Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Xunta pon en marcha un plan de recuperación do marisqueo, ante a alta mortaldade de bivalvos. Os temporais dos últimos meses fixeron aumentar o caudal de auga doce, o que provocou a morte do marisco.

Malia ó investimento do goberno galego, a oposición pide medidas máis efectivas.

A las 10.00 horas en punto, en la Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, como en el resto de sedes, se abrieron los sobres con los exámenes. Los estudiantes se encontraron con un artículo de opinión sobre el álbum ‘Lux’ de Rosalía, presentado hace apenas un mes, como texto para el análisis discursivo. La elección sorprendió a muchos, aunque no fue una locura: el tema del texto giraba en torno a la identidad cultural y la hibridación artística, ejes presentes también en los autores del 98.

En la parte literaria, los alumnos debieron trabajar con textos de Miguel de Unamuno y Antonio Machado, dos figuras centrales del movimiento del 98, cuya reflexión sobre España sigue vigente. Además, se incluyeron comentarios de obras obligatorias como ‘La Fundación’ de Buero Vallejo y ‘El lector de Julio Verne’ de Almudena Grandes, dependiendo de la modalidad elegida.

La jornada concluyó con pruebas técnicas y artísticas: desde Matemáticas Aplicadas a las Ciencias Sociales hasta Historia de la Música y de la Danza.

Foto: Europa Press

Primeira xornada das probas de acceso á universidade nos 36 centros habilitados en Galicia. que comezaron hoxe cos exames de lingua castelá, filosofía e historia | Máis de un millon cen mil consultas médicas perdéronse o ano pasado porque os pacientes que estaban citados non compareceron á cita. A Consellería de Sanidade anuncia unha camaña para concienciar aos cidadans de facer un uso responsable dos servizos médicos | No xuízo polo crime de Yoel Quispe, a fiscalía nega que o autor confeso dos feitos, o que lle asestou á vítima o navallazo mortal, actuara con aleivosía. A acusación fala de agresión grupal e a defensa recorre a eximentes coma alcol e drogas. Mantéñense as penas de condena | A banda de Muros The Rapants, acaba de sacar novo álbum. Rapants Club é o cuarto disco da súa carreira. Unha mestura de sons disco, electrónicos e latinos nos que seguen mantendo a súa esencia. 02-06-2026

Situación intermedia entre altas e baixas presións. Ceo máis nubrado pola mañá con chuvascos na metade norte e tamén no litoral Atlántico. Máis despexado no sur. As temperaturas mínimas suben e as máximas sufren un notable descenso, entre os 20 graos en Santiago e os 26 de Ourense. 02-06-2026

Primeira xornada das probas de acceso á universidade nos 36 centros habilitados en Galicia | No xuizo polo crime de Yoel Quispe, na Coruña, a defensa de José Luis Franco, o principal acusado pide a absolución | A Xunta anuncia unha campaña para uso responsable dos servizos sanitarios. Di que no último ano perdéronse ata un millón de consultas médicas por non comparecer os pacientes citados | A banda The Rapants saca novo álbum o cuarto da súa carreira. Unha mestura de sons disco, electrónicos e latinos nos que seguen mantendo a súa esencia. 02-06-2026

As probas de acceso a universidade comenzan para máis de 13.400 alumnos en distintos centros de toda Galicia. Un comentario de texto da cantante Rosalía e unha pregunta sobre a xeración do 98, inauguran os exames que continúan ata o xoves, con reforzo das medidas de seguridade | No xuizo polo crime de Yoel Quispe, na Coruña, a defensa de José Luis Franco, o principal acusado pide a absolución. Ainda que admite que foi o autor da puñalada mortal, di que actuou baixo os efectos do alcohol e as drogas e que foi atacado previamente pola vítima | A Xunta anuncia unha campaña para uso responsable dos servizos sanitarios. Di que no último ano perdéronse ata un millón de consultas médicas por non comparecer os pacientes que estaban citados | Moito Humor, algo de Realismo máxico e letras pegadizas no galego de Muros. É a banda The Rapants, que saca novo álbum o cuarto da súa carreira. Unha mestura de sons disco, electrónicos e latinos nos que seguen mantendo a súa esencia, logo de oito anos de conexión e complicidade co público. 02-06-2026

O exame de lingua castelá e literatura foi o primeiro ó que se enfrontaron os máis de 13.000 estudantes que comezaron hoxe as probas de acceso á universidade. Tocáronlles preguntas sobre a xeración do 98 e Antonio Machado, e tiveron que facer un comentario de texto sobre o último disco de Rosalía.

Do resultado da PAU depende, en gran medida, que poidan estudar a carreira que queren. Así que hoxe respíranse moitos nervios nos 36 centros onde se examina o alumnado. As notas publicaranse o xoves que vén. A nota de corte máis alta de Galicia a ten o dobre grao en matemáticas e física.

A multinacional Chinesa do automobil SAIC instalará a súa primeira fábrica europea no Porto exterior de Ferrol e nun centro industrial e loxístico na localidade das Pontes, para fabricar vehículos eléctricos da marca MG | Arranca na Audiencia Provincial da Coruña o xuízo pola pola morte de Yoel Quispe. O mozo de 22 anos foi asasinado na madrugada da Noiteboa do 2023 na cidade herculina | Hoxe é o Día mundial do Leite, un alimento que contribúe a una dieta saudable e fundamental na economía de Galicia. A asociación de gandeiros AgroMuralla estivo hoxe en Betanzos pra repartir leite e informar dos seus beneficios | Aleix Febas xa é oficialmente a primeira fichaxe do Celta para a próxima temporada. O centrocampista catalán procede do Elche, e chega libre ao non aceptar a oferta de renovación | Celebración en Riazor do ascenso do Deportivo, con avalancha sobre o céspede, que resultou con danos que poñen en perigo o partido amigable do xoves da Selección española contra Irak. 01-06-2026

Empezamos xuño con influencia anticiclónica co avance a tarde vaise achegar pola costa atlántica unha fronte fría pouco activa que deixará aumento progresivo das nubes e orballos de madrugada. As temperaturas non terán cambios significativos. As máximas oscilarán entre os 21 graos previstos en Ferrol aos 30 de Ourense. 01-06-2026

A multinacional Chinesa SAIC instalará a súa primeira fábrica europea no Porto exterior de Ferrol e nun centro industrial e loxístico na localidade das Pontes | Familiares e achegados de Yoel Quispe piden xustiza no arranque do xuízo, na Audiencia da Coruña, polo asasinato do mozo, de 22 anos | Últimas horas de repaso para os máis de 13.400 alumnos convocados ás probas de Acceso a Universidade | Celebración en Riazor do ascenso do Deportivo, con avalancha sobre o céspede, que resultou con danos que poñen en perigo o partido amigable do xoves da Selección española contra Irak. 01-06-2026

Familiares e achegados de Yoel Quispe piden xustiza no arranque do xuízo, na Audiencia da Coruña, polo asasinato do mozo, de 22 anos. O crime tivo lugar na rúa, cando regresaba a casa na madrugada da noiteboa de 2023. A fiscalía pide 14 anos de prisión para o acusado de selo autor material do apuñalamento | Os grupos da oposición reclaman á Xunta que cambie de actitude sobre o traspaso da AP-9. Socialistas e nacionalistas aseguran que o acordo no Congreso recolle a obriga por parte do goberno central de asumir as cargas económicas da concesión | Últimas horas de repaso para os máis de 13.400 alumnos convocados ás probas de Acceso a Universidade, a partir de mañá, en 36 sedes repartidas por toda Galicia. A Comisión Interuniversitaria recorda que están prohibidos os dispositivos electrónicos que poidan recibir datos | Celebración en Riazor do ascenso do Deportivo, con avalancha sobre o céspede, que resultou con danos que poñen en perigo o partido amigable do xoves da Selección española contra Irak. Miles de afeccionados prolongaron despois a festa na fonte de Catro Camiños. 01-06-2026

Arranca na Audiencia Provincial da Coruña o xuízo con xurado popular polo asasinato de Yoel Quispe na madrugada da Noiteboa do 2023. O mozo, de 22 anos, regresaba á casa despois dunha noite de festa e foi mortalmente acoitelado nunha liorta.

No banco dos acusados sentan tres persoas. A Fiscalía pide 14 anos de cadea para o presunto autor do homicidio, que está actualmente en pisión provisional tras recoñecer que foi quen apuñalou á vítima. Os outros dous acusados son considerados cooperador necesario e cómplice.

Campaña da asociación de gandeiros Agromuralla para informar dos beneficios do leite. Un dos obxetivos dos produtores é desterrar bulos sobre este alimento, que contribúe a unha dieta saludable. No seu día mundial, decidiron repartir botellas de leite e derivados do leite na feira de Betanzos. 

Ademáis de ser beneficioso para a saúde, o leite é fundamental para a economía de Galicia. Contamos con máis da metade das granxas lácteas de España, arredor de 5.000. Delas sae máis do corenta por cento da producción total de leite do noso país.

Conta atrás para os máis de 13.000 galegos que se enfrontan este ano á PAU. Faltan menos de 24 horas para que arranquen as probas de acceso á universidade e nas bibliotecas respíranse moitos nervios. En Galicia o alumnado repartirase en 36 centros en A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra. E, como en anos anteriores, haberá equipos de detección de radiofrecuencia para evitar trampas.

O primeiro exame será o de lingua castelá e literatura. Nos repasos de última hora cada vez hai máis estudantes que utilizan a intelixencia artificial. Hai quen lle pide a ChatGPT que lle faga simulacros de exame ou que lle axude a resumir os apuntes.

Exhibición dinámina dos medios militares, presidida polo rei Filipe VI, na Praia de Samil, en Vigo, como acto previo da celebración, mañá, do Día das Forzas Armadas | CC.OO, ANPE, UGT e CSIF asinan coa Xunta un pacto para avanzar en melloras do sistema educativo. Queda á marxe a CIG, o sindicato maioritario na Educación |A inflación estabílizase ao manterse o IPC de maio no 3,2 por cento | A Garda Civil desmantela un punto de quedadas multitudinarias para facer carreiras ilegais no polígono industrial de Cea. A publicación de vídeos en redes sociais serviulle de pista aos axentes | As bibliotecas están estes días a rebordar. A Universidade de Santiago ten un sistema que avisa dos postos libres que hai en cada biblioteca, para que os estudantes vaian a tiro fixo a onde haxa sitio. 29-05-2026

Predominio da influencia anticiclónica e vento do nordés, que retira lixeiramente o aire cálido cara ao sur e refresca algo os termómetros. A fin de semana será moi parecida, con tempo seco, néboas matinais e poucas nubes polas tardes. As temperaturas baixan, pero aínda son altas para a época do ano. 29-05-2026

Exhibición dinámina dos medios militares, presidida polo rei Filipe VI, na Praia de Samil, en Vigo, como acto previo da celebración, mañá, do Día das Forzas Armadas | A Xunta e os sindicatos, coa ausencia da CIG, que é maioritaria na Educación, asinan un novo paquete de melloras para o próximo curso | Conta atrás para os exames finais e as probas de acceso á universidade. As bibliotecas convértense para moitos estudantes estes días nunha segunda casa | A Garda Civil desmantela un punto de quedadas multitudinarias para facer carreiras ilegais no polígono industrial de Cea | A Casa de Galicia nas Palmas de Gran Canaria recibe unha homenaxe no día da Comunidade. 29-05-2026

Todo listo na praia de Samil, en Vigo, para a revista naval que presidirá o rei Filipe VI embarcado no buque Audaz. A partir das tres e media da tarde. E a continuación exhibición dinámina dos medios militares, como acto previo da celebración, mañá, do Día das Forzas Armadas | A Xunta e os sindicatos, coa ausencia da CIG, que é maioritaria na Educación, asinan un novo paquete de melloras para o próximo curso. Establecen a contratación de 400 especialistas en inclusión educativa | Conta atrás para os exames finais e as probas de acceso á universidade. As bibliotecas convértense para moitos estudantes estes días nunha segunda casa. A USC conta cun sistema para alertar de ocos libres | A Casa de Galicia nas Palmas de Gran Canaria, fundada en 1951, recibe unha homenaxe por parte do goberno das Illas, no día da Comunidade, como referente na labor social e de manter presente a cultura e as tradicións galegas. 29-05-2026