Seguen a subir as temperaturas nun día solleiro no que a última hora poderán entrar algunhas nubes baixas e néboas costeiras no litoral norte. As temperaturas máximas poden chegar a superar os 30 graos hoxe en Ourense, 27 en Lugo e na contorna dos 25 quedarán nas Rías Baixas e Santiago. En puntos máis ao norte os valores máximos roldarán os 20 graos
O monte do Gozo, transformado xa para acoller a nova edición dO Son do Camiño, o macrofestival que comenza este xoves, cun cartel cheo de figuras nacionais e internacionais, e que espera reunir máis de 45.000 persoas ata o sábado | A Xunta aproba una nova edición dos bonos turísticos, en paquetes de 150 euros para aloxarse en hoteis da comunidade entre o 10 de setembro e o 25 de decembro | O concello de Vigo vai actuar de maneira inmediata para previr novos derrubamentos no edificio onde morreu un bombeiro esta fin de semana | O Racing de Ferrol queda, definitivamente, sen opcións ao Play Off de ascenso a Primeira, tras empatar co Leganés. O Celta, pola sua parte, despediu a Liga cun empate a dous goles en Balaídos fronte ao Valencia. Un partido sen sufrimento porque xa tiña amarrada a permanencia en Primeira, unha tempada máis
O monte do Gozo, transformado xa para acoller a nova edición do Son do Camiño, o macrofestival que comenza este xoves, convertido no máis multitudinario da temporada en Galicia | Rueda asegura que non aprobará o proxecto de Altri sen cumplir todas as normativas, tralo contundente rexeitamento expresado en Palas de Rei ao proxecto. O BNG súmase aos manifestantes contrarios, mentres os socialistas reclaman información á Xunta sobre os fondos públicos que se prevén investir | O concello de Vigo anuncia unha actuación urxente para evitar novos derrubamentos no edificio onde morreu un bombeiro que inspeccionaba o estado do inmoble.| O Instituto de Investigación Sanitaria recibe un millón de euros da UE para o seu estudo pioneiro a nivel mundial sobre os efectos da música no ADN, cun pacientes con deterioro cognitivo e daño cerebral
Sen chuvias á vista nesta última semana de maio na que por fin, volve o tempo anticiclónico. Hoxe aínda con algunha nubosidade que non impedirá ver o sol. Tarde de ceos máis despexados. As temperaturas mínimas algo máis baixas e as máximas ascenden. Quedan aínda por baixo dos 20 graos polo norte, arredor dos 24 graos nas Rías Baixas e ata 26 en Ourense.
O monte do Gozo, transformado xa para acoller a nova edición do Son do Camiño, o macrofestival que comenza este xoves, convertido no máis multitudinario da temporada en Galicia. A ocupación roza o completo na cidade de Santiago, ante un evento cun cartel cheo de figuras nacionais e internacionais, e que espera reunir máis de 45.000 asistente cada día, ata o sábado| Reaccións dos grupos políticos ante o contundente rexeitamento expresado en Palas de Rei ao proxecto de Altri. O BNG súmase aos manifestantes contrarios a macrofábrica, mentres os socialistas reclaman información á Xunta sobre os fondos públicos que se prevén investir. Alfonso Rueda asegura que nunca aprobaría un proxecto que non contase con todos os pronunciamentos ambientais favorables| O concello de Vigo anuncia unha actuación urxente para evitar novos derrubamentos no edificio onde morreu un bombeiro que inspeccionaba o estado do inmoble. Di que non constaban ningún expediente aberto sobre problemas de seguridade | O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago continúa co seu estudo sobre qué efectos provoca a música no ADN, pioneiro a nivel mundial. Agora recibe un millón de euros da Unión Europea para ampliar o proxecto con pacientes que sofren deterioro cognitivo e dano cerebral
Ascenso notable das temperaturas neste arranque da fin de semana. Os termómetros poden chegaraos 28 graos en Ourense e en xeral en moitos puntos rondarán os 24 graos. Valores que baixan durante o sábado e o domingo cando agardamos a chegada dunha fronte pouco activa que deixará ceos máis nubrados e algunhas chuvias febles máis probables polo noroeste. 24-05-2024
Estudantes, en época de exames, disputan dende primeira hora da mañá para coller sitio nos centros favoritos de estudo. A Universidade de Santiago amplía os horarios das bibliotecas, que nalgunhas facultades quedan abertas día e noite ata rematar o curso| Acampada nos corredores da Facultade de Historia de Santiago, en Solidariedade con Palestina. Din que non queren impedir a celebración dos exames no centro. hoxe solicitaron aoreitorado que rache toda a colaboración que a Universidade mantén con Institucións académicas de Israel| Un de cada dez necementos en Galicia prodúcese por reprodución asistida, e cada ano se realizan uns 7.000 tratamentos mediante estas técnicas. Especialistas de Europa e América abordan nun congreso na Coruña como afrontar o impacto que ten na fecunidade a idade, cada vez máis alta para ter o primeirofillo| Unir deporte e diversión Con éxito nos negocios. E a historia de dous mozos que crearon dende Sanxenxo a súa propia liña de roupa sostible, inspirada no mundo do surf. O segredo, as orixinais campañas como a falsa aparición dun tiburón nas rías baixas... que se fixo viral, e que lles serviu tamén de denuncia do doada que é a manipulación a través das redes. 24-05-2024
Estudantes, en época de exames, disputan dende primeira hora da mañá para coller sitio nos centros favoritos de estudo. A Universidade de Santiago amplía os horarios das bibliotecas, que nalgunhas facultades quedan abertas día e noite| Os acampados nos corredores da Facultade de Historia de Santiago, en Solidariedade con Palestinadin que non queren impedir a celebración dos exames no centro| Un de cada dez necementos en Galicia prodúcese por reprodución asistida, e cada ano se realizan uns 7.000 tratamentos mediante estas técnicas| Unir deporte e diversión Con éxito nos negocios. E a historia de dous mozos que crearon dende Sanxenxo a súa propia liña de roupa sostible, inspirada no mundo do surf. 24-05-2024
Os estudantes acampados nos corredores da Facultade de Historia de Santiago, en Solidariedade con Palestina, din que non queren impedir a celebración dos exames no centro. Piden ao reitorado que rache toda a colaboración que a Universidade mantén con Institucións académicas de Israel| Satisfacción na Xunta tras recibir o compromiso do executivo portugués co AVE Lisboa-Vigo, que confirmou a súa intención de completar aliña para o 2032| Combater o impacto que a idade ten sobre os problemas de fecundidade, é un dos temas que aborda o Congreso Nacional de medicina reprodutiva na Coruña. En Galicia, xa se fan cada ano uns 7.000 tratamentos de reprodución asistida e 1 de cada 10 nacementos prodúcese por estas técnicas| Días de moita presión para os estudantes, que afronan a temporada de exames finais. Nótase nas bibliotecas, nalgunha de Santiago hai que poñer o espertador moi cedo para atopar oco. 24-05-2024
A procesión de chimpíns, os vehículos oficiais do evento, volve ao centro do Porriño na inauguración do festival de Cans. Un certame diferente que comezou hai 21 anos | O exceso de auga nos campos impide o acceso da maquinaria e fai que se teña que atrasar a sementeira do millo | Espectacular exhibición da policía nacional, na Coruña, con actuacións antiterroristas, busca de droga ou explosivos, diante de 3000 rapaces | Dúas mulleres separadas por dous séculos e unidas pola maxia do oculto. Ledicia Costas invoca ás meigas en Pel de cordeiro, a terceira novela que publica para público adulto. 23-05-2024
Logo dalgunhas chuvias febles nas primeiras horas, imos quedando baixo influencia anticiclónica, dando paso a ceos con poucas nubes en xeral, máis nubrados no extremo norte, onde haberá posibilidade de chuvascos ocasionais. As temperaturas mínimas tiveron un lixeiro descenso, mentres que as máximas ascenden dende os 17 graos da Coruña aos 24 en Pontevedra. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde, con refachos fortes nas Rías Baixas. 23-05-2024
A procesión de chimpíns, os vehículos oficiais do evento, volve ao centro do Porriño na inauguración do festival de Cans. Un certame diferente que comezou hai 21 anos | O exceso de auga nos campos impide o acceso da maquinaria e fai que se teña que atrasar a sementeira do millo, o principal alimento das vacas nas granxas de produción de leite | Espectacular exhibición da policía nacional, na Coruña, con actuacións antiterroristas, busca de droga ou explosivos, diante de 3000 rapaces. Unha actividade coa que pechan os cursos de formación que realizan nos centros escolares | Dúas mulleres separadas por dous séculos e unidas pola maxia do oculto. Ledicia Costas invoca ás meigas en Pel de cordeiro, a terceira novela que publica para público adulto. A escritora de Vigo, premio nacional de literatura infantil e xuvenil, indaga na práctica da bruxaría na Galicia da Inquisición. 23-05-2024
A procesión de chimpíns, os vehículos oficiais do evento, volve ao centro do Porriño na inauguración do festival de Cans. Un certame diferente que comezou hai 21 anos | Nunhas horas comeza oficialmente a campaña das eleccións europeas do 9 de xuño, ás que en Galicia estamos chamadas a participar máis de 2 millóns setecentas mil persoas | Espectacular exhibición da policía nacional, na Coruña, con actuacións antiterroristas, busca de droga ou explosivos, diante de 3000 rapaces. Unha actividade coa que pechan os cursos de formación que realizan nos centros escolares | Discriminar unha persoa pola súa idade e un fenómeno que vai a máis. Denominase idadismo. Unha tendencia que afecta sobre todo as persoas maiores. Para romper estereotipos, Afundacion e a asociación HelpAge veñen de presentar unha guía. 23-05-2024
Con case media hora de atraso sae o segundo tren Avril que circula polas vías galegas... segundo fontes de Renfe, por un problema nunha porta. Un incidente que ocorre xusto o día despois de que na viaxe inaugural o vehículo quedara parado máis de duas horas e media | Rematado o prazo para presentar o Informe de Avalación de Edificios de vivendas de máis de 50 anos, tan só arredor dun 15% conta co informe favorable, segundo os administradores de fincas. Os concellos teñen que implementar agora o procedemento sancionador | A Xunta reforzará de cara ao vindeiro ano o libro dixital no sistema educativo. Un estudo realizado pola consellería de Educación constata que os resultados académicos dos alumnos son parellos con independencia do sistema que usen.
