Protesta de gandeiros contra a pretensión das industrias de baixar o prezo que lles pagan polo leite. Din que é especialmente grave agora, que aumentan os custos de produción, pola guerra en Oriente Medio | A Xunta cuantifica en 120 millóns de euros a perda de ingresos que lle van supoñer ás medidas aprobadas polo Goberno Central ante a crise en Oriente Medio. O Presidente Rueda criticou que foran adoptadas sen consenso | Lugo contará cunha conexión de tren que permtirá estár en Madrid pouco despois das 10 da mañá, un cambio que se porá en práctica o 20 de maio. Ese tren parará na Gudiña ás 7.44 | O compostelán barrio de San Lázaro celebra a da festa da uña, un plato que se pode degustar estes días en case unha trintena de restaurantes. Hoxe tivo lugar a gran poxa de uñas e doutras pezas do porco ofrecidas ao santo. 23-03-2026
Continúa o tempo seco e solleiro.Temos ceos pouco nubosos ou con algunhas nubes altas, con bancos de néboa matinais en zonas de interior. As temperaturas sen cambios significativos. O vento frouxo do nordés, con intervalos moderados en terra e intervalos fortes no mar, entre Bares e Fisterra. 23-03-2026
Protesta de gandeiros contra a pretensión das industrias de baixar o prezo que lles pagan polo leite | A Xunta cuantifica en 120 millóns de euros a perda de ingresos que lle van supoñer ás medidas aprobadas polo Goberno Central ante a crise en Oriente Medio | O tren de Lugo a Madrid chegrá pouco despois das 10 da mañá | avances na negociación entre o Sergas e o sindicato Omega para intentar chegar a un acordo que desconvoque a folga de atención primaria | Celebración da festa da uña no barrio de San Lázaro, en Santiago. 23-03-2026
Protesta de gandeiros contra a pretensión das industrias de baixar o prezo que pagan polo leite. Din que é especialmente grave agora, que aumentan os custos de produción, pola suba dos combustibles, os fertilizantes e outros gastos pola guerra en Oriente Medio. Na Coruña, presentan unha denuncia á fiscalía | Os sindicatos médicos e a consellería de Sanidade retoman as negociacións en busca dunha saída que permita desconvocar a folga en atención primaria, que cumpre xa tres semanas. En Vigo, continúa o peche de facultativos do centro de saúde Olimpia Valencia, que reciben o apoio do alcalde Abel Caballero | Decepción no celtismo pola derrota en Balaídos ante o Alavés. Despois ir gañando por 3 a 0, os vascos remontaron no marcador asestándolle catro goles ao equipo vigués | No día mundial da Meteoroloxía coñecemos as actividades das Meteoescolas. Un programa para que os alumnos coñezan os segredos científicos detrás da predicción do tempo e aprendan cómo afrontar o cambio climático. 23-03-2026
Un seareiro do Olympique de Lyon apuñala a un afeccionado do Celta durante unha pelexa despois do partido de oitavos de final da europa league. O ferido foi golpeado cunha táboa de madeira antes de recibir o golpe por arma branca, pero a súa vida non corre perigo. Segundo os medios franceses, o autor dos feitos xa está detido | O Goberno aproba medidas para frear a suba dos prezos pola guerra en Oriene Medio, que inclúen rebaixas fiscais e axudas para a gandería, a pesca, a agricultura, e o transporte, que terán unha bonificación de 20 céntimos nos carburantes | A Consellería de Sanidade e o sindicato O´Mega reuniránse o próximo luns para negociar un acordo que permita desconvocar a folga en atención primaria | No Día Mundial da Saúde Bucodental. Dentistas galegos e portugueses participan conxuntamente en actividades para previr aos escolares da importancia de frear patoloxías como a carie. 20-03-2026
A fin de semana comeza con intervalos nubrados e con posibilidade de chuvascos pola tarde, localmente treboentos, máis probables nas zonas altas. As temperaturas máximas sufrirán un lixeiro descenso. O domingo recuperamos a influencia do anticiclón. 20-03-2026
Un seareiro do Olympique de Lyon apuñala a un afeccionado do Celta durante unha pelexa despois do partido de oitavos de final da europa league | A Consellería de Sanidade e o sindicato O´Mega reuniránse o próximo luns para negociar un acordo | O Goberno aproba medidas para frear a suba dos prezos pola guerra en Oriene Medio, que inclúen rebaixas fiscais e axudas para a gandería, a pesca, a agricultura, e o transporte | Esta tarde estreamos estación, a primavera que se prevé máis cálida do normal e con niveis importantes de pole tras un inverno tan chuvioso. 20-03-2026
Furor no celtismo tras a vitoria contra o Olympique de Lyon que lles permite clasificarse a cuartos de final da Europa Leage, case unha década despois. O Celta xogou contra 10 dende o minuto 18. nun encontro no que foron protagonistas ás decisións arbitrais. Rueda e Jutglá conseguen alongar o soño que pasa agora por enfrontarse ao Friburgo alemán | Sen visos de negociación, continúa o conflicto que protagonizan, por un lado os médicos dos servizos de atención primaria en Galicia e por outro o convocado no conxunto de España contra o Estatuto Marco promovido polo goberno Central | No Día Mundial da Saúde Bucodental, dentistas galegos e portugueses participan conxuntamente en actividades para previr aos escolares da importancia de frear patoloxías como a carie| Esta tarde estreamos estación, a primavera que nos acompañará ata o 21 de xuño. Prevese máis cálida do normal e con niveis importantes de pole tras un inverno tan chuvioso. Os expertos advirten de que pese ao aumento da luz solar pode derivar en máis cansanzo e tristura. 20-03-2026
Arranque da temporada dos paseos fluviais en catamarán polos canons dos ríos Miño e Sil. É a actividade de lecer que escolle a gran maioría dos turistas que visitan a Ribeira Sacra. Na viaxe inaugural a embarcación chegou a ser conducida pola presidenta da Deputación de LUgo | Sobrepasada a primeira quincena de marzo, as temperaturas son máis propias da primavera que do inverno. Moitos aproveitan a xornada festiva para diferentes plans; incluso achegarse as praias para aproveitar os raios do sol | Hoxe e o Día Internacional da Artesanía. Nos visitamos o taller de Aitor Martínez, en Tomiño. Gañador este ano do Premio Nacional | Seguro que oitos aproveitan esta ponte para visitar algún dos pazos que forman a ruta das camelias. A pesar da intensa chuvia dos últimos meses, as camelias están no seu máximo esplendor. 19-03-2026
Situación intermedia con poucos cambios. Néboas en comarcas do interior pola mañá e pola tarde nubes de evolución sen consencuencias. As temperaturas máximas volven subir e chegarán aos 25 graos en Ourense. 19-03-2026
Arranca a temporada de paseos fluviais en catamarán na Ribeira Sacra | Xornada festiva na que os prezos do combustible volven rozar os máximos históricos | A factoría de Stellantis de Vigo suspende durante tres días a produción de furgonetas | No encoro de Castrelo, en Ourense, primeiro campionato galego de longa distancia de traiñeiras. Cabo de Cruz e Tirán foron os primeiros clasificados | Chega a época ideal para recorrer a ruta das camelias. Un conxunto de Pazos axardinados con plantacións desta especie, orixinaria de extremo oriente, que atopou en Galicia o ecosistema perfecto. 19-03-2026
Arranque da temporada de rutas fluviais en catamarán polos canons do Sil e o Miño, na Ribeira Sacra. Unha das zonas con maior proxección turística, e que aspira a ser declarada Patrimonio da Humanidade. Na viaxe inaugural a embarcación chegou a ser conducida pola presidenta da Deputación de LUgo |Xornada festiva en Galicia con moitos desprazamentos, os prezos do combustible volven rozar os máximos históricos. O gasoleo, que aumenta máis do dez por cento nesta semana, segue por riba da gasolina, que escala tamén case un 15 por cento | No día da Artesanía visitamos o taller de Aitor Martínez, en Tomiño. Gañador este ano do Premio Nacional, cóntanos os segredos dunha disciplina na que é considerado un auténtico xenio moderno | Chega a época ideal para recorrer a ruta das camelias. Un conxunto de Pazos axardinados con plantacións desta especie, orixinaria de extremo oriente, que atopou en Galicia o ecosistema perfecto. Antigo símbolo de luxo e poder, con centos de variedades, entre elas os exemplares vivos máis antigos de Europa. 19-03-2026
Ata 15 toneladas de cunchas de bibalvos mortos, retirados polas mariscadoras da ría de Noia na Praia do Testal. Un banco habitualmente de alta productividade, no que este ano non se puido nin iniciar a campaña, como consecuencia da baixa salinidade da auga tralos temporais | A incidencia rexistrada nos sistemas de sinalización ferroviaria en Madrid provoca atrasos nos trens de alta de velocidade en Galicia. As conexións con Vigo e A Coruña, as máis afectadas | Boukar, refuxiado procedente de Mali, de 28 anos traballa con contrato indefinido nunha constructora do Salnés. É un dos inmigrantes que están a atopar oportunidades de emprego sobre todo en sectores con alta demanda de persoal como a construción a agricultura ou a hostalaría | Sen plans demasiado ambiciosos, nesta ponte atípica e inusual en Galicia. Con espectativas de bos datos nos negocios de restauración, mentres os hoteis confían nas reservas de última hora. Din que lles penaliza a proximidade da Semana Santa
Ata 15 toneladas de cunchas de bibalvos mortos, retirados polas mariscadoras da ría de NOia na Praia do Testal. Din que as perdas son cuantiosas, e quéixanse da xestión dos encoros | Malas previsións turísticas para esta ponte atípica e inusual en Galicia. O sector hostaleiro achácao á proximidade da Semana Santa. Os hoteis en Santiago, por exemplo, durante esta fin de semana roldan o 50% de ocupación, por iso confían nas reservas de última hora | Boukar, refuxiado procedente de Mali, de 28 anos, traballa coma peón especialiuzado,con contrayto indefinido nunha constructora do Salnés | |
Mariscadoras de Noia retiran 15 toneladas de cunchas de bibalvos mortos na Praia do Testal | A incidencia rexistrada nos sistemas de sinalización ferroviaria en Madrid provoca atrasos nos trens de alta de velocidade en Galicia | Os médicos protagonizan unha nova xornada de folga. E o Sergas cifra en preto de 23.000 os procedementos cancelados esta semana | Construción, pesca, agro e hostalaría son sectores con alta demanda laboral e nos que a poboación migrante está a atopar oportunidades de emprego en Galicia | Malas previsións turísticas para esta ponte atípica e inusual en Galicia. O sector hostaleiro achácao á proximidade da Semana Santa
Situación intermedia entre a borrasca Therese centrada ao oeste de Lisboa e as altas presións sobre o continente europeo. Nubes de tipo medio e alto, con chuvascos máis probables canto máis ó oeste. As temperaturas nocturnas suben mentres que as máximas descenden, con valores que roldan os 20 graos
Médicos pechados nun Centro de Saúde en Vigo e protestando ás portas do Hospital, en Lugo nunha nova xornada de folga indefinida. Reclaman diálogo coa consellería de Sanidade, que cifra o seguemento nun 24 por cento na asistencia hospitalaria e nun 4´7 na primaria | Representantes das distintas administracións asumen que é necesario actuar para frear o descenso do número de pasaxeiros nos aeroportos galegos. Así o puxeron de manifesto nunha xuntanza en Santiago para buscar novas rutas internacionais | Polémica ante a chegada ás cidades galegas da mobilidade compartida. O servizo de coches aparcados na rúa, disponibles para ser alugados mediante unha aplicación. En Santiago, queixas veciñáis porque poidan ocupar gratis e sen límite de tempo espazos de aparcamento regulado | Sentirse como unha persoa con patoloxías derivadas do envellecemento, á hora de facela compra. É unha experiencia inmersiva dirixida aos traballadores dun supermercado en Oroso, para mellorar a atención a usuarios con especiais dificultades
Médicos pechados nun Centro de Saúde en Vigo e protestando ás portas do Hospital, en Lugo, nunha nova xornada de folga indefinida. Reclaman diálogo coa consellería de Sanidade, que eleva a preto de 190.000 os actos médicos suspendidos por conflictos laborais dende o mes de decembro | A Xunta anuncia un fondo de promoción turística mediante patrocínios para captar novas rutas aéreas. Busca así fomentar a coordenación con outras administracións, ante a caída de tráfico rexistrada nos aeroportos galegos nos últimos meses | Polémica ante a Chegada ás cidades galegas da mobilidade compartida. En Santiago, queixas veciñáis porque poidan ocupar gratis e sen límite de tempo espazos de aparcamento regulado | Nun supermercado de Oroso os traballadores realizan unha experiencia inmersiva para coñecer cómo se senten as persoas con patoloxías derivadas do envellecemento á hora de facer a compra | Preséntase o Museo de Arte Virtual da Universidade de Vigo, cun enfoque accesible e interactivo que o converte no primeiro deste tipo en España
A consellería de Sanidade eleva a preto de 190.000 os actos médicos suspendidos por conflictos laborais dende o mes de decembro | A Xunta anuncia un fondo de promoción turística mediante patrocínios para captar novas rutas aéreas ante a caída de tráfico rexistrada nos aeroportos galegos nos últimos meses | Polémica ante a Chegada ás cidades galegas da mobilidade compartida. En Santiago, queixas veciñáis porque poidan ocupar gratis e sen límite de tempo espazos de aparcamento regulado |
Temperaturas en ascenso con máximas que oscilarán entre os 22 graos en Santiago e os 25en Ourense. Pola tarde nubes de tipo medio e alto pola metade oeste da comunidade. Mañá situación intermedia entre o anticiclón sobre o continente e a borrasca fronte a Lisboa