Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O orzamento para Atención Primaria medrará un 6,1% ata acadar os 1.854 millóns de euros no 2027. Así o anunciou o conselleiro de sanidade no Parlamento, para presentar a reforma de Atención Primaria, coa que se crearán 644 prazas | A algo máis dun mes das eleccións xerais, os partidos intensifican a precampaña. O PP reivindica o modelo de xestión dos populares galegos, e o BNG reclama máis peso para defender os intereses de Galicia en Madrid | A OTAN pon o foco nunha empresa de Nigrán dedicada ao control do espazo aéreo a baixa altura. Foi seleccionada entre case catro mil proxectos internacionais para avanzar nun programa da Alianza | Protagonismo para o tenis no programa La Revuelta de David Broncano. O tenista galego Martín de la Puente, medallista paralímpico, sorprendeu coa súa historia de superación. 20-10-2026

Muda o tempo pola influencia dunha borrasca situada ao oeste de Irlanda. O ceo cuberto con algunhas chuvias febles que se irán intensificando e estendendo ao resto da Comunidade cara o final da xornada. As temperaturas continuan sen moitos cambios. Con máis frío e de novo con mínimas baixo cero no interior de Ourense. 20-10-2026

O Conselleiro de Sanidade anuncia 136 novas prazas o próximo ano, das que 39 serán para médicos de Familia, dentro do plan de Reforma da Atención Primaria | Os partidos intensifican as actividades de cara ao 29N | A OTAN pon o foco nunha empresa de Nigrán dedicada ao control do espazo aéreo a baixa altura | O tenista galego Martín de la Puente, medallista paralímpico, sorprendeu coa súa historia de superación no programa La Revuelta | Campionato de Tapas e Petiscos de Galicia, no mosteiro de San Pedro de Rocas, na Ribeira Sacra. 20-10-2026

Aumentar o persoal dos centros de Saude con 136 novas prazas o próximo ano, das que 39 serán para médicos de Familia. É o anuncio do Conselleiro de Sanidade no Parlamento dentro do plan de Reforma da Atención Primaria | Os partidos intensifican as actividades de cara ao 29N. Os Populares, co apoio do dirixente nacional Borja Sémper, reivindican o seu modelo de xestión, mentres o BNG defende o seu balance da lexislatura en Madrid | Unha tecnoloxía que permite xestionar a convivencia de drons con aeronaves tripuladas e sistemas de defensa. É o proxecto dunha empresa de Nigrán, seleccionada entre varios miles de propostas internacionais para un programa da OTAN de control do espazo aéreo a baixa altura | En busca dos mellores pratos que se podan degustar de tres bocados. E o Campionato de Tapas e Petiscos de Galicia, no mosteiro de San Pedro de Rocas, na Ribeira Sacra. 43 cociñeiros participan no reto de reto de recrear os sabores da terra dun xeito creativo e innovador. 20-10-2026

Cada ano prodúcense trinta mil paros cardíacos fóra dun hospital en España. As posibilidades de sobrevivir sen secuelas duplícanse se se inician de inmediato as manobras de reanimación, mentres chegan os servizos de emerxencia. Profesionais do Hospital de Santiago explican aos usuarios do centro de xeito práctico como realizar esta reanimación.

Comeza a vacinación contra a gripe e a covid das persoas de máis de setenta anos nos centros de saúde. A campaña seguirá ampliándose a novos colectivos o 2 de novembro, coa vacinación das embarazadas, e a partir do día 9, cos maiores de sesenta. O obxectivo da Xunta é acadar o 75 % da cobertura entre os nosos maiores.

A Consellería de Sanidade conta con acadar de novo unha taxa de cobertura superior á media do conxunto de España. A campaña seguirá ampliándose a novos colectivos o 2 de novembro, coa vacinación das embarazadas e, a partir do día 9, cos maiores de sesenta | A Xunta entrega no Parlamento o seu proxecto de orzamentos para o ano 2027, ao acadar os 15.158 millóns de euros | A Xunta inicia os trámites para declarar unha nova reserva da biosfera Mariña entre os cabos de Fisterra e Silleiro. Abarcará unhas 146 mil hectáreas en 34 concellos das Provincias de Pontevedra e a Coruña | A Xunta acordou, tamén adiantar aos 45 anos a idade mínima para poder acceder aos programas de cribado para detectar posibles casos de cáncro de mama. Un tumr que segue a ser o máis frecuente entre as mulleres. O cancro de mama segue a ser o tumor mais frecuente entre as mulleres.Cada ano diagnostícanse máis de 2000 novos casos en Galicia. 19-10-2026

Seguen a baixar as temperaturas e hoxe xa coas primeiras xeadas do outono. Xornada de ceos despexados con máis nubes no norte onde non se descarta algún chuvasco. As temperaturas máximas, entre os 16 graos en Lugo e os 22 en Pontevedra. 19-10-2026

