Telexornal Galicia 02-06-2026 | Vexa
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 02-06-2026

Arranca a selectividade | O acusado de matar a Yoel Quispe pide a absolución | Campaña para uso responsable da Sandade | Novo disco de The Rapants

02/06/2026 00:24:59
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 02-06-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 02-06-2026
Telexornal Galicia 02-06-2026 00:24:59 02/06/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

As probas de acceso a universidade comenzan para máis de 13.400 alumnos en distintos centros de toda Galicia. Un comentario de texto da cantante Rosalía e unha pregunta sobre a xeración do 98, inauguran os exames que continúan ata o xoves, con reforzo das medidas de seguridade | No xuizo polo crime de Yoel Quispe, na Coruña, a defensa de José Luis Franco, o principal acusado pide a absolución. Ainda que admite que foi o autor da puñalada mortal, di que actuou baixo os efectos do alcohol e as drogas e que foi atacado previamente pola vítima | A Xunta anuncia unha campaña para uso responsable dos servizos sanitarios. Di que no último ano perdéronse ata un millón de consultas médicas por non comparecer os pacientes que estaban citados | Moito Humor, algo de Realismo máxico e letras pegadizas no galego de Muros. É a banda The Rapants, que saca novo álbum o cuarto da súa carreira. Unha mestura de sons disco, electrónicos e latinos nos que seguen mantendo a súa esencia, logo de oito anos de conexión e complicidade co público. 02-06-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado