Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A dúas semanas do inicio do curso, en moitas casas xa empezan os preparativos para a volta ao colexio, que vai ser a máis cara da historia. Segundo o informe do Observatorio Cetelem, as familias galegas gastarán este curso unha media de 500 euros por fillo.

É un dos grandes eventos deportivos do verán.

Nesta edición pasou de ser competición europea a mudial polo que participan surfistas de tódolos continentes.

A cita deportiva atre até Valdoviño arredor de 100.000 visitantes durante os nove días que dura a competición.

Dous galegos, Daniela Alonso e Manuel Fernández, competirán na proba principal.

O operativo desenvolveuse durante a madrugada deste sábado cando os axentes detectaron o transporte da mercadoría.

Practicáronse rexistros en tres domicilios da Pobra. A maior parte da droga foi localizada nunha vivenda en nun cobertizo anexo.

Foron detidas tres persoas, entre elas a que a Policía identifica como líder do clan dos Fanchos.

Os tres detidos pasaron esta mañá a disposición xudicial.

Volver á vila e emprender. É o que fixo unha parella de Pontedeume, na Coruña, os dous enxeñeiros. Exerceron a profesión polo mundo adiante e nos tempos da covid decidiron o retorno. Montaron un negocio de comercio electrónico co que lles gustaría animar a outros xoves empresarios.

Visitamos una viña do Salnés, nas Rías Baixas, onde a vendima comeza cun adianto de tres semanas respecto á data media da última década. Agárdase boa cantidade de uva que se dedicará, en parte, a elaborar viño sen alcohol, que cada vez ten máis demanda.

Comeza unha das celebracións gastronómicas más tradicionais de Galicia, a festa da empanada de Bandeira, en Silleda. Nesta edición cumpre 50 anos. María José, unha cociñeira afeccionada que gañou o concurso en dúas ocasións, explícanos os segredos da empanada de xoubas.

As aprehensións de cocaína multiplicáronse en Galicia durante o ano pasado, mentres descenden no resto de España. Comisáronse aquí case 9.400 quilos, un 385 % máis que en 2024, segundo os datos do Ministerio do Interior. Tamén aumentaron as intervencións de haxis e marihuana. En 2025 rexistráronse case 700 detencións relacionadas co narcotráfico en Galicia.

Desenvolven a tecnoloxía para que o satélite se sitúe en órbitas máis baixas do habitual.

O sistema permite unha propulsión constante para que non perda velocidade e non se precipite.

Espertou o interese da OTAN sendo esta empresa é a primeira española na que inviste o seu fondo de inversión.

Non hai data para a primeira demostración. Se funciona ábrese unha nova vía para os satélites.

O concello ourensán de Avión conta con máis dun milleiro de hórreos, a maioría moi ben conservados. Máis do sesenta por cento concéntranse en case un cento de eiras, o que o converte no municipio galego co de maior número de agrupacións.

A comunidade de montes de San Vicente, no Grove, levará aos xulgados a Deputación de Pontevedra. Hai case un século cedéronlle terreos na beira do mar para construír un hospital para tuberculosos, que na actualidade opera como hotel de xestión privada. Piden que se restaure o uso público ou unha indemnización.

No aniversario dos grandes lumes que arrasaron Galicia e en especial a provincia de Ourense conversamos con Brais Lorenzo.

O fotoxornalista leva máis dunha década documentando os incendios.

Foi premiado co World Press Photo polo traballo "Terra queimada".

O seu traballo reflicte a súa preocupación polo medio ambiente.