Xornada de transición na que as altas presións vanse aproximando lentamente. Predominan ainda os chuvascos, que se van retirando cara ó norte co avance do día, quedando os ceos con intervalos de nubes e claros no resto. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso, mentres que as máximas quedan sen cambios
O segundo tren Avril que circula polas vías galegas faino tamén con atraso, Debido a un incidente cunha porta antes de saír, en Vigo. Ocorre xusto o día despois da viaxe inaugural na que o vehículo quedou parado máis de duas horas e media cerca da estación de Ourense | O Tribunal Supremo absolve a Francisco Nicolás Gómez, coñecido coma 'o pequeno Nicolás', por facerse pasar por enlace entre o Goberno e a Casa Real nunha viaxe a Ribadeo, hai dez anos | Preocupación entre as empresas galegas con intereses en Arxentina, ante a crise diplomática aberta entre o Goberno de Pedro Sánchez e o de Javier Milei. O sector da pesca é o máis sensible, con 80 barcos pendentes de renovar as cotas para os próximos anos. O naval galego mantén tamén negociacións con estaleiros arxentinos | Tan só un 15 por cento dos edificios de máis de 50 anos consegue en Galicia o informe Técnico de que cumplen coas normativas de seguridade e eficiencia enerxética. Así o advirten os Administradores de fincas, unha vez rematado o prazo para presentalo | Os alumnos que empregan o programa E-Dixgal, de libro dixital, presentan un rendemento académico similar aos que non o empregan. Así o conclúe un estudo realizado pola consellería de Educación entre o alumnado de todos os centros públicos galegos
O segundo tren Avril que circula polas vías galegas faino tamén con atraso, Debido a un incidente cunha porta antes de saír, en Vigo. Ocorre xusto o día despois da viaxe inaugural na que o vehículo quedou parado máis de duas horas e media | O Tribunal Supremo absolve a Francisco Nicolás Gómez, coñecido coma 'o pequeno Nicolás', por facerse pasar por enlace entre o Goberno e a Casa Real nunha viaxe a Ribadeo, hai dez anos | Preocupación entre as empresas galegas con intereses en Arxentina, ante a crise diplomática aberta entre o Goberno de Pedro Sánchez e o de Javier Milei. O sector da pesca é o máis sensible, con 80 barcos pendentes de renovar as cotas para os próximos anos | Tan só un 15 por cento dos edificios de máis de 50 anos consegue en Galicia o informe Técnico de que cumplen coas normativas de seguridade e eficiencia enerxética. Así o advirten os Administradores de fincas
Accidentada estrea da alta velocidade entre as cidades galegas e Madrid. O primeiro AVE que saía de Vigo ás nove e media da mañá quedou parado durante máis dunha hora en Ourense pola falta de tensión na liña ferroviaria e tivo que ser remolcado por outro tren | Hoxe botou a andar en Vigo a gran feira dos estaleiros e as industrias auxiliares. Máis de medio milleiro de empresas de case un cento de países mostran en Navalia o pulo da construción naval, que semella ter deixado atrás a crise | Debate sobre a dixitalización e intelixencia artificial na educación en Santiago. Os expertos coinciden na defensa da alfabetización tecnolóxica dende a infancia
Accidentada estrea da alta velocidade entre as cidades galegas e Madrid. O primeiro AVE que saía de Vigo ás nove e media da mañá quedou parado durante máis dunha hora en Ourense pola falta de tensión na liña ferroviaria e tivo que ser remolcado por outro tren | Hoxe botou a andar en Vigo a gran feira dos estaleiros e as industrias auxiliares. Máis de medio milleiro de empresas de case un cento de países mostran en Navalia o pulo da construción naval, que semella ter deixado atrás a crise | Unha aseguradora terá que pagar 13 millóns de euros a unha familia de Santiago por unha neglixencia nun parto. O bebé naceu con graves secuelas por non facer a tempo unha cesárea. É a maior indemnización imposta en España por un caso así | No Día Europeo da Rede Natura 2000, imos visitar o concello de Porqueira, en Ourense, un dos máis descoñecidos de Galicia, pero recoñecido polas súas boas prácticas medioambientais
Seguimos con ceos grises con brétemas e néboas que volverán a repetirse ao final en zonas altas. Continuamos con chuvias e chuvascos que serán máis frecuentes e intensos nas horas centrais do día e máis probables na fachada atlántica. As temperaturas con poucos cambios ou lixeiramente máis baixas.