Enlaces accesibilidad

Lectura do 'Ulises' de James Joyce, a obra que revolucionou a literatura do século XX

  • En Vigo leuse a versión ao galego, por Galaxia, que mereceu o premio nacional de traducción
  • O Museo do Marco sumouse ás celebracións do Bloomsday, día que conmemora a importancia da novela

Por
Centenario do 'Ulises" de Joyce

En inglés ou galego, cada quen rinde homenaxe ao seu xeito á obra do autor irlandés, unha das máis celebradas da literatura do século XX.

No 'Ulises' James Joyce narra nas súas máis de mil paxinas a vida de Leopold Bloom ao longo de vintecatro horas, no Dublín de comezos do século pasado. Unha mapa da paisaxe humana que cen anos despois non perde a súa vixencia

“Cen anos despois e se non estoupa o mundo de aqui a un pouco vaina seguir tendo durante séculos”, di María Alonso Seisdedos, tradutora do inglés ao galego.

Premio á tradución

Galaxia publicouna en 2013 e agora reedítaa co gallo do centenario da obra. A versión ao galego levou o Premio Nacional de Traducción, un galardón que recoñece o traballo de catro traductores ante a complexidade lingüistica da obra orixinal. Unha complexidade que María Alonso di que non ten que asustar ao público lector.

Que o lea aos poucos e que salte porque as paxinas e os paragráfos que non lle gusten

“Que o lea aos poucos, e que salte porque as paxinas e os paragráfos que non lle gusten. Porque é un día visto desde distintas perspectivas, entón o que vai perder é certo estilo que non lle guste”.

Bloomsday

Cada 16 de xuño celébrase o Bloomsday, o día que conmemora a data na que acontecen os feitos narrados na obra. O Museo do Marco de Vigo sumouse ás celebracións a nivel mundidal cunha xornada de lecturas aberta a todo o público, nun acto organizado pola editorial Galaxia.

No tecido de conversas da obra de Joyce figuran fragmentos de vida que hoxe mesmo atopariamos en calquera lugar onde dúas persoas falen tranquilamente.