Comenza a vacinación para maiores de 70 | O proxecto de orzamentos da Xunta de 2027 chega ao Parlamento | 2.000 casos de cancro de mama cada ano
19/10/2026 00:24:11Comeza a vacinación contra a gripe e a covid das persoas a partir de setenta anos, que son Citadas por mensaxe de móbil nos centros de saúde. A Consellería de Sanidade conta con acadar de novo unha taxa de cobertura superior á media do conxunto de España | O proxecto dos orzamentos da Xunta para o ano que vén está xa no Parlamento para o seu debate e aprobación. O conselleiro de Facenda destacou tamén o reforzo do investimento en vivenda e as rebaixas fiscais | O cancro de mama consolídase como o tumor máis frecuente entre as mulleres, con máis de 2.000 novos casos diagnosticados cada ano, en Galicia. Os especialistas destacan a importancia da prevención mediante controis periódicos e de coñecer os sinais que identifican a enfermidade | O Celta confirma a sua recuperación, con protagonismo de Javi Rodríguez, nas dúas xogadas que supuxeron os goles do triunfo ante o Alavés. O Deportivo, en cambio, deixa escapar nos últimos minutos a vitoria contra o Levante. 19-10-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado