Telexornal Galicia 01-06-2026 | Vexa
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 01-06-2026

Comenza o xuizo polo crime de Yoel Quispe na Coruña| Últimas horas de repaso para a PAU | Danos en Riazor pola celebración do ascenso do Depor

01/06/2026 00:25:00
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 01-06-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 01-06-2026
Telexornal Galicia 01-06-2026 00:25:00 01/06/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Familiares e achegados de Yoel Quispe piden xustiza no arranque do xuízo, na Audiencia da Coruña, polo asasinato do mozo, de 22 anos. O crime tivo lugar na rúa, cando regresaba a casa na madrugada da noiteboa de 2023. A fiscalía pide 14 anos de prisión para o acusado de selo autor material do apuñalamento | Os grupos da oposición reclaman á Xunta que cambie de actitude sobre o traspaso da AP-9. Socialistas e nacionalistas aseguran que o acordo no Congreso recolle a obriga por parte do goberno central de asumir as cargas económicas da concesión | Últimas horas de repaso para os máis de 13.400 alumnos convocados ás probas de Acceso a Universidade, a partir de mañá, en 36 sedes repartidas por toda Galicia. A Comisión Interuniversitaria recorda que están prohibidos os dispositivos electrónicos que poidan recibir datos | Celebración en Riazor do ascenso do Deportivo, con avalancha sobre o céspede, que resultou con danos que poñen en perigo o partido amigable do xoves da Selección española contra Irak. Miles de afeccionados prolongaron despois a festa na fonte de Catro Camiños. 01-06-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado