Un poema de Gloria Fuertes inspirou o título dunha exposición colectiva que pode visitarse no Centro Galego de Arte Contemporánea: A idea de fondo de A illa ignorada é que todas as persoas somos illas, aínda que xuntas conformemos un arquipélago cargado de complexidade.
Inquedanza no sector do mexillón pola invasión de cangrexo patexo, que devora a cría nas cordas das bateas. Unha investigación encargada pola organización de produtores demostra que o cultivo de mexillón en bateas contribúe a mellorar a calidade das augas.
En temporada de incendios, grupos de veciños organizan cuadrillas de voluntarios para vixiar os montes. Din que teñen un efecto disuasorio, ademáis de permitir que se actúe rápidamente contra o lume.
O Festival do Mundo Celta de Ortigueira volve consolidarse como unha das grandes citas culturais do verán en Galicia. Celebrado de maneira case ininterrompida desde 1978, reúne na vila coruñesa milleiros de seguidores da música folk. Agárdase a asistencia de preto de 100.000 persoas.
Un físico italiano estableceuse nunha aldea abandonada de Castro Caldelas, en Ourense, para dinamizar culturalmente a comarca e contribuir a que non siga despoboándose. Nunha palleira rehabilitada organiza escolas de verán internacionais para o estudo da cuántica e a orixe do universo.
Vigo goza da gastronomía mariñeira no Vigo SeaFest. Catorce chefs compiten por elaborar a mellor tapa con algunhas das especies máis representativas da nosa pesca. Demostran que o peixe pode ser sinónimo de creatividade, sabor e tradición.
Aumentan os lugares onde está prohibido o baño pola contaminación microbiolóxica da auga. O Sergas incluíu este ano oito novos puntos na listaxe. Aínda que lembran que a calidade da auga é boa ou excelente no 98 % das zonas de baño galegas.
Axentes da Policía Nacional a cabalo protexen os peregrinos e vixían os montes galegos para alertar de posibles lumes. Patrullarán uns 20 quilómetros do Camiño ao día durante o verán.
A multinacional chinesa SAIC culmina o primeiro desembarco dun buque con 700 coches no porto de Ferrol. A operación serve para comprobar a capacidade das instalacións de cara a implantación nesa cidade da súa primera fábrica europea.
A superficie de zonas verdes nas cidades condiciona a calidade de vida. Regulan a temperatura, reducen ruídos e diminúen a contaminación, ademais de axudar ao benestar físico e mental. Un estudio realizado en varias cidades conclúe que Ourense está nos últimos postos en superficie e accesibilidade a espazos verdes mentres que Santiago é un exemplo en positivo.
A Raíña Sofía visitou zonas afectadas por incendios forestais para comprobar o estado de proxectos de restauración ambiental impulsados pola fundación que leva o seu nome, en colaboración coa consellería de Medio Ambiente. Son proxectos de recuperación en Rubiá e Folgoso do Courel.
- O artista Carlos Pazos presenta unha nova mostra na sede da súa fundación en Oza-Cesuras
- A peza estrela é a escultura dunha guillotina de cinco metros de alto feita de metal
- A última proposta artística de Figueiras son trinta guerreiros feitos con material de refugallo
- Son recreacións simbólicas, case paródicas, das estatuas e retratos ecuestres de reis e emperadores
Baiona prohíbe usar auga da traída para encher piscinas, regar xardíns ou lavar coches. É primeiro concello en adoptar medidas este verán para afrontar a posible situación de escaseza. Vigo, pola súa parte, declara a situación de prealerta por seca.
Este ano cúmprese o 50 aniversario do falecemento de Ramón Otero Pedrayo, considerado o Patriarca das Letras Galegas. Galicia dedícalle este ano a un dos seus grandes referentes, que formou parte da Xeración Nós, do Partido Galeguista e da Editorial Galaxia. Deixa un impresionante legado como literato, pero tamén será lembrado pola súa brillante oratoria.
O artista ourensán Manolo Figueiras creou trinta esculturas cos residuos que ía tirar ao lixo. Son unha parodia do xénero das estatuas e retratos ecuestres nos que se representaba a reis e emperadores como heroes de guerra. Os seus patéticos cabaleiros, pola contra, son heroes de refugallo.
Abre na Fonsagrada o museo de Forges, un espazo sobre a vida e obra do coñecido humorista gráfico Antonio Fraguas, que tiña raíces familiares nesta localidade da montaña de Lugo. As súas inconfundibles viñetas e o seu compromiso coas reivindicacións sociais da Fonsagrada están moi presentes neste novo centro cultural.
Galicia lidera o sector forestal en España. O 50 % da madeira que se corta no estado procede dos montes galegos. Trátase dun sector marcado pola incorporación de nova maquinaria e tecnoloxías.
Co verán aumentan os desprazamentos en moto e tamén os accidentes. Por iso, a Garda Civil intensifica os controis sobre todo nas fins de semana que é cando máis sinistros se producen. No que vai de ano aumentaron un cinco por cento os accidentes con motoristas falecidos.
O artista Carlos Pazos presenta unha nova mostra na sede da súa fundación en Oza-Cesuras. A peza estrela é unha guillotina de cinco metros feita de metal. O autor puxo na estrutura a súa ironía máis xenuína e os primeiros en observar a instalación foron os propios veciños da aldea de Trasanquelos.