Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

El rey emérito Juan Carlos I ha participado en Sanxenxo con el Bribón en la cuarta serie de la Liga de 6 Metros, Trofeo Xacobeo.

Desde el pasado mes de septiembre, don Juan Carlos no se ponía al frente de su embarcación. Siempre seguía las diferentes competiciones a bordo del barco auxiliar Cristina.

Foto: Elena Fernández/EFE

O turismo de autocaravana, moi de moda trala pandemia, segue a medrar en Galicia. Concellos coma O Grove e a Illa de Arousa restrinxen a presenza destes vehículos fóra dos espazos habilitados para eles. Queren evitar o descontrol e a masificación, especialmente en áreas protexidas. Na Praia do Vao, á entrada da Illa de Arousa, acaban de instalar lectores de matrícula para que non excedan o tempo máximo permitido para estacionar: 24 horas.

Facultativos galegos concentráronse este martes ante o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, no segundo día da quinta semana de folga intermitente convocada en todo o Estado para reclamar un Estatuto Marco propio que recoñeza as particularidades da profesión. Anuncian paros indefinidos a partir de setembro se o Ministerio de Sanidade non atende as súas peticións. Segundo a Consellería de Sanidade, esta folga nacional tivo un seguimento de máis do 15% en Galicia durante a mañá.  

Un home de 31 anos resultou morto no transcurso dunha operación policial contra o narcotráfico na aldea de Corvillón, en Cambados (Pontevedra). O falecido, un dos investigados por tráfico de drogas, chegou ferido de bala ao Hospital do Salnés. Ao parecer recibiu un tiro por parte dun axente. A operación, con alomenos 12 detidos, foi declarada segreda e non se descartan máis arrestos nas próximas horas.

Aparcar nas cidades é unha tarefa complicada.

ConPlaza é unha aplicación para o móbil que axuda ás persoas a encontrar aparcamento.

O sistema, creado por un mozo pontevedrés, pon en contacto aos usuarios que pactan un prezo para alugar prazas de aparcamento por horas ou días.

Hai xa máis dun cento de persoas rexistradas en Pontevedra. O servizo, que xa está a funcionar noutras cidades, prepárase para chegar aos chamados "leira parking" das praias na tempada de verán.

O xoves de Corpus Christi non se entende en Redondela sen a tradicional Festa da Coca. O traslado da virxe A Gabacha, a gran protectora dos veciños, acompañada pola danza das espadas nunha vila chea de alfombras florais.

En Baiona, toma forma o mural máis grande de España. A artista Lula Goce, natural desta localidade e con obras en todo o mundo, leva semanas traballando sobre o muro do espigón nunha obra de 1.400 metros cadrados e case medio quilómetro de longo na que busca reflectir a alma mariñeira da vila.

Segunda xornada de folga na recollida de lixo en Vigo.

Sindicatos e empresa concesionaria non chegan a un acordo no marco da negociación do convenio.

As posturas están distanciadas sobre todo no que respecta as xubilacións anticipadas e a suba salarial.

Piden a mediación do Concello.

A folga coincide coa semana do Día das Forzas Armadas que se celebra na cidade.

As obras de retranqueo na viguesa praia de Samil lograron recuperar 5.000 metros cadrados de entorno natural.

O antigo asfalto do paseo transformouse en zonas verdes e o areal gañou superficie.

A intención é devolver a imaxe que a praia tiña nos anos sesenta do século pasado.

O cinema é protagonista esta fin de semana en Cans.

A parroquia do Porriño abre os galpóns á sétima arte.

Roteiros, coloquios e proxeccións transforman a contorna rural da vila pontevedresa.

O desfile de chimpíns polo centro do Porriño e a proxección da pelicula 'La buena hija' con Janet Novás, bailarina e actriz que este ano recibe un chimpín de prata, inaugurou o Festival.