Sanidade anuncia novas prazas para a Atención Primaria | Os partidos intensifican a precampaña | Tecnoloxía de Nigrán para o control aéreo da OTAN
20/10/2026 00:25:01Aumentar o persoal dos centros de Saude con 136 novas prazas o próximo ano, das que 39 serán para médicos de Familia. É o anuncio do Conselleiro de Sanidade no Parlamento dentro do plan de Reforma da Atención Primaria | Os partidos intensifican as actividades de cara ao 29N. Os Populares, co apoio do dirixente nacional Borja Sémper, reivindican o seu modelo de xestión, mentres o BNG defende o seu balance da lexislatura en Madrid | Unha tecnoloxía que permite xestionar a convivencia de drons con aeronaves tripuladas e sistemas de defensa. É o proxecto dunha empresa de Nigrán, seleccionada entre varios miles de propostas internacionais para un programa da OTAN de control do espazo aéreo a baixa altura | En busca dos mellores pratos que se podan degustar de tres bocados. E o Campionato de Tapas e Petiscos de Galicia, no mosteiro de San Pedro de Rocas, na Ribeira Sacra. 43 cociñeiros participan no reto de reto de recrear os sabores da terra dun xeito creativo e innovador. 20-10-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado