Ocupación do Reitorado da Universidade de Santiago por un grupo de mozos, que impiden a entrada dos funcionarios. Aseguran que o fan en defensa de Palestina e exixen que a universidade rompa calquer vínculo con Israel | O presidente da Xunta participa en Madrid no Comité Nacional do PP, para analizar os resultados das europeas. Piden que Pedro Sánchez convoque eleccións, e atrubúe o ascenso de partidos coma Vox ou Se acabó la Fiesta á polarización fomentada desde o partido socialista | Galicia arranca a próxima semana un proxecto piloto de cribado de cancro de próstata en homes de entre 50 e 69 anos da área de Ferrol. Se funciona ben, ampliarase ao resto da comunidade| No museo de Lugo xa se pode admirar o cadro da Sibila de Velázquez, un préstamo do museo do Prado que forma parte da iniciativa para levar obras mestras a distintos puntos de España |
O PP celebra a vitoria nas eleccións europeas con cerca de medio millón de votos en Galicia. Satisfacción tamén nos socialistas, que se sitúan en segundo lugar con 300.000 na nosa comunidade, e igualmente no BNG, que destaca que, cuns 180.000 votos consegue un escano propio, por primeira vez dende hai 25 anos | A nacionalista Ana Miranda se convirta en eurodeputada sen ter que compartir, escano con outros representantes de Agora Repúblicas. O pontevedrés Francisco Millán Mon, do PP, seguirá unha nova lexislatura na Eurocámara, na que tamén repite presenza o socialista de Lalín Nicolás González Casares | Ana Peleteiro deslumbra cun salto de 14´85 metros, que lle da a medalla de ouro no campionato europeo de Roma. É a súa segunda mellor marca histórica, e dalle o pase áos Xogos Olímpicos de París. Adrián Ben rematou sexto na final de 800 metros | Máis de 80 Estrelas Michelín danse cita hoxe no encontro solidario Estrelas no Camiño. Entre eles, Martín Berasategui, os irmáns Torres ou Manuel Costiña que estarán na Casa Barqueiro de Negreira. Nesta edición os fondos recadados irán á axudar aós nenos afectados pola síndrome X fráxil, unha enfermidade xenética que pode provocar dificultades na aprendizaxe
Mantense a influencia das altas presións con nordés con refachos fortes na costa atlántica. As nubes de primeiras horas tenden a retirarse co que os ceos quedan despexados. As temperaturas mínimas baixaron e as máximas oscilarán entre os 18 graos da Coruña ou Lugo aos 25 de Ourense e Pontevedra
O PP celebra a vitoria nas eleccións europeas en Galicia. Satisfacción tamén nos socialistas, que se sitúan en segundo lugar, e igualmente no BNG, que consegue un escano propio, por primeira vez dende hai 25 anos | Ana Peleteiro deslumbra cun salto de 14´85 metros, que lle da a medalla de ouro no campionato europeo de Roma e o pase ós Xogos Olímpicos de París | O grupo Lence con sede en Lugo, facturou o ano pasado 260 millóns de euros, un 24 por cento máis que no 2022. O número de empregados medrou un 30 por cento durante o ano pasado ata situarse nos 226 traballadores directos | Máis de 80 Estrelas Michelín danse cita hoxe no encontro solidario Estrelas no Camiño. Entre eles, Martín Berasategui, os irmáns Torres ou Manuel Costiña que estarán na Casa Barqueiro de Negreira. Nesta edición os fondos recadados irán á axudar aós nenos afectados pola síndrome X fráxil
O PP celebra a vitoria nas eleccións europeas con cerca de medio millón de votos en Galicia. Satisfacción tamén nos socialistas, que se sitúan en segundo lugar con 300.000, e o BNG, destaca que, cuns 180.000 votos consegue un escano propio, por primeira vez dende hai 25 anos | Os traballadores con discapacidade no outlet de Massimo Dutti en Allariz denuncian os supostos abusos laborais. A tenda xestiónaa a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade | O grupo Lence con sede en Lugo, facturou o ano pasado 260 millóns de euros, un 24 por cento máis que no 2022. O número de empregados medrou un 30 por cento durante o ano pasado ata situarse nos 226 traballadores directos | Ana Peleteiro proclámase campioa no Europeo de Roma. Consegue a súa segunda mellor marca cun salto de 14,85 metros |
Acampa pola paz arranca hoxe na Coruña, para denunciar os conflitos bélicos e os atentados aos dereitos humanos que levan consigo | Avogados da quenda de oficio protestan en Pontevedra contra a sanción a un compañeiro por non comparecer a un xuízo por secundar o paro en demanda de mellores retribucións. Advirten que estudan darse masivamente de baixa no servizo | O parque do Pasatempo en Betanzos loita por non caer no esquecemento, logo de décadas en declive e pechado ás visitas públicas. A Asociación de Amigos do Pasatempo pon a primeira pedra para a súa recuperación mediante unha iniciativa de arte colectivo | Homenaxe no campo santo da Serra de Outes a Manuel Otero, o galego morto no desembarco de Normandía, no famoso 'Día D' da II Guerra Mundial |
A fin de semana comeza con moita calor sobre todo na metade sur onde os termómetros poden chegar aos 35 graos. No sur e zonas altas poden producirse chuvascos treboentos acompañados de aparato eléctrico e saraiba. As temperaturas baixarán de xeito notable o sábado, con algunhas chuvias pola tarde que remiten o domingo
“Acampa pola paz” arranca hoxe na Coruña, para denunciar os conflitos bélicos e os atentados aos dereitos humanos que levan consigo | Sanidade defende que a lei permite que os médicos residentes en formación pasen consulta sen supervisión, ainda que intentarán, di, que non sexa necesario | Avogados da quenda de oficio protestan en Pontevedra contra a sanción a un compañeiro por non comparecer a un xuízo por secundar o paro en demanda de mellores retribucións | Cita hoxe en Pontevedra para os afeccionados ás prantas, nun evento promovido por dúas emprendedoras moi activas nas redes | A Asociación de Amigos do Pasatempo, de Betanzos, pon a primeira pedra para a recuperación do singular parque mediante unha iniciativa de arte colectivo
Unha representación dos sudarios das 15.000 nenas e nenos que levan morto no conflito de Gaza, forma parte de “Acampa pola paz”, que arranca hoxe na Coruña, para denunciar as violacións dos dereitos humanos que levan consigo as guerras | O conselleiro de Sanidade defende que a lei permite que os médicos residentes en formación pasen consulta sen supervisión, ainda que intentarán, di, que non sexa necesario | Avogados da quenda de oficio protestan en Pontevedra contra a sanción a un compañeiro por non comparecer a un xuízo por secundar o paro en demanda de mellores retribucións. Advirten que estudan darse masivamente de baixa no servizo | Os amantes das plantas teñen esta tarde una cita en PLANTFEST, un evento ,promovido por dúas emprendedoras, con moito éxito na sua actividade a través das redes. Buscan crear un espazo para compartir materiais e coñecementos de todo o relacionado con mundo vexetal |
Mantense a situación intermedia entre as altas e as baixas presións, con bancos de néboa no interior e brétemas costeiras, que se irán disipando para quedar cos ceos pouco nubrados, Á noite entrarán as nubes medias polo sur, con probabilidade dalgún chuvasco treboento na provincia de Ourense. As temperaturas, con lixeiros ascensos na metade sur, e moderado descenso das máximas no terzo norte