Comeza a vacinación contra a gripe e a covid das persoas a partir de setenta anos | O proxecto dos orzamentos da Xunta para o ano que vén está xa no Parlamento para o seu debate e aprobación | O cancro de mama consolídase como o tumor máis frecuente entre as mulleres, con máis de 2.000 novos casos diagnosticados cada ano, en Galicia | A Xunta inicia os trámites para declarar unha nova reserva da biosfera Mariña entre os cabos de Fisterra e Silleiro | O Celta confirma a sua recuperación, con protagonismo de Javi Rodríguez, nas dúas xogadas que supuxeron os goles do triunfo ante o Alavés. 19-10-2026

Comeza a vacinación contra a gripe e a covid das persoas a partir de setenta anos, que son Citadas por mensaxe de móbil nos centros de saúde. A Consellería de Sanidade conta con acadar de novo unha taxa de cobertura superior á media do conxunto de España | O proxecto dos orzamentos da Xunta para o ano que vén está xa no Parlamento para o seu debate e aprobación. O conselleiro de Facenda destacou tamén o reforzo do investimento en vivenda e as rebaixas fiscais | O cancro de mama consolídase como o tumor máis frecuente entre as mulleres, con máis de 2.000 novos casos diagnosticados cada ano, en Galicia. Os especialistas destacan a importancia da prevención mediante controis periódicos e de coñecer os sinais que identifican a enfermidade | O Celta confirma a sua recuperación, con protagonismo de Javi Rodríguez, nas dúas xogadas que supuxeron os goles do triunfo ante o Alavés. O Deportivo, en cambio, deixa escapar nos últimos minutos a vitoria contra o Levante. 19-10-2026

Sobre a saúde mental da mocidade debaten en Santiago as dezasete entidades sociais que forman parte da rede estatal de Juventud e Inclusión. A Cidade da Cultura acolle o seu foro sobre soidade non desexada. Cando a soidade non desexada se converte en crónica pode desencadear ansiedade ou depresión.

O sendeiro das Olas do río Mao, no parque natural do Xurés, na raia entre Galicia e Portugal, usábao a veciñanza para transportar en burros o centeo aos muíños de auga. Este ano compite por ser declarado o mellor sendeiro de España nun concurso da federación de deportes de montaña.

Máis de 15.100 millóns. A Xunta contará o próximo ano cun orzamento de récord, no que se inclúen rebaixas no IRPF e nos impostos sobre a vivenda e as sucesións | Visto para a deliberación do xurado o xuízo contra o acusado de matar a súa muller hai dous anos no barrio de Labañou. O home nega que a esganara. As acusacións e a Fiscalía piden 25 anos por asasinato | Cada ano prodúcense trinta mil paros cardíacos fóra dun hospital en España. As posibilidades de sobrevivir sen secuelas duplícanse se se inician de inmediato as manobras de reanimación, mentres chegan os servizos de emerxencia. 16-10-2026

Fin de semana con baixada de temperaturas. De momento, unha fronte rozará Galicia co avance da tarde o que fará aumentar as nubes con posibilidade de chuvias máis probables no terzo norte. As temperaturas empezan a baixar, con máximas que oscilarán entre os 21 graos en Ferrol e os 27 de Ourense. Un descenso térmico que se acentuará mañá e pasado con posibilidade dalgún chuvasco. 16-10-2026

Máis de 15.100 millóns. A Xunta contará o próximo ano cun orzamento de récord, no que se inclúen rebaixas fiscais | Visto para a deliberación do xurado o xuízo contra o acusado de matar a súa muller hai dous anos no barrio de Labañou | Decepción do Celta na estrea europea en Balaídos. Caeu por un a dous ante a Juventus polos erros defensivos | O sendeiro das Olas do río Mao, no parque natural do Xurés, na raia entre Galicia e Portugal, compite por ser declarado o mellor de España. 16-10-2026

Máis de 15.100 millóns. A Xunta contará o próximo ano cun orzamento de récord, no que se inclúen rebaixas no IRPF e nos impostos sobre a vivenda e as sucesións | Visto para a deliberación do xurado o xuízo contra o acusado de matar a súa muller hai dous anos no barrio de Labañou. O home nega que a esganara. As acusacións e a Fiscalía piden 25 anos por asasinato | Decepción do Celta na estrea europea en Balaídos. Caeu por un a dous ante a Juventus polos erros defensivos, a pesares de mostrar un bo nivel de xogo | O sendeiro das Olas do río Mao, no parque natural do Xurés, na raia entre Galicia e Portugal, compite por ser declarado o mellor de España. 16-10-2026

Se hai un sector no que a función das mulleres rurais é fundamental para loitar contra e despoboamento e fomentar o envellecemento activo é o dos coidados. É o caso de Julita, unha autónoma que descubriu o seu proxecto de vida xestionando unha Casa do Maior no concello ourensán de Castrelo de Miño.