O grupo desenvolvía a súa actividade na comarca do Barbanza e, segundo os investigadores, distribuía por toda Galicia uns 180 quilos de cocaína por ano | Conxemar pecha as súas portas esperando superar os 235 millóns de euros que deixou na área de Vigo na pasada edición, entre negocio pesqueiro e montaxe da feira. Os visitantes poderían superar os 27.000

O paso dunha fronte moi activa deixa unha xornada con aviso amarelo nas catro provincias por precipitacións xeneralizadas e persistentes, e de intensidade localmente forte, sobre todo durante a mañá, aínda que irán remitindo e perdendo forza pola tarde. As temperaturas con lixeiros descensos, máxima de 19 graos en Santiago ou 21 en Pontevedra  

Mobilización de estudantes nas sete cidades galegas en protesta polas dificultades para acceder á vivenda. A de hoxe é unha xornada de folga convocada pola organización Erguer. As principais exixencias: máis prazas en residencias públicas, a creación dunha bolsa de vivenda pública para universitarios | O paro rexistrado experimenta unha subida de más de 2.300 persoas en Galicia, no mes de setembro, tralo remate da temporada turística. As afiliacións á Seguridade Social caeron en 7.000. É un incremento moi superior a media de toda España neste período. Ainda sí en comparación co mesmo mes do ano pasado hai case dez mil parados menos na nosa comunidade | A Xunta prevé que a comercializadora de enerxía renovable que promove, coa colaboración de empresas privadas, inicie as súas operacións o ano que vén. Ofrecerá descontos do 50 por cento respecto ao prezo medio do mercado a proxectos industriais e aos veciños de zonas afectadas pola instatalación de parques eólicos | Loitar contra os casos de machismo e violencia de xénero que se dan no mundo da industria audiovisual e da Cultura. Unha iniciativa que presentaba hoxe en Ourense a Academia de Cine Española e o Ministerio de Cultura. Crearase unha unidade de prevención que se dedicará a xestionar, de maneira anónima e confidencial, as denuncias das vítimas. Tamén elaborará programas educativos

Mobilización de estudantes nas sete cidades galegas polas dificultades para acceder á vivenda, nunha xornada de folga convocada pola organización Erguer. Piden máis prazas en residencias públicas, a creación dunha bolsa de vivenda pública para universitarios | Operación contra o narcotráfico na provincia da Coruña e no Salnés, onde se rexistraron vivendas e naves industrais. Hai polo menos 12 detidos,e aprehendéronse mais de 20 quilos de heroína. | Galicia perdeu no mes de setembro 7.000 empregos. E a segunda comunidade na que o paro aumentou máis, en contraste coa media do conxunto de España, que rexistra o mellor dato dende hai 15 anos

Mobilización de estudantes nas sete cidades galegas en protesta polas dificultades para acceder á vivenda | O paro rexistrado sube en máis de 2.300 persoas en Galicia, no mes de setembro, tralo remate da temporada turística. As afiliacións á Seguridade Social caeron en 7.000 | Operación contra o narcotráfico na provincia da Coruña e no Salnés, onde se rexistraron vivendas e naves industrais. Hai polo menos 12 detidos | A comercializadora de enerxía promovida pola Xunta iniciará a súa actividade o ano que vén. Ofrcerá aos veciños afectados por parques eólicos descontos do 50 por cento na factura da luz | Loitar contra os casos de machismo e violencia de xénero que se dan no mundo da industria audiovisual e da Cultura. Unha iniciativa que presentaba hoxe en Ourense a Academia de Cine Española e o Ministerio de Cultura

Outubro comeza con moita humidade, cun río atmosférico que nos deixa chuvias sobre todo na franxa atlántica. As temperaturas máximas sitúanse arredor dos 21 graos. Ata 24 poderían subir os termómetros en Ourense

A aposta polos produtos máis cómodos e listos para consumir, é a nova tendencia dos conxelados que se pon de manifesto en Conxemar. A cita anual das empresas do sector abre as súas portas en Vigo para celebrar o seu 25 aniversario, con máis de 750 expositores de 46 países | Un operativo policial logra liberar a 21 mulleres que eran expotadas sexualmente en pisos en varias provincias. Hai nove detidos, cinco deles en Ourense e un na Coruña. As vítimas, a maioría de orixe latinoamericana, eran captadas nos seus países e trasladadas a España onde eran forzadas a exercer a prostitución | Axudantes do fogar, profesoras ou limpadoras, son sectores históricamente feminizados, que se enfrontan a dificultades de conciliación ou ao abuso na contratación eventual ou a tempo parcial

A aposta polos produtos máis cómodos e listos para consumir, é a nova tendencia dos conxelados que se pon de manifesto en Conxemar. A cita anual das empresas do sector abre as súas portas en Vigo | A partir de hoxe recupérase o IVE dos produtos básicos, un imposto que fora suprimido para frear o aumento da inflación e que agora volve aplicarse | Un operativo policial logra liberar a 21 mulleres que eran expotadas sexualmente en pisos en varias provincias. Hai nove detidos, cinco deles en Ourense e un na Coruña | As mulleres ocupan o 70 por cento dos traballos a tempo parcial e son maioritarias en actividades como a axuda no fogar ou a limpeza. Así o destacan as participantes na asamblea de sectores feminizados organizada en Santiago por Comisións Obreiras | Galicia é a segunda comunidade con maior taxa de avellentamento de toda España. N día internacional das persoas de idade

A feira Conxemar reúne dende hoxe en Vigo a maioristas, importadores, transformadores e exportadores de produtos conxelados do mar. A organización espera superar nesta edición os 26.700 visitantes do ano pasado | A partir de hoxe recupérase o IVE dos produtos básicos, un imposto que fora suprimido para frear o aumento da inflación e que agora volve aplicarse. A recuperación será progresiva e contempla deixar a partir de agora o aceite co imposto superreducido do 4 por cento | As mulleres ocupan o 70 por cento dos traballos a tempo parcial e son maioritarias en actividades como a axuda no fogar ou a limpeza. Así o destacan as participantes na asamblea de sectores feminizados organizada en Santiago por Comisións Obreiras | Galicia é a segunda comunidade con maior taxa de avellentamento de toda España, tan só por detrás de Asturias. Un fenómeno demográfico que irá a máis nas próximas décadas. Hoxe, no día internacional das persoas de idade, Nacións Unidas reivindica o reforzo nos sistemas de atención e de asistencia ás persoas maiores

Os vehículos todoterreo Vamtac, fabricados pola empresa galega Urovesa, serán clave na axuda prestada por España a Ucraína, para resistir fronte a agresión rusa. Así o destacou a ministra de Defensa, Margarita Robles | A produción mundial de peixe de acuicultura supera xa ao capturado no mar. Así o indica o informe da FAO, o organismo das Nacions Unidas para a alimentación, presentado no congreso que se celebra hoxe en Vigo | Investigado por homicidio imprudente o condutor do vehículo deportivo que colisionou co coche no que viaxaba un matrimonio de xubilados en Sanxenxo | A Xunta impulsará a través da empresa público-privada Recursos de Galicia, a comerializacion de enerxía eléctrica por debaixo dos precios de mercado a sectores estratéxicos | Jorge Prado, de novo, campión do mundo da máxima categoría do motocrós. O piloto de Lugo fai historia ao revalidar o título por segundo ano consecutivo

Os vehículos todoterreo Vamtac, fabricados pola empresa galega Urovesa, serán clave na axuda prestada por España a Ucraína, para resistir fronte a agresión rusa. Así o destacou a ministra de Defensa, Margarita Robles, nunha visita ás instalacións, no concello pontevedrés de Valga | A produción mundial de peixe de acuicultura supera xa ao capturado no mar. Así o indica o informe da FAO, o organismo das Nacions Unidas para a alimentación, presentado no congreso que se celebra hoxe en Vigo, previo á Feira Conxemar. A tendencia mundial é a un aumento do consumo de produtos do mar ao contrario do que sucede en Galicia| Investigado por homicidio imprudente o condutor do vehículo deportivo que colisionou co coche no que viaxaba un matrimonio de xubilados en Sanxenxo. O home, de 78 anos, e a muller, de 76, resultaron mortos ao ser arrastrados por un terraplén. A Garda civil sospeita que o accidente produciuse por exceso de velocidade | Jorge Prado, de novo, campión do mundo da máxima categoría do motocrós. O piloto de Lugo fai historia ao revalidar o título por segundo ano consecutivo. É o seu cuarto título mundial pois xa fora bicampeón na segunda categoría do motocrós. Tempo de celebración, coa incognita de se o ano que vén marchará ao campionato de supercros estadounidense| 

Tras o paso dunha fronte na madrugada quedamos nunha situación intermedia, con ceos nubrados e chuvias febles que serán máis probables na fachada atlántica. Cara á noite espérase a chegada dunha nova fronte que fará que as precipitacións se vaian estendendo a todo o territorio. Temperaturas en ascenso moderado

Jorge Prado, de novo, campión do mundo da máxima categoría do motocrós. O piloto de Lugo fai historia ao revalidar o título por segundo ano consecutivo. É o seu cuarto título mundial pois xa fora bicampeón na segunda categoría do motocrós | A Xunta impulsará a través da empresa público-privada Recursos de Galicia, a comerializacion de enerxía eléctrica por debaixo dos precios de mercado a sectores estratéxicos e a vecinos das zonas que acollan os proxectos de enerxía renovable | Arranca, cun lixeiro atraso por mor das condicións meteorolóxicas, o campionato europeo de vela en Sanxenxo, que vai durar toda a semana. O rei emérito defenderá como patrón do Bribón o título de Campión de Europa da clase seis metros

