Visitamos o festival internacional de xardíns de Allariz. Un paisaxista da Coruña cunha obra inspirada nunha bolboreta, un xardín decorado con espellos... O tema deste ano é a liberdade. As vagas de calor favorecen a floración das plantas, pero obrigan a regar os xardíns con moita frecuencia.
2026 podería converterse no peor ano de avespa velutina dende que esta especie invasora chegou a Galicia en 2013. No primeiro semestre aumentaron un 85 % as chamadas para pedir a retirada de niños. Acompañamos a un dos equipos que se encarga deste traballo.
As traballadoras do servizo de axuda no fogar piden máis seguridade e mellores condicións laborais. Hoxe manifestáronse no Porriño coincidindo co aniversario do asasinato dunha traballadora do servizo polo marido da muller á que coidaba.
Un documental recolle a historia, ritos e lendas do Pico Sacro, una singular montaña de Boqueixón de 530 metros de altitude. Un faro natural da comarca da Ulla e símbolo vivo vinculado aos camiños de Santiago.
Medio cento de asociacións da Ribeira Sacra piden un referendo para comprobar se a veciñanza quere que a zona sexa declarada Patrimonio Mundial da Unesco. Trala devolución da candidatura, que consideran unha derrota, reclaman que se teña en conta aos veciños nas modificacións que se deben facer.
En el municipio de Salvaterra (Pontevedra) se busca a tres personas enterradas en el cementerio tras ser asesinadas por falangistas en 1936. Se trata de Delfín Rey, Bernardo Bernárdez y una persona desconocida cuyo cadáver apareció en descomposición en el río.
Vídeo emitido en el informativo territorial de Galicia, Telexornal, el 27 de julio de 2026.
Puedes descubrir más historias de las fosas de la Guerra Civil y el franquismo en el especial de RTVE Noticias.
A illa de Toralla, na ría de Vigo, agocha unha infraestrutura científica única en Europa. Trátase da Estación de Ciencias Mariñas, a ECIMAT, un laboratorio natural onde investigadores de todo o mundo estudan os efectos do cambio climático, as mareas vermellas ou a saúde dos océanos. Entramos nas súas instalacións para celebrar os seus 20 anos de historia.
Acompañamos a cabalaría da Policía Nacional que estes días de verán patrulla montes e camiños para previr incendios forestais e reforzar a seguridade dos peregrinos. En Vigo tamén contan coa colaboración da policía de Portugal. Fan patrullas mixtas, con axentes dos dous países, para mellorar a atención aos turistas e peregrinos portugueses que nos visitan.
A Ribeira Sacra terá que agardar para ser declarada Patrimonio Mundial. O comité da Unesco, reunido en Corea do Sur, decidiu hoxe devolver a candidatura para que os seus promotores a xustifiquen mellor. Tamén lle pide a España que traballen cos asesores do Comité de Patrimonio Mundial para que a candidatura cumpra os requisitos da declaración.
Música, gastronomía, viño e unha paisaxe única é o menú do Festival 17 graos.
Está declarado como o mellor evento musical de pequeno formato de toda a península.
Nesta décima edición ten como cabezas de cartel a Sidoní e aos británicos The Divine Comedy.
Unha iniciativa lexislativa porpular reclama cambiar a letra da versión orixinal.
A composición ten máis dun século, interpretouse por vez primeira no Gran Teatro da Habana en Cuba.
"Os pinos" ,con letra de Pondal e música de Pascual Veiga, é o himno oficial de Galicia desde 1984.
O ministro de Pesca visita en Vigo o buque Intermares, no que se imparte formación a persoas que buscan un futuro no mar. Unha formación vital para afrontar a falta de remuda xeracional no sector.
Recuperar o consumo de destilados galegos con certificación de calidade. É o que se propón O Consello Regulador de Augardentes e Licores de Galicia, con 12 empresas inscritas. O ano pasado certificou 500.000 botellas, case a metade de licor café.
Falta mes e medio para que comece o curso, pero a maioría dos estudantes universitarios teñen xa onde vivir. En Santiago pagan de media 300 euros por unha habitación. Moitos quéixanse de que os pisos non están en boas condicións.
La mejor forma de combatir un incendio sigue siendo llegar antes que las llamas. Y en esa carrera, la inteligencia artificial empieza a marcar la diferencia.
En Galicia, ayuda a detectar posibles focos más rápido que los sistemas tradicionales. La IA se utiliza en el Centro de Coordinación Central de Defensa contra Incendios Forestales de la Xunta de Galicia, en Santiago, donde se analizan imágenes de la red de vigilancia para detectar fuegos de forma temprana.
Fotografía de: Brais Seara / GettyImages.
O autobús no que desfilou a selección española de fútbol por Madrid para celebrar a vitoria no Mundial foi fabricado pola empresa ourensá Unvi. É unha referencia internacional na elaboración deste tipo de vehículos, presentes en todas as capitais europeas.
Desde Nigrán sairá o 10 de agosto Ossie, o primeiro vehículo español capaz de manobrar satélites en órbita, situando a España entre o reducido grupo de países con esta tecnoloxía. Viaxará a California, onde se preparará para o seu lanzamento, previsto para outono.
- Un proxecto promovido pola comunidade de montes de Couso que permite aforrar custos
- Unha ducia de vacas guidadas por GPS eliminan a maleza e especies invasoras como a acacia
A sede de Afundación en Santiago acolle ‘Compostella Expeditio’. Unha experiencia inmersiva que nos traslada ao pasado medieval da capital galega a través da realidade virtual.
Un bar en Arteixo foi denunciado por facer apoloxía do franquismo. O establecemento leva anos exhibindo lemas da ditadura e bandeiras preconstitucionais. A plataforma veciñal denunciante considera que foi a máis e que incumpre tanto o marco estatal coma galego.