Enlaces accesibilidad

Os lobos matan en Friol sete ovellas que os donos usaban para manter limpo o terreo

  • Eran tres ovellas, un carneiro e tres años
  • Non é o primeiro ataque nese concello de Lugo

Por
Os lobos matan sete ovellas en Friol

Do rabaño só quedan os restos de tres animais. Os donos tíñanos para manter limpo un terreo de grandes dimensións, en Santalla de Devesa.

Non son gandeiros profesionais, pero lamentan igualmente a perda.

Estas ovellas eran para min especiais, sacáronme de momentos complexos

“Estas ovellas eran para min especiais, sacáronme de momentos complexos. Viña, chamábaas, respondían, vin como nacían os pequeniños. Para alguén que ama os animais, esto é moi duro, velos mortos”, lamenta María López Abuín, dona das ovellas.

Debate sobre o lobo

Non é o primeiro ataque do lobo nesta zona de Friol. En pleno debate sobre a protección do carnívoro, María pensa que non é doada a solución.

“Entendo que o lobo sempre existiu e debe existir, pero tamén entendo os gandeiross, que teñen unha cabana máis granda ca esta”.

Van solicitar as axudas por danos á consellería de Medioambiente, que cifra en 2.300 as reses mortas por ataques do lobo en Galicia o ano pasado.