Enlaces accesibilidad

Sen servizos, sen casas e sen recuperación do monte, un ano despois da peor oleada de lumes deste século en Galicia

  • Na segunda quincena de agosto de 2025 desatouse a maior vaga de lumes dende 1989
  • Un ano despois seguen as consecuencias: riadas, aldeas sen auga, pastos e viñedos perdidos
RNE desprázase ás zonas afectadas polos graves incendios de 2025, un ano despois 16/08/26
Rtve Galicia

Case 120 mil hectáreas arderon en Galicia no ano 2025, 111 mil en 18 grandes lunes forestais. A meirande parte, na provincia de Ourense, a partir da segunda quincena de agosto. Un ano despois, percorremos as zonas máis afectadas, e falamos cos que tiveron que afrontar a delicada situación

Non estábamos preparados, quen estaba preparado para aquilo

A peor parte levouna San Vicente de Leira. O lume chegou o 16 de agosto e afecton a 120 das 150 casas. Un ano despois, os veciños describen a situación de terceiromundista, e acusan de abandono ás institucións. Os entullos amoréanse ante as vivendas, algunhas irrecuperables, nun pobo que perdeu ata as traídas de auga, ó igual que moitas localidades de Vilamartín de Valdeorras.

Nin auga para poder beber, nin desescombraron as primeiras vivendas!

En practicamente toda a xeografía das zonas afectadas, pode verse montes completamente arrasados, árbores milenarias destruidas. Os viñedos axudaron a frear o lume pero... A costa da perda de colleita e da degradación e perda do solo durante anos...

Montes arrasados polo lume en 2025 na comarca de Valdeorras

Montañas tinguidas de negro, preto das casas, en Valdeorras Rubén Beiró

Todos temen que cada vez sexa peor...

Nesta aldea o único gandeiro son eu. Todo o que hai segado, segueino eu. Non vou durar sempre, e non vexo a ninguén por detrás

Este verán as temperaturas volveron marcar récords históricos, e as alertas e prealertas por seca afectan a 3 de cada 4 concellos galegos. Din os expertos que a semana 33 do ano, arredor do 15 de agosto, marca o inicio das peores datas de incendios en Galicia.