Naufraxio dun palagreiro galego en augas próximas ás Illas Fiyi, no Pacífico, que se salda cos 19 tripulantes a salvo. O barco permanece escorado, tras sufrir unha colisión cun banco de area que lle provocou unha vía de auga | O Ministro do Interior estivo hoxe en Pontevedra.... onde presidíu a entrega dos galardóns do Plan director para a convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar, que distinguiron, entre outros, ao Colexio Toural de Vilaboa | O investigador coruñés Cesar de la Fuente, pioneiro en empregar a Intelixencia Artificial para combater as superbacterias, consideradas un dos principais desafíos para o futuro da humanidade. Afincado na universidade de Pensilvania, Publica hoxe os resultados dun traballo destacado na comunidade científica internacional | A triatleta e actual campiona paralímpica Susana Rodríguez amosa, en Vigo, o seu orgullo por ser unha das nove deportistas de todo o mundo elixida pola emprega fabricante das bonecas Barbie, para celebrar o seu 65 aniversario. Quere así render tributo a mulleres que como ela vencen a cotío barreiras no deporte mundial |
Naufraxio dun palagreiro galego en augas próximas ás Illas Fiyi, no Pacífico, que se salda cos 19 tripulantes a salvo | O Ministro do Interior entrega en Pontevedra os galardóns do Plan director para a convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar, que distinguiron, entre outros, ao Colexio Toural de Vilaboa | O investigador coruñés Cesar de la Fuente, publica un estudo pioneiro en empregar a Intelixencia Artificial para combater as superbacterias, consideradas un dos principais desafíos para o futuro da humanidade | A triatleta e actual campiona paralímpica Susana Rodríguez amosa, en Vigo, o seu orgullo por ser unha das nove deportistas de todo o mundo elixida pola emprega fabricante das bonecas Barbie, para celebrar o seu 65 aniversario | Comenzan hoxe en Padrón as Xornadas poéticas multilingües, coa colaboración de profesionais das letras coma o vasco Bernardo Atxaga, a galega Brenda Mondelo e a a portuguesa Andrea Faria
Os 19 tripulantes do palangreiro galego Playa Zahara Dos, que sufriu unha vía de auga no Pacífico, a salvo. Navegaban ao sur das illas Fiyi cando bateron nuns baixos e abriuse unha fenda no casco | O pleno do concello de Cambre rexeita a cuestión de confianza plantexada pola alcaldesa María Pan, trala falta de apoio dos orzamentos deste ano. Nun prazo de 30 días os grupos da oposición terán propoñer unha moción de censura para un goberno alternativo. Se non, os orzamentos quedarían aprobados | O coruñés, César de la Fuente publica hoxe unha importante investigación para rematar ca resistencia dos antibióticos a algunhas bacterias e é pioneiro na aplicación nese campo da intelixencia artificial | Comenzan hoxe en Padrón as Xornadas poéticas multilingües, coa colaboración de profesionais das letras coma o vasco Bernardo Atxaga, a galega Brenda Mondelo e a a portuguesa Andrea Faria, que renden homenaxe a Rosalía
A Xunta asegura que conta cun plan para garantir a cobertura e a calidade asistencial de todolos servizos sanitarios durante este verán, pese á escaseza de profesionais debido as vacacións. Unha situación que se complica en zonas turísticas como Sanxenxo | O Grupo Inditex da a coñecer os resultados do primeiro trimestre nos que volve a cifras históricas de beneficios. Un total de 1.294 millóns de euros, o que supón case un once por cento máis que no mes mo período do ano anterior. As vendas frearon un pouco o ritmo de aumento, que foi do 7 por cento | A biblioteca da Facultade de Historia de Santiago, obrigada a trasladar o depósito de libros, debido ás fendas aparecidas no chan. Arredor de 150.000 volumes serán ubicados provisionalmente na cafetaría e no soto do edificio, mentres se mantén nos corredores a acampada de estudantes en solidariedade con Palestina | No día mundial do medio ambiente, moitos voluntarios, chegados dende toda Galicia, colaboran na restauración de espazos protexidos, como o ecosistema dunar de Corrubedo, un dos seis parques naturais con que conta Galicia. Unha xornada de confraternización, para arrincar prantas invasoras, e reverter danos causados pola acción humana |