Volve o tempo seco e temperaturas máis baixas pola entrada de aire frío. Recúperase a influencia anticlónica o sábado. As temperaturas subirán sobre todo o domingo. As máximas rematarán a semana con 21 graos en Santiago a 26 en Ourense

Protesta de pais, nais e alumnos de Seoane do Courel, na Montaña de Lugo, poloas malas condicións do desvío polo que ten que pasar o transporte escolar, e o resto de vehículos, debido a unhas obras na estrada principal que levan un ano de atraso. Din que está en risco a seguridade, polo que reclaman unha solución | Concentracións en favor de Palestina, dentro da xornada de folga xeral convocada por CGT e Solidariedade Obreira para protestar contra a actuación de Israel e pedir que se lle deixe de vender armas. A mobilización causou problemas no servizo ferroviario, o máis importante a cancelación dun tren entre a Coruña e Vigo, cuns 500 viaxeiros afectados | O Ministerio de Turismo declara de interese nacional a Festa da Filloa de Lestedo e a da Empanada de Bandeira, en Silleda. Outra exaltación gastronómica galega, a da lamprea de Arbo, pasa a ser considerada de interese turístico internacional, unha categoría a que tamén ascende o Arde Lucus | Un certame diferente para fans de xéneros cinematográficos como o fantástico, de terror ou de de ciencia ficción. O Freaky Festival en Vigo, presenta 25 películas internacionais inéditas en Galicia, e rende homenaxe a clásicos que cumpren catro décadas como Terminator, ou Pesadelo en Elm Street | 

Protesta de pais, nais e alumnos de Seoane do Courel, na Montaña de Lugo, poloas malas condicións do desvío polo que ten que pasar o transporte escolar | Mobiliacións en favor de Palestina, dentro da xornada de folga xeral convocada por CGT e Solidariedade Obreira. Cancelado un tren entre a Coruña e Vigo, cuns 500 viaxeiros afectados | Polémica polo anuncio de Ana Pontón de que asistirá á toma de posesión de Claudia Sheimbaum como nova presidenta de México | Ceclarada de interese turístico nacional a Festa da Filloa de Lestedo e a da Empanada de Bandeira, en Silleda. A da lamprea de Arbo, pasa a ser de interese internacional, xunto co Arde Lucus | O Freaky Festival, en Vigo, rende homenaxe a clásicos que cumpren catro décadas como Terminator, ou Pesadelo en Elm Street

Protesta de pais, nais e veciños de Seoane do Courel, na Montaña de Lugo, poloas malas condicións do desvío polo que ten que pasar o transporte escolar, e o resto de vehículos, debido a unhas obras na estrada principal | Xornada de folga xeral por Palestina, hoxe, convocada polos sindicatos CGT e Solidaridade Obreira. Un xeito de Amosar a repulsa polo que cualifican de xenocidio contra o pobo palestino e pedir o fin das relacións comerciais con Israel | Polémica polo anuncio de Ana Pontón de que asistirá á toma de posesión de Claudia Sheimbaum como nova presidenta de México. O goberno español decidiu que non acudirá ao acto ningún representante oficial, en sinal de malestar polo veto ao xefe de Estado, o Rei Filipe VI | 

A borrasca Aitor vai deixando Galicia, progresivamente, polo sueste. Chuvias persistentes na provincia de Ourense, mentres no resto vanse abrindo claros con chuvascos, localmente tormentosos. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso, mentes a máximas continúan sen cambios. Ventos de compoñente oeste, moderados no interior, fortes no litoral.

Consternación entre os veciños do concello das Neves, onde foi atopada Morta unha muller, de 60 anos, presuntamente a mans do seu fillo, de 20, que xa foi detido. Ocorreu no domicilio de ambos na parroquia de Rubiós. Segundo fontes da investigación, o presunto autor do crime padece un trastorno mental | Novo informe do Consello de Contas crítico coa xestión da Xunta. Refírese á execución dos fondos procedentes da Unión Europea. Segundo o órgano fiscalizador, en 2022 foron executados menos da metade dos cerca de 1.200 millóns de euros das axudas concedidas a nosa comunidade | Xuízo en Pontevedra pola explosión da pirotécnica de Paramos, en Tui, que causou a morte de dúas persoas e numerosos feridos en 2018. O acusado pedíu perdón ás vítimas tras aceptar se condenado a catro anos de cárcere | A cidade de Ourense acolle unha nova edición de Termatalia, a única feira que se celebra en España dedicada ao turismo termal e de saúde. 25 países expoñen a sú oferta termal, entre eles Colombia, que aspira a acoller a feira o ano que ven |