As brétemas de primeira e última hora do día fan que as temperaturas baixen sobre todo polo litoral atlántico, con máximas que na Coruña ou Vigo roldarán os 21 graos. No resto, algo menos de calor pero con todo en Santiago poden chegar aos 26 graos, en lugo aos 28, e en Ourense acadar os 32. Pola tarde medrarán nubes de tronada no interior pero con pouca probabilidade de chuvias
A Xunta asegura contar cun plan para garantir a cobertura de todolos servizos sanitarios durante este verán, pese á escaseza de profesionais debido as vacacións | O Grupo Inditex da a coñecer os resultados do primeiro trimestre nos que volve a cifras históricas de beneficios. Un total de 1.294 millóns de euros, case un once por cento máis que no mes mo período do ano anterior | A biblioteca da Facultade de Historia de Santiago, obrigada a trasladar o depósito de libros, debido ás fendas aparecidas no chan. Arredor de 150.000 volumes serán ubicados provisionalmente na cafetaría e no soto | No día mundial do medio ambiente, moitos voluntarios, chegados dende toda Galicia, colaboran na restauración de espazos protexidos, como o ecosistema dunar de Corrubedo |
A poucos días do comezo do verán, Sanidade planifica cómo cubrir ao persoal de baixa ou de vacacións e garantir a asistencia sanitaria. Unha situación que se complica en zonas turísticas, como Sanxenxo | O Grupo Inditex obtén beneficio neto de 1.294 millóns de euros no primeiro trimestre fiscal. É un 10´8 por cento máis que no mesmo período do ano pasado. Os resultados dados a coñecer hoxe recollen, en cambio un aumento das vendas do 7´1 por cento, o máis baixo dende 2019 | A biblioteca da Facultade de Historia de Santiago, obrigada a trasladar o depósito de libros, debido ás fendas aparecidas no chan. Arredor de 150.000 volumes serán ubicados provisionalmente na cafetaría e no soto do edificio, mentres sos estudantes que manteñen a acampada no interior do edificio reclaman a Universidade que rache toda relación con empresas que colaboren con Israel
Primeira xornada da ABAU que arrancaba esta mañá coa proba de lingua galega e literatura. A maioría dos participantes, pendentes de conseguir a nota de corte para acceder aos estudos desexados | O paro baixa en Galicia no mes de maio en 4.300 persoas, marcando un novo mínimo histórico. Ademáis, é a terceira comunidade onde máis descenso se produce. Ocorre en todas as provincias e en todos os sectores, sobre todo nos servizos | María Zamora, produtora do filme O Corno, galardoada co Premio Nacional de Cinematografía deste ano. O xurado valora o seu apoio ao cinema independente e arriscado. Unha nova que a colleu en Vigo onde busca localizacións para a próxima película de Carla Simón
Primeira xornada da ABAU que arrancaba esta mañá coa proba de lingua galega e literatura. A maioría dos participantes, pendentes de conseguir a nota de corte para acceder aos estudos desexados | O paro rexistrado marca no mes de maio un novo mínimo histórico: un total de 122.000 persoas sen emprego na nosa comunidade. Son 4.300 menos que o mes anterior | Comenza en Lugo o xuízo da Operación Carioca, logo de 16 anos, da macroinvestigación instruida pola xuiza Pilar de Lara | A vendas de coches en Galicia aumentaron un cinco por cento en maio, é un punto e medio máis que a media nacional, segundo os datos feitos publicos hoxe polas asociacións de fabricantes e concesionarios | A Produtora de longametraxes como O Corno ou Matria, María Zamora, galardoada co premio nacional de cinematografía deste ano |
Nova xornada de calor, cos termómetros en ascenso no interior e no norte porque se retira o nordés e entrarán ventos máis húmidos. As temperaturas oscilan entre os 24 graos de máxima prevista na Coruña, e ata 33 en Ourense. Ao final da tarde, brétemas costeiras polo litoral atlántico e nubes de evolución no interior, con posibilidade dalgún chuvasco illado